DE VACACIONS NO DIVERTEO EN SEMANA SANTA NA RAMALLOSA

Benvidas familias, por aquí queremos mostrarvos un pouco que foi o que fixemos nestes catro días.

Comezamos todos os días con un pouco de xogo libre para liberar  un pouco as enerxías, de seguido fixemos varias manualidades como por exemplo un ovo de pascua cun pitiño rompendo o ovo e saíndo del, nesta manualidade os nenos tiveron que confeccionar o seu propio ovo de pascua dobre e crear o pitiño e logo pegar todo. Tamén fixemos un mural que tivera un pouco da primavera e un pouco de pascua xa que como estamos na primavera e tamén na pascua quixemos reflexalo todo, tendes uns grans artistas na casa iso esta claro. Para continuar coas creacións fixemos una flor con maceta, creámola repasando a man dos cativos nun folio e facendo que iso era a flor, añadíronlle o tallo e a maceta e decoraron todo e saíron unas flores preciosas.

Para ir rematando, dicirvos que xogamos moito, como por exemplo, o fútbol sen pes, consiste en un circulo todos abren as pernas e intentan pasarlle o balón a outro compañeiro coas mans polo medio das pernas da outra persoa. A ensalada de zapatos, os nenos e nenas descálzanse e un compañeiro ou varios en este caso escóndenlle os zapatos ao resto sen que os vexas o último en poñer os zapatos perde. O cachibote que se fai eterno e nunca o rematan, o PI 15, a bomba, pato-pato-oca, o ladrón de chaves, bomba, e como non podía faltar o fútbol .

Ata aquí é todo por estas mini vacacións. Ata o verán familias.

O MUNDO FLORECE CON NÓS

Moi boas familias!

Durante as vacacións de Semana Santa celebramos no CPI Plurilingüe Os Tilos o campamento “Diverteo”; foron días cheos de creatividade, xogos e aprendizaxes nun ambiente seguro, acolledor e cheo de boas enerxías.

Dende o primeiro día mergullámonos na temática da primavera no mundo, coñecendo distintas tradicións culturais e formas de expresión artística. O luns, inspirámonos no festival Holi da India para crear unhas tarxetas decorativas moi especiais: os máis pequenos fixeron estampacións de mans sobre fondos cheos de cor, e os maiores ilustracións con papel texturizado que formaron parte do noso mural final.

O martes celebramos os nosos propios Maios, decorando bicicletas e carriños con flores e follas recollidas no patio. Foi unha maneira fermosa de conectar coa tradición galega e co respecto á natureza. Ademais, xogamos ao aire libre, coloreamos mandalas e fixemos actividades con balón, corda e construcións.

O mércores viaxamos ata Australia, descubrindo a técnica do Dot Painting. Con témperas, os nenos e nenas crearon mandalas, coelliños de Pascua e flores cheas de puntos e cor. Unha actividade que puxo a proba a concentración e a motricidade, e cuxo resultado engalanou o noso espazo.

E na última xornada, puxemos o broche final co mural “O mundo florece con nós”, onde recollemos todas as creacións feitas durante o campamento. Tamén celebramos a tradicional Busca do Ovo de Pascua, percorrendo todos os recunchos do centro con emoción e ilusión. Como premio, cada participante levou un pequeno agasallo.

Durante toda a semana tamén gozamos de momentos de xogo simbólico, xogos tradicionais como o cadrado, o escondite ou o ladrón de chaves, e xogos de mesa como o Uno ou o tres en raia.

Grazas por confiar en nós unha vez máis!

A búsqueda dos ovos perdidos en Calo

Nestes catro días de Semana Santa, levamos a cabo unha búsqueda do tesouro dos ovos perdidos. Uns ovos que foron escondidos por todo o patio e que fomos atopando a través de varias pistas. Tras a búsqueda, realizamos diversas probas de cooperación, como relevos a pata coxa, pasar o balón a un/unha compañeiro/a facendo a croqueta ou correr da man cunha parexa. Todo un reto que superamos xuntos/as!

Ademais, para combater un pouco o frío e a choiva destes días, construímos unhas flores de primaveira con material reciclado. Coa axuda de rolos de cartón, pintamos un xardín cheo de flores, e puxemos cor aos días grises.

Tamén tivemos tempo para facer un bingo de pascua, e xogar aos nosos xogos favoritos coma son o “brilé”, a “araña”, o “cadrado” ou o “cachibote”, e aprendimos un novo xogo o “datchball. Pasámolo xenial nesta semana!

UNHA SEMANA SANTA MOI VIAXEIRA…!

Moi boas familias!

Durante esta Semana Santa emprendimos unha viaxe moi especial… unha volta ao mundo en apenas 4 días! A través de xogos, obradoiros e actividades culturais, fixemos escalas en diferentes países, descubrindo costumes, sabores e tradicións de lugares tan distintos como Xapón, Francia, Brasil ou Exipto, entre outros.

En cada parada, mergullámonos na cultura local mediante xogos típicos: en Xapón, practicamos o gato e o ratón; en Brasil, puxémonos en movemento con partidas de queimada; en Exipto, puxemos a proba a nosa axilidade e enxeño con emocionantes carreiras de escapada simulando que nos perseguía unha serpe polo deserto. En Francia, xogamos ao aves-vous ecureuil lun?… e moitos xogos máis que nos permitiron achegarnos a diversidade cultural do mundo e, que podedes ollar na nosa galería de fotos. Ao longo desta viaxe tan especial, elaboramos un pasaporte personalizado no que fomos recollendo os países visitados, selando cada destino cunha actividade ou lembranza diferente.

Por outra banda, reflexionamos sobre valores fundamentais cunha asamblea sobre a igualdade, que culminou coa elaboración dun cartel colaborativo baixo o lema: “Todos e todas somos iguais”.

Tamén aproveitamos estas datas para realizar actividades propias da Pascua: elaboramos un simpático coello recheo de arroz e unha postal decorada con ovos de Pascua, que seguro que decoran os vosos fogares con moito agarimo e creatividade. Para rematar, organizamos unha divertida e moi doce, búsqueda de ovos de Pascua, na que tivemos que usar o enxeño e traballar en equipo para atopar todos os ovos agochados polos recunchos do campamento.

Foron uns días cheos de aprendizaxe, diversión e convivencia, nos que puidemos coñecer o mundo e tamén a nós mesmos, desde unha perspectiva lúdica, creativa e inclusiva.

Agardamos que desfrutárades tanto coma nós desta aventura internacional.

Vémonos na próxima, familias!

ASÍ FOI A SEMANA SANTA NO CAMPAMENTO DE AVIÓN!

Esta semana polas mañás pasamos grandes momentos todos xuntos no campamento. Cada día realizamos divertidos xogos e actividades, ademais de distintos talleres, onde deixamos voar a nosa imaxinación:

  • Pintar ovos de Pascua.
  • Crear coelliños de Pascua.
  • Deseñar nosas propias bolsas.
  • E para terminar esta semana tivemos un procura de ovos de chocolate.

Ademais de todos estes talleres bailamos, cantamos, debuxamos e rímonos moitísimo!!

Felices Pascuas e ata a próxima aventura!

CONCILIAMOS EN SEMANA SANTA EN MESÍA

Os nenos e nenas do Campamento de Conciliación de Semana Santa, tiveron a sorte de desfrutar de manualidades como a Coroa de ovos de pascua ou o nome das emocións, onde cada neno (co nome dun compañeiro) buscou uns adxectivos positivos para ese neno ou nena.

Ademáis os nenos tiveron a sorte de contar con uns monitores especiais que lles fixeron búsqueda do tesouro, bailes, Katapumchispum e moito mais.

Ata a próxima!!

LECER SEMANA SANTA O PINO

Esta Semana Santa os nenos e nenas de O Pino convertéronse en grandes científicos e científicas levando a cabo unha serie de experimentos que non deixaron indiferente a ninguén.

Así, non podemos deixar de salientar a cara de sorpresa da cativada co experimento “cores que escapan”, a ilusión por participar na “espuma de cores” ou a intriga fronte “debuxos que perden as súas cores”.

Igualmente quixemos buscar un lado máis práctico e realizar experimentos relacionados coa vida cotiá comparando a forza de flotación entre unha mandarina con monda e outra sen ela ou un ovo en auga doce e outro en auga salgada. Aínda que sen dúbida, neste ámbito o experimento estrella foi o “tornado embotellado”.

Para despedir o noso recuncho das ciencias levamos a cabo “cores efervescentes” que quedaron ben vistosas, as cales podedes observar na nosa galería.

Con motivo do luns de pascua realizamos unha busca do tesouro con diferentes códigos que nos guiaban a unha morea de ovos de chocolate.

Sen embargo, non nos faltou tempo para disfrutar realizando xogos como a bomba, o pañuelito, a seta, a bóla loca… e gozar do xogo libre.

Agardamos que sexa moi levadeira a volta á rutina!

Vémonos pronto.

SEMANA SANTA CIENTÍFICA EN DODRO

O pasado 25 de marzo, deuse comezo na Casa de Cultura de Dodro o programa de Concilia Semana Santa, no cal participaron 8 nenos e nenas. Durante estes tres días levouse a cabo actividades coa temática “ O recuncho das ciencias”.

Comezamos o primeiro día con un xogo de presentación, para coñecernos un pouco máis, xa que algunhas caras xa nos sonaban de anteriores veces. Logo disto xa nos puxemos mans a obra coa elaboración dos primeiros experimentos. Os nenos e nenas puxeron todo o seu empeño en crear un volcán de lava, e quedaron abraiados coa reacción química que se produciu. Logo introducimos un ovo en vinagre para que en 48 horas se convertese nun ovo saltarín. Tamén nun prato fondo vertemos leite e  engadimos gotiñas de colorante de diferentes cores e cun bastoncillo mollado en xabón de pratos vimos as cores escapan del. E para poñerlle fin a esta mañá tan intensa elaboramos un fluído newtoniano.

O martes chegamos con moitas ganas de seguir experimentando, así que elaboramos lámpadas de lava, que nos gustou tanto ver o efecto se produciu a engadir a pastilla efervescente na mestura que nos quedamos un bo anaco mirando para elas. Tras facer un descanso para a merenda seguimos poñéndolle cor a mañá creando un novo cor conectando vasos con auga e colorante a través de servilletas.  E para rematar fixemos un impresionante chuvia de cores.

Neste último dia xa habían pasado as 48 horas para ver o noso saltarín, así que saímos ao exterior a comprobar como botaban. Pero tamén chegpu o momento de facer algo dedicado a Pascua e por iso elaboramos espuma de cores e desenvolvemos a nosa creatividade pintado ovos. Falando de ovos, tamén comprobamos o cambio de densidade da auga a engadir sal, vendo como no recipiente sen sal o ovo cae ata o fondo e no que ten sal flota.

Para verificar os novos coñecementos, entregouse un diploma final e realizamos unha pequena festa de despedida.