A POLA RECTA FINAL!

No Programa de Reforzo Educativo de Muros, enfrontamos xa o último  tramo do curso con forzas renovadas, para poñer en práctica todo o aprendido no percorrido deste curso.

Academicamente, intentaremos dar un último empurrón mais motivados ca nunca, posto que durante o curso fomos adquirindo ferramentas de traballo que nos permiten e facilitan agora enfrontar este último tramo escolar.

Por iso é preciso tamén poñer en valor os logros individuais de índole educativa e actitudinal de cada nen@, no referinte á mellora e superación daquelas dificultades educativas que foron traballadas neste ano, como a adquisición de rutinas educativas, habilidades sociais e ferramentas de canalización das emocións, entre outras.

Reforzo escolar

Tras as vacacións de Semana Santa, volvemos as clases de reforzo descansados. Comezamos o terceiro trimestre con moitas ganas de terminar o curso con boas cualificacións, tanto que os nenos e nenas chegan motivados para realizar as tarefas de clase, como tarefas para repasar o que imos aprendendo día a día nas diferentes clases. Ademais de isto, preparámonos para os exames e facemos os nosos propios exames para verificar os coñecementos aprendidos e para intentar controlar os nervios que estas probas nos supoñen.

EXERCITAR A MENTE TAMÉN É DIVERTIDO!

Rematouse marzo, e con el deixamos atrás semanas de traballo en Cuntis. Neste pasado mes seguimos traballando as habilidades lingüísticas, a coordinación, a axilidade mental e a memoria a través de diversas actividades e xogos, fomentando un ambiente distendido e agradable no que as e os participantes atopan un momento de socialización e nos que, ao mesmo tempo, traballar e reforzar os diversos ámbitos da cognición e memoria.

Con xogos como os acertixos con palillos traballamos a concentración, a observación e a resolución de problemas, nalgún dos casos chegando a atopar ata 4 solución diferentes para un mesmo problema!

 Tamén traballamos este campo a través da resolución de laberintos, ofrecendo sempre unhas sesións dinámicas e que se adapten aos distintos asistentes.

Co tangram ademáis de traballar as anteriores habilidades, fomentamos a cooperación, a creatividade e o desenvolvemento da visión espacial.

Continuamos con forza cara abril!

Xornadas da Muller do Concello de Mos

Un ano máis, o Concello e o CIM de Mos celebra as «III Xornadas da Muller: Conciliación Familiar: realidade ou utopía» dentro da programación conmemorativa do 8M, Día Internacional da Muller.

Se queres participar só tes que inscribirte ou ben, descargando a ficha de inscrición que achegamos deseguido e enviandoa a xornadas.8m.mos@sifservicios.com ou ben de forma en liña cubrindo a ficha que atoparas no seguinte enlace: inscrición en liña

CONCILIAMOS EN SEMANA SANTA EN MESÍA

Os nenos e nenas do Campamento de Conciliación de Semana Santa, tiveron a sorte de desfrutar de manualidades como a Coroa de ovos de pascua ou o nome das emocións, onde cada neno (co nome dun compañeiro) buscou uns adxectivos positivos para ese neno ou nena.

Ademáis os nenos tiveron a sorte de contar con uns monitores especiais que lles fixeron búsqueda do tesouro, bailes, Katapumchispum e moito mais.

Ata a próxima!!

Alá vai Marzo!

Se a segunda quincena do mes de febreiro estivo marcada polo proceso de presentación e adaptación ás características individuais de cada participante, este mes de marzo estivo marcado polas actividades que se realizaron para seguir estimulando a cognición e a memoria.

Nas sesións levadas a cabo durante este mes, amais de realizar diferentes actividades, creamos un espazo onde cada persoa poida mellorar ou evitar o deterioro das súas capacidades cognitivas á vez que se divirte e socializa coa súa contorna.

Finalmente, algunhas das actividades que levamos a cabo foron: o pasapalabra, para traballar a comprensión e expresión oral, así como a memoria; un bingo cos nomes do participantes; adiviñanzase mémori, para traballar a memoria e atención e o tutti frutti, onde traballamos o vocabulario, rapidez e axilidade mental e a concentración.

LECER SEMANA SANTA O PINO

Esta Semana Santa os nenos e nenas de O Pino convertéronse en grandes científicos e científicas levando a cabo unha serie de experimentos que non deixaron indiferente a ninguén.

Así, non podemos deixar de salientar a cara de sorpresa da cativada co experimento “cores que escapan”, a ilusión por participar na “espuma de cores” ou a intriga fronte “debuxos que perden as súas cores”.

Igualmente quixemos buscar un lado máis práctico e realizar experimentos relacionados coa vida cotiá comparando a forza de flotación entre unha mandarina con monda e outra sen ela ou un ovo en auga doce e outro en auga salgada. Aínda que sen dúbida, neste ámbito o experimento estrella foi o “tornado embotellado”.

Para despedir o noso recuncho das ciencias levamos a cabo “cores efervescentes” que quedaron ben vistosas, as cales podedes observar na nosa galería.

Con motivo do luns de pascua realizamos unha busca do tesouro con diferentes códigos que nos guiaban a unha morea de ovos de chocolate.

Sen embargo, non nos faltou tempo para disfrutar realizando xogos como a bomba, o pañuelito, a seta, a bóla loca… e gozar do xogo libre.

Agardamos que sexa moi levadeira a volta á rutina!

Vémonos pronto.

SEMANA SANTA CIENTÍFICA EN DODRO

O pasado 25 de marzo, deuse comezo na Casa de Cultura de Dodro o programa de Concilia Semana Santa, no cal participaron 8 nenos e nenas. Durante estes tres días levouse a cabo actividades coa temática “ O recuncho das ciencias”.

Comezamos o primeiro día con un xogo de presentación, para coñecernos un pouco máis, xa que algunhas caras xa nos sonaban de anteriores veces. Logo disto xa nos puxemos mans a obra coa elaboración dos primeiros experimentos. Os nenos e nenas puxeron todo o seu empeño en crear un volcán de lava, e quedaron abraiados coa reacción química que se produciu. Logo introducimos un ovo en vinagre para que en 48 horas se convertese nun ovo saltarín. Tamén nun prato fondo vertemos leite e  engadimos gotiñas de colorante de diferentes cores e cun bastoncillo mollado en xabón de pratos vimos as cores escapan del. E para poñerlle fin a esta mañá tan intensa elaboramos un fluído newtoniano.

O martes chegamos con moitas ganas de seguir experimentando, así que elaboramos lámpadas de lava, que nos gustou tanto ver o efecto se produciu a engadir a pastilla efervescente na mestura que nos quedamos un bo anaco mirando para elas. Tras facer un descanso para a merenda seguimos poñéndolle cor a mañá creando un novo cor conectando vasos con auga e colorante a través de servilletas.  E para rematar fixemos un impresionante chuvia de cores.

Neste último dia xa habían pasado as 48 horas para ver o noso saltarín, así que saímos ao exterior a comprobar como botaban. Pero tamén chegpu o momento de facer algo dedicado a Pascua e por iso elaboramos espuma de cores e desenvolvemos a nosa creatividade pintado ovos. Falando de ovos, tamén comprobamos o cambio de densidade da auga a engadir sal, vendo como no recipiente sen sal o ovo cae ata o fondo e no que ten sal flota.

Para verificar os novos coñecementos, entregouse un diploma final e realizamos unha pequena festa de despedida.

FINALIZOU A SEGUNDA AVALIACIÓN!!

Nas últimas semanas, os nenos e nenas do PREM de Muros puxeron en práctica todo o aprendido e mellorado a nivel educativo e académico para encarar este tramo final da metade do curso.

Traballamos arreo para facer fronte ás esixencias do calendario escolar no último tramo do mes e o balance da evolución do curso ata o momento, en liñas xerais, é moi positivo. Ademais, no PREM sempre temos tempo de diversión mediante xogos educativos en grupo, que axudan á motivación, á interacción e á solidariedade do grupo.

Agora temos uns días por diante de desconexión que aproveitaremos ó máximo para encarar o tramo final do curso con máis ganas, forza e seguridade ca nunca.