Este mes de decembro estivemos a tope con actividades moi completas e, sobre todo, moi divertidas:
Busca de sinónimos
Xogos de memoria con números
Formación de palabras
Creatividade a partir da plantilla “Isto non é unha flor”
Cálculo mental dun xeito diferente: con cartas e matamoscas
Ou o xogo do Tabú, que foi todo un éxito.
E como estamos neste mes tan especial… 🎄 tamén traballamos o cálculo con elementos de nadal e exercitamos a memoria lembrando palabras que nos conectan con estas datas tan simbólicas.
Para pechar o ano como se merece, desfrutamos dunha pequena merenda xuntas e rematamos cun bingo cheo de risas e como non, premios. Pasámolo xenial! Agora toca descansar un pouquiño… Vémonos á volta con máis actividades e aprendizaxe.
O Taller de Memoria e Estimulación Cognitiva do Concello de Caldas de Reis iniciou as súas vacacións de Nadal, tras rematar as sesións o pasado xoves 18 de decembro.
Ao longo destes meses, as persoas participantes asistiron de maneira regular ás sesións, nas que se traballaron diferentes funcións cognitivas como a memoria, a atención, a linguaxe e o razoamento, combinando exercicios específicos con dinámicas lúdicas e de socialización.
Como peche do trimestre, o grupo celebrou unha xornada especial, na que non faltaron unhamerenda e unbingo, actividade que permitiu gozar dun ambiente distendido e festivo, reforzando os lazos entre as persoas asistentes.
O taller retomará a súa actividade habitual o 8 de xaneiro, continuando coa promoción do envellecemento activo, o benestar e a estimulación cognitiva da veciñanza do Concello de Caldas de Reis.
O Concello de Frades continúa co taller de estimulación cognitiva a domiciliodirixido a persoas con deterioro cognitivo leve e moderado, que puxo en marcha no ano 2023 co obxectivo de mellorar o seu benestar e manter as capacidades mentais o maior tempo posible.
As sesións, realizadas nos propios fogares, permiten unha atención individualizada, adaptada ás necesidades de cada persoa, traballando a memoria, a atención, a linguaxe e o razoamento, entre outras habilidades.
Unha iniciativa que aposta pola calidade de vida, o envellecemento activo e o apoio ás familias.
Durante o mes de decembro, as persoas participantes nos Talleres de Estimulación Cognitiva continuaron a súa rutina de exercicios mentais e actividades complementarias, incorporando nesta ocasión unha temática especial de Nadal. Ao longo destas semanas realizáronse tarefas específicas orientadas a exercitar a memoria, a atención e a coordinación, sempre nun ambiente lúdico e festivo que contribuíu a reforzar a motivación e o benestar das persoas maiores.
Entre as propostas destacaron os xogos e actividades de estimulación cognitiva, como dinámicas de asociación de imaxes, resolución de pistas e traballos de seriación e dedución adaptados a diferentes niveis. Ademais, leváronse a cabo manualidades, nos que os grupos elaboraron decoracións navideñas, que fomentaron a creatividade, a destreza manual e o traballo colaborativo.
Estas sesións festivas favorecen non só o mantemento das capacidades cognitivas, senón tamén a convivencia, a expresión emocional e o espírito comunitario propio destas datas. O ambiente alegre e participativo foi especialmente valorado polas persoas asistentes, que viviron o taller como un espazo seguro de encontro e celebración.
Para dar comezo ás vacacións de Nadal, organizouse unha merenda especial na que as persoas asistentes puideron compartir un momento de convivencia e celebración. A xornada completouse cun bingo navideño, que resultou moi participativo e reforzou o ambiente festivo propio destas datas.
Con estas actividades péchase un trimestre caracterizado pola alta participación e pola consolidación do programa, que continúa a demostrar a súa relevancia como ferramenta para promover o envellecemento activo, a autonomía e a mellora da calidade de vida da veciñanza maior de Caldas de Reis.
As persoas residentes da nosa residencia desprazáronse esta semana ata Valga para desfrutar do seu tradicional Belén. A saída foi todo un éxito: gozaron das escenas, das figuras en movemento e da ambientación que cada ano sorprende. A visita rematou con unha farta de churros, deixando unha tarde chea de lembranzas bonitas e espírito de Nadal.
O obradoiro de memoria do Centro Sociocultural de Porta do Camiño segue a desenvolverse con regularidade ao longo deste novo curso, ofrecendo ás persoas participantes un espazo estable para exercitar as súas capacidades cognitivas e manter unha vida activa e estimulante. As sesións semanais continúan caracterizándose por un ambiente de colaboración, interese e bo humor, elementos fundamentais para favorecer unha aprendizaxe significativa.
Durante estes meses, ademais das actividades habituais de memoria, cálculo, comprensión lectora, refráns e lectura compartida, incorporáronse novos xogos e propostas destinadas a reforzar a atención, a flexibilidade mental e o pensamento lóxico. Entre eles destaca o xogo “O Impostor”, unha dinámica moi participativa na que o grupo debe descubrir quen oculta a información correcta, potenciando así a observación, o razoamento e o debate en equipo.
Tamén traballamos con diferentes retos en forma de adiviñanzas con letras e números, actividades que espertan a curiosidade e impulsan ás persoas participantes a buscar solucións creativas e a poñer en práctica a súa capacidade de asociación e dedución. Estas tarefas complétanse con momentos de resolución grupal, onde cada achega individual contribúe a atopar a resposta final.
O taller consolídase así como un espazo enriquecedor no que se combina exercicio mental, socialización e aprendizaxe continua. Sesión tras sesión, fortalecemos a memoria, a atención e a capacidade de concentración, ao tempo que compartimos experiencias e reforzamos a conexión entre as persoas do grupo.
O grupo de participantes do obradoiro de memoria desenvolveu durante este mes diferentes sesións centradas na estimulación cognitiva mediante actividades lúdicas e dinámicas. Entre elas, destacaron os exercicios baseados en xogos de mesa que permitiron traballar múltiples procesos mentais fundamentais para o mantemento da autonomía e o benestar cognitivo.
Durante as sesións, as persoas asistentes exercitaron:
Atención e concentración.
Memoria de traballo.
Percepción visual.
Resolución de problemas.
Estimulación cognitiva xeral: reforzando o razoamento e potenciando a neuroplasticidade a través do xogo.
Ademais das tarefas visoespaciais, realizáronse actividades verbais como xogos de palabras que comezan por diferentes letras, exercicios de relación de termos, recordo de palabras ditas ao inicio da clase, ou a procura de nomes de muller que comezan pola letra E. Tamén se levou a cabo o coñecido xogo dos vasos, no que as participantes debían observar unha figura e posteriormente reproducila, reforzando a memoria visual e a coordinación.
Destacamos a alta participación e motivación das asistentes, subliñando que este tipo de obradoiros non só favorecen o adestramento cognitivo, senón que tamén crean un espazo de relación social e benestar emocional.
O Concello de Cuntis celebra con éxito o segundo mes dos Talleres de Memoria. Iniciativa que se consolidou como un espazo fundamental para fomentar a saúde mental e a socialización.
Continuamos rexistrando unha alta participación por parte das persoas usuarias, mostrando gran interese por parte da veciñanza por manter unha mente activa e previr o deterioro cognitivo.
Ao longo deste mes continuamos realizando exercicios lúdicos e dinámicos como o Tuttifrutti, Preguntados, “2 verdades e 1 mentira”, deixamos voar a nosa imaxinación creando a partir dun debuxo dado outro, memorizamos e contamos historias de personaxes inventadas, meténdonos na súa vida, lembramos datos sobre elas, sobre os seus traballos, gustos e aspectos que os definían e intercambiamos a información coas compañeiras e compañeiros.
En definitiva, divertímonos e rímonos á vez que adestramos as nosas capacidades cognitivas dun xeito ameno e participativo.
Durante este mes de Novembro, nos Talleres de Memoria e Envellecemento Activo desenvolvidos no Concello de Dodro, realizamos diversas actividades orientadas tanto ao traballo cognitivo como á reflexión persoal e social, poñendo especial atención na conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
1. Actividades relacionadas co 25N
Ao longo das sesións deste mes, dedicamos un espazo importante a comprender o significado do 25N, conversar sobre a súa orixe e reflexionar sobre a importancia de continuar loitando contra a violencia machista. Realizouse un debate aberto, no que as participantes e participantes puideron expresar as súas opinións, compartir experiencias e analizar os motivos polos que esta data segue a ser necesaria na sociedade actual. A actividade fomentou a expresión emocional, a escoita activa e o respecto polas diferentes aportacións. Como parte do traballo creativo e simbólico arredor da efeméride, elaboramos:
Medallas conmemorativas pintadas polas persoas asistentes.
Un debuxo titulado “Coas miñas mans podo…”, no que cada persoa escribiu e decorou aquelas accións, capacidades e fortalezas que as mulleres son quen de realizar, poñendo en valor o seu papel esencial na familia, na comunidade e na sociedade. Estas actividades combinan traballo psicomotor fino, memoria semántica, autoestima e identidade persoal.
2. Actividades de estimulación cognitiva
Ademais do traballo centrado no 25N, ao longo do mes continuamos coas dinámicas habituais de estimulación mental dos talleres:
a) Sopas de letras. Realizamos sopas de letras variadas, con diferentes estilos e temáticas, co obxectivo de reforzar: Atención sostida, Velocidade de procesamento, Memoria visual, Recoñecemento de vocabulario.
b) Cálculos matemáticos.
Traballamos tamén exercicios de cálculo e razoamento lóxico, adaptados ao ritmo de cada participante. Estes exercicios favorecen: Memoria de traballo, Lóxica numérica, Mantemento das habilidades básicas da vida diaria.
Con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, no Taller de Estimulación Cognitiva desenvolveu ese mesmo martes unha actividade especial centrada na reflexión sobre os estereotipos de xénero presentes na linguaxe popular. A sesión xirou arredor dos refráns tradicionais, moitos deles cargados de mensaxes que reforzan desigualdades e roles impostos.
As persoas participantes analizaron unha selección de expresións populares e, a través dun traballo conxunto de memoria, linguaxe e creatividade, identificaron as ideas machistas ou discriminatorias que transmiten. Posteriormente, reformuláronos para convertelos en mensaxes positivas, igualitarias e respectuosas.
A actividade buscou, ademais da estimulación cognitiva propia do taller, promover unha reflexión colectiva sobre como a linguaxe configura a forma de pensar e reforza, ou combate, a desigualdade.
Con iniciativas como esta, o taller de estimulación cognitiva súmase á reivindicación do 25N, lembrando que a educación, a conciencia crítica e a igualdade tamén se constrúen dende a palabra.