O campamento de semana santa en As Neves, foi todo un éxito!
Os nenos e nenas pasarono xenial facendo manualidades de Pascua: coellos, ovos decorados e moita cor por todas partes.
Tampouco faltaron os xogos: xogamos a moitos clásicos e tamén descubrimos xogos de mesa novos que nos fixeron rir e pensar. Foron uns días cheos de alegría, amizade e creatividade, perfectos para cargar as pilas antes de volver ás clases.
Os nenos e nenas de Frades viviron unha Semana Santa chea de alegría, risas e moita actividade no campamento 🥳✨.
Durante estes días, a rapazada participou en diferentes propostas pensadas para pasalo en grande: talleres de galletas de Pascua 🍪🐣 onde puxeron a proba a súa creatividade, xogos en grupo 🏃♂️🎯, sesións de cine 🎬🍿 para relaxarse e, como non podía faltar, unha emocionante busca dos ovos de Pascua 🥚🔍.
Esta última actividade converteuse nun dos momentos máis divertidos, xa que tiveron que seguir pistas, correr e traballar en equipo para atopar todos os ovos agochados 🤝😄.
Sen dúbida, foron uns días inesquecibles, cheos de diversión, compañeirismo e espírito festivo 💛🌈.
Durante a Semana Santa, o Concello de Mesía desenvolveu o seu programa de conciliación familiar, no que participaron arredor de trinta nenos e nenas do municipio, en horario de 8:30 a 14:00 horas.
As actividades leváronse a cabo no local empregado pola ANPA no CPI de Xanceda, así como nos espazos exteriores do propio centro. Ao longo das mañás, os participantes gozaron dunha programación variada, organizada en diferentes bloques de actividades como obradoiros creativos, xogos cooperativos e propostas deportivas.
A participación foi moi elevada, destacando o bo ambiente e a implicación dos nenos e nenas en todas as dinámicas propostas. A valoración global do programa é moi positiva, cumprindo co obxectivo de ofrecer un espazo de lecer educativo e facilitar a conciliación das familias durante este período vacacional.
Comeza unha nova xornada onde a rapazada se coñece a través de xogos de presentación, debuxando e coloreando o que máis lles gusta para logo ensinalo aos demais. Despois, xogamos as “Estatuas musicais”, merendamos e nos diriximos ao exterior para facer xogos como o Pilla Cadena, O escondite inglés ou carreiras de relevos, onde todos correron e saltaron sen parar. Tras a intensa actividade, voltamos e rematamos o día facendo “O director de orquesta”.
Un novo día amence no auditorio de Valga onde os novos integrantes se presentan a través dun debuxo. Logo, cada quen, decorou o seu debuxo libremente, con ceras de cores e algodóns. Tras repoñer forzas, fixemos xogos de relevos onde por parellas tiveron que desplazar un globo con diversas partes do corpo, xogamos á “Bomba”, a “Araña” e o “Pilla Conxelado”. É hora de regresar e finalizamos a xornada realizando un debuxo que nos transmita calma.
E rematamos o último día “Facendo Arte”, pintando un anaco de papel con diversas cores para logo rompelo en anacos pequenos e pegalos polo mural colaborativo da primavera. Pintamos as letras e os debuxos con ceras e témpera cos pinceis e os dedos das mans. E como aos artistas ainda lles queda máis ganas de pintar, colorean unha mariposa. Tras un descanso para merendar, facemos o xogo das “Cadeiras musicais”, “O gato e o rato”, “O túnel” e “As catro estacións”. E a diversión chegou ao seu fin, ata outra próxima aventura…
No Lecer de Semana Santa de O Pino celebramos a Pascua dun xeito moi especial, entre actividades, xogos e moita imaxinación.
Comezamos as xornadas con asembleas para coñecernos todos/as mellor, compartindo momentos divertidos respondendo ás preguntas do día sobre os nosos superpoderes ou os nosos personaxes de animación favoritos/as.
A aula encheuse de cor grazas ao gran cartel decorativo de “Lecer Semana Santa O Pino 2026” e aos debuxos de Pascua que pintamos para adornar cada recuncho. Como auténticos/as artistas, elaboramos e decoramos ovos de Pascua con masa, deseñamos orixinais lapiceiros temáticos e creamos uns bonitos colgantes para levar de recordo.
A enerxía non faltou en ningún momento cos xogos de «pilla infinito», as estatuas musicais ou tradicional xogo do zapatiño.
Como gran final desta aventura, desfrutamos de emocionantes retos de Pascua e unha festa de fin de Lecer para despedirnos por todo o alto. Imos coas pilas ben cargadas para afrontar con ganas o último trimestre!
Durante esta Semana Santa de 2026, os nenos e nenas do campamento desfrutaron dunha programación chea de actividades creativas, divertidas e moi primaverais.
O luns comezamos cun taller moi especial no que elaboramos nosas propias coroas de Pascua, empregando diferentes materiais e deixando voar a nosa imaxinación. O martes puxémonos mans á obra para preparar deliciosas brochetas de froita, aprendendo hábitos saudables mentres nos divertiamos.
O mércores dedicámolo á creación de cestas de ovos de Pascua, que quedaron chulísimas e listas para unha das actividades máis esperadas: a gran busca de ovos.
Ademais destes talleres, ao longo dos días tamén tivemos tempo para facer moitas pulseiras de boliñas, bailar, cantar, pintar e xogar ao aire libre, aproveitando o bo tempo e o sol destes días.
Sen dúbida, foi unha semana inesquecible, chea de aprendizaxe, convivencia e moita diversión. Xa estamos desexando repetir a experiencia!
Un total de 23 nenos e nenas do municipio participaron no Campamento de Conciliación de Entroido organizado polo Concello de Frades, convertendo estes días nunha auténtica festa chea de cor, xogos e moitas gargalladas.
Dende primeira hora, a diversión estivo asegurada con xogos en grupo nos que non faltaron as carreiras, os retos por equipos e as probas máis tolas propias do Entroido. A enerxía e o bo humor foron os grandes protagonistas!
Un dos momentos estrela foi o obradoiro de pintacaras 🎨. Esta vez, os artistas foron eles mesmos, pintándose uns aos outros con moita creatividade: superheroes, princesas, xirafas e ata algún que outro personaxe fantástico encheron o campamento de cor e fantasía.
E como non hai Entroido sen doce, tamén se puxeron o mandil para participar nun delicioso taller de rosquillas. Entre fariña, azucre e moitas ganas de pasalo ben, aprenderon a preparar este doce tradicional que logo, por suposto, degustaron con orgullo. Estaban boísimas!
O campamento volveu ser unha experiencia inesquecible, combinando diversión, aprendizaxe e convivencia, ao tempo que axuda ás familias a conciliar nestas datas tan especiais. Sen dúbida, un Entroido para repetir! 🎊
Alegría, cor e moita diversión foron os ingredientes principais neste DiverTeo de entroido. Os nenos e nenas da Ramallosa desfrutaron de tres días cheos de xogos, risas e bos momentos.
Tres días foron suficientes para formar unha gran familia entre participantes e monitoras, xa que moitos de nos non nos coñecíamos.
O primeiro día adicámolo aos xogos de presentación e aos xogos solicitados entre a rapazada, como son o “escondite”, a “ensalada de zapatos” e o “cadrado”. Pero tamén tivemos tempo de adentrarnos no entroido tradicional de Teo e explicarlle aos participantes as características dos/as Xenerais. Algunha das cousas que máis lles chamaron a atención foron os adornos dos cabalos, entre eles o espello que levan, e o gorro dos/as Xenerais.
Para rematar a xornada fixemos un xogos de “Xenerais VS. cabalos”, onde os/as que representaban aos cabalos debían escapar dos Xenerais. O martes tivemos gañas de seguir explorando o mundo dos/as Xenerais e montamos un taller de entroido para realizar cas nosas propias mans o destacado gorro destes, decorando cada un ao seu propio gusto. Ademais, para combater o frío xogamos á “araña”, aos “tres en raia por relevos” e ao “escondite”.
O último día o DiverTeo encheuse de bruxas, bombeiros, flamencas, demos, animais… e organizamos unha gran festa final cos nosos mellores disfraces. Fixemos xogos musicais como as “estatuas”, “meternos dentro do aro”e “equinas de cores”, tamén houbo moitas coreografías. Máis o día non rematou aquí, xa que tamén xogamos aos xogos que máis lle gusta á rapazada: “infinity”, “mata” e “escondite”. Sen dúbida foi unha xornada chea de diversión que nos deixou momentos inolvidables.
Despedímonos pois ata o próximo entroido cunha “viva” típica dos/as Xenerais. “Vivan os nenos e nenas da Ramallosa, que son unha cativada ben maravillosa!!”
Diferentes concellos puxeron en marcha os Programas de Conciliación de Entroido, unha iniciativa dirixida a apoiar ás familias durante o período non lectivo, ofrecendo un espazo educativo, seguro e lúdico para nenos e nenas.
Estes programas inclúen unha ampla variedade de actividades deseñadas para fomentar a creatividade, a convivencia e o disfrute do Entroido, entre as que destacan:
Talleres creativos e manualidades temáticas
Xogos cooperativos e dinámicas grupais
Actividades culturais e recreativas
Festa de Entroido con disfraces, música e animación
Actividades educativas adaptadas ás distintas idades
O principal obxectivo destes programas é facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, á vez que se promove o desenvolvemento persoal, social e creativo dos menores nunha contorna participativa e supervisada por persoal cualificado.
Os Programas de Conciliación de Entroido están a desenvolverse en distintos espazos municipais, adaptándose ás necesidades de cada localidade e contando coa colaboración dos concellos implicados.
Desde as entidades organizadoras anímase ás familias para participar nesta iniciativa que combina educación, lecer e tradición, contribuíndo a que os nenos e nenas vivan o Entroido dunha maneira divertida, segura e enriquecedora.
Durante o Campamento de Nadal de As Neves realizáronse diferentes actividades como manualidades, xogos e dinámicas lúdicas. Os nenos e nenas visitaron o Centro de Día de As Neves para compartir tempo cos maiores e recibiron a visita do Rei Gaspar, que recolleu as súas cartas. Foron días de convivencia, ilusión e actividades variadas pensadas para o lecer e a participación.