Madrugadorxs Trazo

QUE DÍA CHOVE MAIS?

Xa que o tempo parece que non da ningún respiro decidimos unirnos a el e traelo para dentro da aula pero con un pouquiño de luz, na nosa choiva temos moitas nubes, a auga pero tamén un raiño de sol así que amósanos un pequeno arco da vella polo recuncho!

GRILANDAS DE CORES

O entroido empeza a asomar por a nosa aula así que xa empezamos os preparativos para ir poñendo a clase o día coa decoración, o primeiro que fixemos foi esta grilanda de cores da que colgamos estas bolas tan chulas!

CAL E A TORRE MAIS ALTA?

Esta semana estibemos xogando moitísimo coas pezas de construcións, fixemos torres, fortes de vaqueiros, pontes colgantes e tantas cousas que nos imaxinamos.

CARTA DOS REI MAGOS

Para deixar todo listo tamen fixemos as nosas cartas dos reis magos, xa puxemos o que queriamos para este nadal ahora salo nos queda envialas ao polo norte! E esperar a ver que traen!

CALENDARIO ADVIENTO

Co inicio do nadal, empezamos tamén o noso calendario de advento. Xa puxemos o nosa árbore na aula e agora cada dia de decembro imos abrindo un agasallo novo onde descubriremos un adorno diferente ata chegar o 24 de decembro e deixar o noso arbore listo para a chegada de Papa Noel e os Reis magos!!

DECORACIÓN VENTÁS

Arrancamos decembro e con iso empeza o nadal en esta aula! Puxemos a luces nas ventas, os nosos calcetíns, e os muñequiños de nadal que tiñamos gardados do ano pasado. Tamén decoramos as ventas entre todos con debuxos super navideños!

CALENDARIO

Na nosa aula temos expostos os cumples de todos os nenos e nenas do madrugadores. Sempre andamos a mirar quen era o/a seguinte que lle toca cumprir anos, pero non tiñamos onde mirar, así que quixemos poñerlle remedio e creamos o noso super calendario cos meses, as estacións, o clima diario, todo que necesitamos dun calendario, quedounos super chulo e usámolo un montón!

CUARTO SECRETO

Durante esta semana os nenos e nenas do madrugadores crearon un xogo o que lle chamaron cuarto secreto, consistía en meterse baixo as mesas e estaban como “escondidos”, pois visto isto quixemos levar o cuarto secreto a un nivel superior, movemos todas as mesas pegadiñas a parede e colocamos estratexicamente o teito con unha sabana e as saídas, despois apagamos as luces e cunha lanterna fixemos sombras e luz de diferente cores!

POCIÓNS MÁXICAS

Esta semana con motivo de fin do Samaín fixemos unhas pocións máxicas! Preparamos unha mesa con todo tipo de elementos para realizar as maiores pocións que imaxinades, tiñamos follas, petalos de flores, castañas, e varios votes de cores con lágrimas de dragón, sangre de morcego, saliva de sapo… mesturando todo isto creamos coas nosas baritas máxicas as nosas pocións entre elas temos unha para ser o mas alto do mundo, para non ter que madrugar nunca, poder voar, ter poderes e todo o que poidamos imaxinar!

CABAZAS TERRORIFICAS!

Esta semana para celebrar por todo o alto os dias de Samaín trouxemos unhas cabazas para darlles vida! Primeiro escollemos cada un a súa cabaza e empezamos a pintalas de todos as cores que quixemos unha vez estaba seca a pintura empezamos a darlles vida poñendo ollos, debuxando nariz, boca… os resultados quedaron super terroríficos!!

MADRUGADORES TRAZO 2025/26

Ola outro ano mais! Arrancamos o curso con moitas ganas e para comézalo empezamos por decorar a aula, colgamos uns debuxos que fixeramos o ano pasado no madruga, tamén creamos entre todos e todas unhas normas de clase, preparamos un calendario para poñer os aniversarios de todos e todas, encántalles verse nas fotos e ver quen e o seguinte!. Por ultimo tamén temos un lapis grande onde cambiamos todos os dias a fecha, son os propios nenos e nenas que teñen ansia de que este actualizada e cada dia encargase un de cambiala!