Escola de Verán O Pino
UNHA DOCE DESPEDIDA PARA UN FELIZ COMEZO!
Esta semana a Escola de Verán O Pino estivo cargada de sorpresas.
Desfrutamos dunha orixinal festa holi na que o patio da escola se tintou de diversas cores e na que non faltaron a boa música e os xogos cooperativos.
No ecuador da semana tivemos a sorte de recibir aos nosos Amicos de Boiro, a quen tivemos a oportunidade de visitar anteriormente e quixeron coñecer de primeira man a nosa contorna. A visita tiña como obxectivo que os nenos/as coñeceran a importancia do coidado dos ríos mediante a realización de distintos xogos e dinámicas que captaron a atención de toda a nosa cativada.
Para poñer broche de ouro a uns meses de verán inesquecibles realizamos unha gran festa na que estiveron convidados todos os nenos/as partícipes desta escola de verán. Esta foi unha xornada chea de entusiasmo saltando incansablemente nos inchables.
Entre salto e salto desfrutamos do espectáculo «Os ourizos», un conto de corresponsabilidade que non deixou indiferente a ninguén.
Así mesmo as familias tamén estiveron convidadas a unirse á festa e poder coñecer grazas á decoración todo o que os seus nenos/as realizaron neste verán 2025.
Ademais os nenos/as acompañados das súas familias pintaron un mural colaborativo que tiña como eixo temático a corresponsabilidade.
Hoxe pechan as portas da escola de verán deixando dentro unha morea de recordos inesquecibles, anécdotas, amizades e risas.
Cada despedida tamén é un novo comezo. Hoxe rematamos unha experiencia memorable pero xa soñamos co reencontro do vindeiro verán.
CREANDO MOMENTOS E RECORDOS XUNTOS/AS
Xa na recta final deste verán, en O Pino aínda nos quedan moitas ganas de festa. Por iso, sacamos as nosas mellores galas e puxémonos ben guapos/as grazas aos talleres de tatuaxes e mechas de cores para celebrar unha divertida festa ibicenca. Nesta non faltou detalle, ata tivemos un fermoso photocall no que capturamos instatáneas que amosan momentos memorables dese día, non deixedes de velas na nosa galería de fotos!
Os máis pequenos lanzáronse á aventura nun fascinante safari que lle permitiu coñecer distintos animaliños, superar diversos retos e probas e sacar o seu lado máis artístico co obradoiro de máscaras. O certo é que, como ben sabedes, aos nosos nenos/as non hai reto que se lles resista e acadaron o seu carné oficial de exploradores/as.
Ademais chegou ata a escola de verán o famoso programa televisivo Grand Prix! Así é, xogos tal e como os pingüíns matemáticos ou os súper bolos enfrontaron aos nosos medianos/as que se disputaron en equipos para acadar a desexada vitoria. A próxima semana será decisiva, así que ficade atentos/as para ver quen se fai co trofeo.
Os máis maiores da escola entre xogo e xogo sacaron tempo para a elaboración duns fermosos chaveiros personalizados coas súas iniciais, agardamos que luzan ben fermosos nas súas mochilas para o inicio do novo curso académico.
E pouquiño a pouco esta aventura está chegando ao seu fin, non sen deixarnos unha morea de momentos, anécdotas e risas que agardamos que converteran este período estival en momentos de desfrute e recordos bonitos que se garden na memoria da nosa cativada para sempre.
UN VERÁN DE VIAXE E DESCUBRIMENTO: MUNCYT
A próxima parada de «Viaxando coa cativada» ten como destino A Coruña, concretamente o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT).
Neste os nen@s achegaranse a unha colección de máis de 19.000 fondos de patrimonio cultural científico, industrial e tecnolóxico.
Deste xeito promóvese o coñecemento e a cultura entre a rapazada de O Pino impulsando o noso patrimonio cultural.
Seguro que este museo non deixa indiferente a ninguén aprendendo e desfrutando á mesma vez das súas instalacións.
Para concluir a xornada desprazarémonos ata a Torre de Hércules, onde realizaremos diferentes xogos en equipo e desfrutaremos dunha boa comilona para cargar pilas.
Rodando, rodando, esta viaxe vai chegando ao seu fin, así a vindeira semana coñeceremos os derradeiros destinos que porán broche de ouro a un verán moi viaxeiro.
VIAXANDO COA CATIVADA DESPRÁZASE AO MUSEO GALEGO DA MARIONETA
Esta semana a cativada de O Pino chegará ao Pazo de Liñares en Lalín para coñecer o seu museo de marionetas e xoguetes. A través deste os nenos e nenas descubrirán máis de mil pezas e xoguetes relacionados co circo, o cine, os animais, as bonecas ou o transporte.
A proposta agarda dar a coñer a evolución dos xoguetes ao longo dos anos, así como a orixe e historia dos monicreques.
Agardamos que o tempo nos acompañe e poder desfrutar do espazo natural que rodea este fermoso pazo, realizando diferentes xogos e dinámicas que convertan esta xornada nun tempo de desfrute e desconexión xuntos/as.
A aventura continúa… seguinte destino á vista!
PISTOLETAZO DE SAÍDA A «VIAXANDO COA CATIVADA»
O programa que contou con gran éxito o verán pasado está de volta para sorprendernos con novos e emocionantes destinos.
Desta vez viaxamos ata O Grove para adentrarnos na Aldea Grobit, un espazo natural que agardamos que contaxie á cativada da súa parte mística e fantasiosa.
Así mesmo, desfrutaremos na praia coa realización de diversos xogos e, se o tempo nos acompaña, non faltará un bo chapuzón para poñer o broche de ouro ao día de hoxe.
Familias, ficade atentos porque isto só acaba de empezar e novos destinos estannos a esperar!
MÁIS ALÁ DAS PANTALLAS, A MAXIA CONTINÚA!
En O Pino seguimos argallando novas ideas e esta vez o «Mundo Nintendo» saiu da pantalla instalándose na Escola de Verán. Concretamente démoslle a benvida a Mario Bross e Luigi. Así a cativada elaborou uns coches de carreiras que demostraron o seu potencial nun complexo e divertido circuito que non pasou desapercibido para ninguén.
Pero o que protagonizou esta semana, sen dúbida foron as saídas, xa que foron días moiii viaxeiros.
En primeiro lugar achegámonos á Casa da Cultura onde as nenas e nenos gozaron dun conta-xogo que os fixo reflexionar sobre a igualdade, a inclusión e a amizade coa historia de Tito e Tita.
En segundo lugar chegamos ata Ribeira acompañados da Asociación Amicos. Alí entre corais, xogos e recollida de residuos na praia de Coroso traballamos sobre a conciencia medioambiental e a inclusión.
Entre saída e saída na escola tiveron lugar a realización de diversos xogos que non queremos deixar de compartir con vós: parchís-baloncesto, Pi 21, o mundo ao revés, casas e inquilinos, despertador, etc.
Comezamos a ver pola Escola de Verán algúns animaliños ben curiosos para esta zona: elefantes, leóns, monos… Cal será a próxima novidade?
PERSOAS QUE APOIAMOS A PERSOAS: ASOCIACIÓN AMICOS
Este mércores a cativada da Escola de Verán O Pino desprazouse ata Ribeira, onde tivo a oportunidade de coñecer á Asociación Amicos, ao seu persoal e parte dos seus/súas usuarios/as. Esta asociación, que traballa para apoiar ás persoas con discapacidade, considerando a inclusión como motor de cambio, presentounos interesantes proxectos nos que están a traballar e que non deixaron indiferentes a ninguén.
Concretamente, na Lonxa de Ribeira tivo lugar a celebración dunha xornada arredor do mundo mariño,coñecendo de primeira man o proxecto “Cabalga”, que traballa na recuperación e reforestación de gorgonias,e divertíndose con diversas actividades: un xogo de memory; outro centrado na reciclaxe; outro baseado na observación directa do hospital de corais; como experiencia especial, a oportunidade de tocar a auga que alberga un coral; e, por último, a realización de fixación de corais nunha pedra para favorecer a súa supervivencia.
Durante toda a visita os rapaces e rapazas estiveron acompañados por monitoras especializadas na temática, que lles foron resolvendo cada dúbida e transmitíndolle numerosos coñecementos sobre o universo dos corais. A experiencia resultou moi positiva, espertando a curiosidade e o entusiasmo da cativada.
Así mesmo, os nenos/as uníronse co persoal de Amicos para xuntos levar a cabo unha recollida de residuos na praia de Coroso. A mesma invitou á reflexión sobre a conservación da natureza, a importancia da reciclaxe e a xestión dos residuos.
Foi unha xornada memorable na que confirmamos que xuntos/as podemos romper barreiras e facer camiño cara un futuro máis inclusivo e accesible para todos/as.
E POR QUÉ NON?TAMÉN CHEGOU O CIRCO Ó PINO!
A esta cativada da Escola de Verán non hai quen a pare. Logo de unha boa xornada de xogos con auga para combater tanto calor,metéronse de cheo nun ambiente circense no que non lles faltou de nada,dende un lugar onde pescar peixiños de cores ata outro onde poder practicar a puntería,no balloon-pop,derriba a torre ou encesta os aros,e todo isto rodeado de moita música e un auténtico baile de pallasos que de seguro algún vos resultará coñecido/a.
Como o calor non nos abandonou,a xornada do mércores tamén desfrutaron dun bó chapuzón nas piscinas da Área Recreativa da Carixa,pasárono en grande convertíndose en auténticos peixiños.
E para rematar esta semana curta deixaron aflorar as súas dotes máis artísticas nun magnífico taller de decoración de camisetas,facendo verdadeiras chuladas.
Entrade na galería e valorade vós mesmos/as!
Voltamos para a semana con unha nova quenda e con moitas máis cousiñas!
DE CHAPUZÓN EN VILA DE CRUCES!!
Na Escola de Verán de O Pino ó moito calor tamén lle poñemos boa cara!🌞 Un bó chapuzón na Area Recreativa da Carixa e toda a cativada quedou totalmente recargada para poder despedir esta primeira quenda de agosto. E non soamente puideron desfrutar do baño nas piscinas,se non que tamén ainda houbo tempo para divertirse e botar unhas boas risas no parque,gozar das fermosas vistas da zona e,como non, saborear unha boa merendola!
Xa vedes familias!,esta cativada non deixa de sorprendernos con todo o que fai….estade moi atentos/as para non perdervos nada!
«RADIO ESCOLA DE VERÁN»: A VOZ DA CATIVADA
Dende a Escola de Verán de O Pino iniciamos quenda por todo o alto co noso novo proxecto “Radio Escola de Verán”, o cal agardamos que chegue a vós coa mesma ilusión coa que nos o creamos e o estamos a levar a cabo. A finalidade desta iniciativa é converter á nosa cativada nos mellores/as reporteiros/as para coñecer a personalidades destacadas da zona e saber máis sobre a actividade profesional que realizan na nosa localidade.
O noso primeiro convidado foi Jesús Sainz Tresguerras, director/instrutor do Centro Deportivo Chusaúde. Cunha entrevista preparada polos nenos e nenas coñecemos máis sobre a súa historia, a súa carreira deportiva, os seus logros, o seu ximnasio, realizamos retos deportivos e pechamos a visita por todo o alto cunha sesión de zumba!
Así mesmo, a «Radio Escola de Verán» desprazouse ata a Casa da Cultura para entrevistar ao director da Banda de Música de Arca, quen respondeu a todas as curiosidades da cativada. Do mesmo xeito, tivemos a oportunidade de desfrutar dun fermoso concerto. Diferentes pezas interpretadas polos xuvenís da banda conseguiron arrincar os maiores dos aplausos dos nenos e nenas.
Seguide moi atentas familias, porque hai próximos convidados/as moi especiais para participar na nosa radio.
Tamén tivemos a oportunidade de coñecer a Gemola, quen realizou un taller no que nos sorprendeu con dúas manualidades para os nosos/as medianos/as: un particular ourizo e un orixinal león que se converteu nun abanico ideal para combater as altas temperaturas desta semana.
Foron días cargadiños de sorpresas e, sen dúbida, unha das máis grandes, foi a visita do noso pirata Dente Dourado, quen nos acompañou ao longo destes días propoñéndonos retos e probas que nos levaron ata o gran tesouro!
Sen embargo, non nos faltou tempo para sacar o noso lado máis creativo realizando uns fermosos atrapasoños. Agardamos que cumpran a súa función e tan só os soños positivos cheguen a esta cativada. E, como non, sacamos a relucir a nosa parte máis lúdica con xogos como: atrapa a bandeira, globo ao cubo, policías e ladróns.
Estade moi atentas familias, porque este verán non deixa de sorprendernos e nos próximos días chegan moitas, moitas, novidades!
UNHA SEMANA MOI VIAXEIRA
A aventura esta semana traspasou as paredes do centro. Así, os e as máis pequenos/as da Escola de Verán O Pino desprazáronse ata a Cidade da Cultura onde as tirolinas, tobogáns e espazos para explorar lle fixeron desfrutar dunha mañá ben divertida! Así mesmo tiveron a oportunidade de merendar nun entorno natural onde os patiños se gañaron todas as miradas e atención da cativada.
As nosas rapazas e rapaces medianos/as asistiron a un contacontos na Casa da Cultura que lles fixo, da man de Noelia e os seus animaliños reflexionar, coas súas particulares clases e a historia de “A que sabe a lúa?”, sobre temas tan importantes como o valor do respecto, a tolerancia, a resolución pacífica de conflitos, a diversidade, a paz, … no centro escolar.
Tamén os nosos/as medianos/as, en compañía dos maiores da escola de verán, viaxaron ate o corazón do mel: o Enredo do Abelleiro. Este espazo, que agocha unha historia familiar de especial agarimo e coidado das abellas, captou a atención da rapazada que coñeceu o proceso de elaboración do mel, o taller onde se elaboran as colmeas, o propio colmenar, … ata tiveron a oportunidade de probar un traxe de apicultor! Como agasallo ben especial, os nenos e nenas elaboraron as súas propias veliñas, agardamos que luzan ben fermosas nos vosos fogares!
Sen embargo, non nos faltou tempo para realizar novas actividades na propia escola que non queremos deixar de compartir con vós. Así, aínda que estas foron diversas, queremos destacar de xeito especial as Peque Olimpíadas, na que os diferentes equipos (Tiburóns tigre, Patrulla canina, Blueys e Spidermans) se enfrontaron a múltiples probas que lle permitiron acadar o seus merecidísimos diplomas olímpicos.
Finalmente, e como os verdadeiros exploradores/as que son estas rapazas e rapaces, retáronse nun animado Gueoguessr. Múltiples e complexas imaxes obrigaron a poñer en práctica todos os coñecementos e habilidades dos nosos aventureiros/as. A pesar de que en algunhas ocasións o obxectivo se resistiu un pouco, o certo é que a estes nenos/as non hai reto que se lles opoña e, finalmente, podemos dicilo ben alto: proba superada!
Que novas sorpresas teremos agardándonos para a próxima semana? Atentas familias!
VIAXANDO AO CORAZÓN DO MEL
O Enredo do Abelleiro acolleu á cativada do Pino este mércores para concienciarnos da importancia das abellas. Para isto fixemos unha visita guiada na que coñecemos o taller no que se elaboraban as colmeas, probamos un traxe de apicultor, adentrámonos no colmenar, vimos unha colmena ben cerquiña, coñecemos o proceso de elaboración do mel… Esta rematou cun moi bo sabor de boca probando o mel!
Así mesmo, a rapazada tivo a oportunidade de elaborar unhas velas ben fermosas que puideron levar ás súas casas.
Rematamos o día cunha boa merendola e un toque doce cuns caramelos de mel cos que nos agasallaron.
Agardamos ansiosos a seguinte aventura e, polo momento, regresamos cargadiños/as de anécdotas para compartir con todos/as vós!
DE AVENTURA POLA CIDADE DA CULTURA!
Esta semana, os nenos e nenas de 3 a 5 anos da Escola de Verán de O Pino fixemos unha saída moi especial á Cidade da Cultura!
Alí agardábanos un parque cheo de maxia: tirolinas, tobogáns case infinitos e espazos para explorar sen parar. As risas foron constantes e a emoción de descubrir cada recuncho convertiu a mañá nunha auténtica aventura.
Despois de tanto xogo, fixemos unha parada nun fermoso lago cercano, onde puidemos merendar todos xuntos nunhas mesas rodeadas de natureza. Entre bocados e cancións, compartimos un momento tranquilo e moi especial.
Foi unha xornada para lembrar, chea de descubrimentos, amizade e moita ilusión por seguir coñecendo o mundo que nos rodea.
CONVERTENDO DÍAS DE VERÁN EN RECORDOS
Na Escola de Verán O Pino tivemos unha semana curtiña, pero do máis entretida e diversa en canto a actividades se refire.
Festexamos un entroido de verán! Neste, ademais dos orixinais disfraces e a boa música, debemos destacar os talleres de: pinta-caras, tatuaxes e pulseiras, que fixeron deste día, un recordo, se cabe, un pouco máis especial.
Así mesmo, celebramos unha acolledora xornada de xogos tradicionais onde non faltou a carreira de sacos, os zancos, a mariola… Sen dúbida, o xogo estrela foi o das cadeiras que nos deixou moitas e divertidas anécdotas.
Como non hai reto que se lle resista a esta cativada, levamos a cabo unha andaina polo Camiño de Santiago converténdonos en verdadeiros e verdadeiras peregrinos/as. Entre quilómetro e quilómetro tivemos tempo para lembrar cancións e descubrir curiosidades da natureza do lugar.
Para rematar a semana cun bo sabor de boca, realizamos un taller de cociña no que os nosos e as nosas chef estiveron a altura de verdadeiras estrelas Michelín. Elaboraron unhas pizzas con forma de león que daba ata pena comelas do bonitas que quedaron, agardamos que vos animedes a velas na nosa galería de fotos. Así mesmo, sacando o seu lado máis artístico, as nenas e nenos participaron nun concurso de debuxo en pan de molde confeccionando obras do máis orixinais e saborosas!
A aventura continúa! Ata a semana familias!
ATA ONDE NOS LEVE A IMAXINACIÓN!
Na Escola de Verán de O Pino démoslle a benvida a xullo entre xogos, actividades, festexos e moita, moita, diversión. Grazas ao poder creativo desta cativada conseguimos converter o centro en diferentes escenarios que non deixaron indiferentes a ninguén.
En primeiro lugar, un espazo lúdico no que tiveron cabida diversidade de xogos (olimpíadas, mundo ao revés, aros musicais,…), nos que, en pequeno grupo, as nenas e nenos puideron desfrutar e coñecerse mellor.
En segundo lugar, un karaoke mediante o noso xa tradicional furor. Os nenos/as repartidos en grupos competiron para converterse nos vencedores desta proba. Sen embargo, ante tanto talento, foi imposible que un só equipo se proclamase gañador, acadando un merecido empate.
En terceiro lugar, o noso particular parque acuático, xa que, grazas a que o tempo nos acompañou puidemos celebrar varias festas da auga nas que os xogos estrela foron, entre outros: “derriba a pirámide, “pasa a bandexa, “relevo de vasos, e “pedra, papel e tesoira.
En cuarto lugar, o plató do “Got Talent O Pino. É indiscutible que entre a cativada o que sobra é talento, por iso nos deleitaron cunhas elaboradas actuacións nas que non faltou detalle, comezando pola actitude e rematando polas fermosas galas!
Sen embargo, a pesar de todos os escenarios diferentes que presenciamos no centro, non quixemos deixar de realizar saídas que nos permitiron coñecer máis a nosa contorna e, de xeito particular, o Camiño de Santiago. Así mesmo, asistimos a un contacontos na Casa da Cultura, no que, unha vez máis, a imaxinación foi a chave que nos permitiu viaxar e ilusionarnos a través da historia de Manoliño e todos os seus animaliños.
Estade atentas familias que o verán non fixo máis que comezar e aquí quédannos moitas aventuras por vivir!
COMEZA A DIVERSIÓN EN O PINO!!!
Benvidas de novo familias un ano máis a Escola de Verán de O Pino.
O curso xa rematou e ahora soamente hai cabida para a diversión e deso está dando boa conta a vosa cativada nas xornadas da Escola de Verán; xa estiveron a desfrutar de festas da auga, moito deporte, dinámicas de grupo, xogos de pistas…
E non vos perdades nada do que acontece, xa que este verán toca convertirse en auténticos e auténticas “exploradores do saber”, mergullándose en diversos talleres de arte e xogos, ciencia, natureza, música e moita creatividade. Traemos unha proposta didáctica e lúdica na que nenos e nenas combinarán o xogo co descubrimento do mundo, diversidade cultural, etc.
Será unha viaxe chea de aprendizaxe, aventuras e dinámicas creativas.
Asique agarrádevos ben forte que a viaxe só acaba de comezar!!!
















