Madrugadorxs Portas

XUNTOS DECIMOS NON A VIOLENCIA DE XENERO!

Boas familias, benvidos e benvidas unha semana máis á noticia de madrugadores de Portas e con ela unhas cantas novidades.

Pois como xa sabedes, o 25, foi o día contra a violencia de xénero e aquí os vosos cativos e cativas dérono todo para conmemorar ese día. Fixemos dúas actividades.

A primeira actividade consistía nunha asemblea para sacar todo o que sabían sobre o 25N e achegar algún dato máis que eu lles dei para logo facer un mural para que o vise todo o cole colgado no comedor, o cal nos levou bastante tempo.

A segunda actividade, despois da asemblea a rapazada xa sabía o que estaba ben e o que estaba mal entón fixemos unha man onde había accións boas e accións malas, onde os nenos tiña que tapar as accións malas cunha sinal de STOP, a cal levaron esta semana para a casa porque como estivemos tan liados coa asemblea e co mural non lle deu tempo a rematala antes.

E xa para ir rematando, vouvos dar unhas pequenas pinceladas do que toca esta semana, como ben sabedes o venres é día 1 de decembro e decidimos que imos a facer un calendario de advento, con unha actividade por día para iso os vosos cativos estiveron preparando sobres. Para a semana xa vos contaremos como vai e que actividades nos tocaron xa.

Un saúdo e ata a próxima semana familias.

APRENDENDO UN POUCO SOBRE A TOLERANCIA

Benvidos familias unha semana máis a noticia de madrugadores/as de Portas.

Como ben vos comentamos a semana pasada, esta semana continuamos co mural polo día da tolerancia, no cal os vosos cativos puxeron todo o seu empeño e máis e mirade que ben nos quedou.

Por outro lado tamén falamos sobre o que significaba ser tolerante e explicarllo a todos e todas as nenas para o comprendesen ben e o día de mañá sexan nenos e nenas excelente e respetuosos e tolerantes con todo o mundo.

E para non facer a semana tan larga con manualidade do mural fixemos distintos xogos de mesa para acompañarnos na semana como xogos de memoria, axilidade visual e incluso de pesca de peixe e algún que outro quebracabeza tamén caeu.

Ata aquí é todo familias,ata a semana que ven,un saúdo.

DE TORNEOS VAI ESTA SEMANA

Boas familias benvidos unha semana mais a noticia semanal de madrugadores/as de Portas.

Esta semana os nenos xa empezan a ter exames e moitas veces veñen e queren repasar entón cos mais pequenos estivemos facendo algúns xogos de memoria como memoris ou algún xogo de diferenzas, de atopar as similitudes, etc.

Por outra banda tamén estamos levando a cabo os días que os maiores non teñen que estudar, un torneo do xogo «uno» o cal lles gusta a todos e todos saben xogar. O que imos facendo neste torneo e anotar nun papel os nomes de todos os nenos e nenas e o primeiro que gane cada partida leva un punto e así ata que un chegue a 7 puntos e logo para a semana faremos as semifinais.

Ademais esta semana comezamos un mural para concienciar o día da tolerancia do cal vos falaremos para a semana.

Un saúdo familias e ata a semana que ven.

SAMAÍN EN MADRUGADORES DE PORTAS!

Benvidos familias unha semana máis a noticia de madrugadores de Portas. Contarvos que como ben xa sabedes os vosos cativos e cativas estiveron facendo diversas manualidades do Samaín como unha cabaza con gummy para poñerlle unha luz dentro, un memory terrorífico, pantasmas con papel de baño e uns banderíns para adornar na casa elaborados por eles mesmo e con toda a súa creatividade.

Tamén fixeron un mural onde decoraron as letras de «Samaín» e distintos elementos deste mesmo como fantasmas, cabazas, arbores con bufos, espantallos etc…

Por outra banda fixemos tamén o recuncho de xogos de mesa onde os nenos puideron xogar a xogos de axilidade mental e estratexia e sobre todo de memoria.

Espero que aos vosos nenos e nenas lles gustasen as actividades un saúdo e ata a semana que ben.

RECUNCHO TRAS RECUNCHO

Benvidas familias unha semana máis a noticia onde vos contamos o que fixemos cos vosos cativos e cativas no servizo de madrugadorxs.

Este ano a temática do servizo son recunchos, imos a ter catro recunchos, un de manualidades, outro de xogos de mesa, outro de lectura e o último de manualidades de barro ou pasta de moldear.

Esta semana estreamos dous de eles, o xogos de mesa no cal fixemos diversos xogos de mesa de axilidade mental, estratexia e memoria ao igual que de elaboración de quebracabezas.

E por outra banda como ben xa sabedes acercase o Samaín e os vosos nenos e nenas están desexando poder decorar o comedor de forma terrorífica para despois poder levar para a casa e decorar na casa tamén pero con algo feito por eles mesmos, é dicir tamén estreamos o recuncho das manualidades. Máis para adiante ensinarémosvos o resultado por agora só vos podo dicir que esta semana fixeron uns banderíns terroríficos que vos chegaran a casa a tempo para decorar os vosos fogares do Samaín.

Esto foi todo por esta semana, desexamos de todo corazón que  aos vosos cativos e cativas lles gustasen as manualidades e xogos de esta semana e ata a semana que ven.

BENVIDOS A MADRUGADORES DE PORTAS

Benvidas familias este ano ao noso servizo que facemos nos como empresa por primeira vez este ano. Vamos a explicarvos un pouco en que vai consistir esta noticia. A noticia chegará unha por semana aos vosos correos electrónicos na cal vos contaremos un pouco do que fagan os vosos cativos e cativas.

Como ben xa sabedes xa comezamos co madruga en Setembro cando comezaron as clases, e por iso vos vou informar un pouco sobre o que estivemos facendo os nenos e nenas usuarios de este servizo.

En primeiro lugar fixemos xogos de presentación para que eles me coñecesen a min e se coñecesen entre eles ao mesmo tempo, como por exemplo: animal favorito, comida favorita, recorda os nomes, etc.

Por outro lado tamén estivemos ensinándolles aos nenos xogos de mesa novos que non coñecían, tanto de memoria como de táctica ou agudeza visual, e para os máis pequenos uns xogos un pouco máis entretidos como “a pesca”, ”a galiña”( de equilibrio), “puzzles”. Dentro de isto tamén fixemos algún que outro xogo de pasar a pelota, pato e oca e o parchís ou a oca.

Espero que aos vosos fillos lles este gustando o servizo e que esteades contentos con el. Un saúdo e ata a próxima semana.