Festas sinaladas
Unha festa ou celebración é un acto ou evento de carácter social organizado de forma pública ou privada en cuxo desenvolvemento se comparte tempo e espazo por parte dos participantes e que se asocia ao lecer e o divertimento.
As festas, como actos sociais cambiaron ao longo da historia da humanidade, tiveron crise, algunhas desapareceron, outras cambiaron tanto que é difícil relacionalas coas festas das que se orixinan.
Ao longo do ano, o calendario márcanos as celebracións de máis interese e relevancia para nós desde a nosa contorna máis próxima ao máis afastado.
Hai unha clara relación entre a festa e o tempo.
As festas rompe coa rutina da vida cotiá, forma parte do tempo de lecer e social, unhas son cíclicas e outras móbiles no tempo.
En función do seu fin poderíanse clasificar en festas naturais (estacionais), sociais, temporais (Nadal, Entroido, Patronais,….), privadas ou familiares (aniversarios, vodas,…). Sexan cal sexa, todas elas teñen a súa celebración coas súas características particulares.
Desde SIF traballamos para que a túa festa ou celebración sexa única, exclusiva, relevante e teña todo o elementos necesarios para alcanzar o éxito.