Mos clausura as V Xornadas da Muller cun cento de participantes e foco na saúde mental e o uso dixital

As sesións abordaron o impacto dos delitos dixitais, a educación no uso dos móbiles e a perspectiva xurídica, con asistencia presencial e en streaming

O Concello de Mos vén de clausurar as V Xornadas da Muller, celebradas os días 25 e 26 de marzo de 2026, nas que participaron arredor dun cento de persoas tanto de maneira presencial como a través de streaming.

A segunda xornada contou coa intervención de Ana Izquierdo Galante, quen analizou as consecuencias na saúde mental de mulleres e menores vítimas de delitos dixitais. Durante a súa exposición, afondou no trauma post-delito e na valoración pericial do dano psicolóxico.

Tamén participaron Alexandra de Arnela e Alicia de Arnela, do Gabinete Pedagóxico Familiar Arnela, que abordaron o debate sobre a prohibición do uso dos móbiles e a necesidade de educar nun uso responsable e axeitado das novas tecnoloxías.

Pola súa banda, María Corredoira, profesora titular de Dereito Penal da USC, achegou unha visión xurídica sobre a materia tratada ao longo das xornadas.

As sesións estiveron moderadas por Ana María Rodríguez, avogada do CIM de Mos, e a clausura correu a cargo de Leopoldo Costas Alonso.

Estas xornadas consolídanse como un espazo de reflexión e formación arredor da igualdade, a prevención da violencia e o impacto das novas realidades dixitais na sociedade.

📢 Inauguradas as V Xornadas da Muller!

Baixo o lema “Violencia de Xénero na Era Dixital”, durante hoxe mércores 25 e mañá xoves 26 de marzo de 2026 abordamos unha das problemáticas máis urxentes da nosa sociedade.

👉 A xornada de hoxe céntrase en prevención, menores e resposta xudicial, cunha apertura institucional a cargo de:

  • María José Rodríguez Pérez, xefa da Unidade de Violencia contra a Muller da Subdelegación do Goberno en Pontevedra
  • Nidia María Arévalo Gómez, alcaldesa de Mos
  • Roberto Barba Alvedro, director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero da Xunta de Galicia
  • Paula Bouzós Barros, deputada de Igualdade e Benestar Social da Deputación de Pontevedra

👥 Ademais, contamos coa participación de destacados profesionais:

  • Pablo San Mateo Morán, Ilmo. Xuíz do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo
  • Paula Cajaraville, fiscal experta en violencia de xénero
  • Javier Cancelas Costa, formador do Plan Director e comandante da Garda Civil de Pontevedra

💜 Dous días de reflexión, aprendizaxe e compromiso para avanzar cara a unha sociedade libre de violencia.

MARZO, MES DA IGUALDADE

Co gallo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, durante todo o mes desenvolveranse diferentes actividades en varios concellos coa finalidade de promover a igualdade entre mulleres e homes e de visibilizar o papel das mulleres na sociedade.

A programación inclúe propostas dirixidas tanto ao público en xeral como ao alumnado dos centros educativos, co obxectivo de sensibilizar, reflexionar e fomentar valores de respecto, igualdade e convivencia desde idades temperás.

Entre as actividades programadas haberá obradoiros educativos, charlas, exposicións, proxeccións, actividades participativas e accións de sensibilización, que abordarán cuestións relacionadas coa igualdade, a corresponsabilidade, a prevención da violencia de xénero e o recoñecemento das achegas das mulleres en diferentes ámbitos.

Nalgúns concellos, ademais, darase continuidade a iniciativas que xa se puxeran en marcha o pasado ano, reforzando así o compromiso institucional e social coa promoción da igualdade e consolidando actividades que tiveron unha boa acollida entre a veciñanza e a comunidade educativa.

Con esta programación preténdese crear espazos de reflexión, aprendizaxe e participación, contribuíndo á construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria.

Animamos a toda a veciñanza e á comunidade escolar a participar nas distintas actividades programadas ao longo deste mes de marzo.

ACTIVIDADES FORMATIVAS PARA O PERSOAL DO CONCELLO DE MOS

Este xoves 27 de Novembro se impartiu unhas actividades formativas para o persoal do concello de Mos. Unha de elas era o protocolo de actuación ante casos de violencia de xénero (coñecer as obrigas e o papel do persoal funcionario ante estas situacións) e a outra linguaxe inclusiva na administración (uso más consciente e responsable da linguaxe na documentación institucional)

O TALLER DE ESTIMULACIÓN COGNITIVA DO CONCELLO DE CALDAS CONMEMORA O 25N TRANSFORMANDO REFRÁNS CON ESTEREOTIPOS DE XÉNERO EN MENSAXES IGUALITARIAS

Con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, no Taller de Estimulación Cognitiva desenvolveu ese mesmo martes unha actividade especial centrada na reflexión sobre os estereotipos de xénero presentes na linguaxe popular. A sesión xirou arredor dos refráns tradicionais, moitos deles cargados de mensaxes que reforzan desigualdades e roles impostos.

As persoas participantes analizaron unha selección de expresións populares e, a través dun traballo conxunto de memoria, linguaxe e creatividade, identificaron as ideas machistas ou discriminatorias que transmiten. Posteriormente, reformuláronos para convertelos en mensaxes positivas, igualitarias e respectuosas.

A actividade buscou, ademais da estimulación cognitiva propia do taller, promover unha reflexión colectiva sobre como a linguaxe configura a forma de pensar e reforza, ou combate, a desigualdade.

Con iniciativas como esta, o taller de estimulación cognitiva súmase á reivindicación do 25N, lembrando que a educación, a conciencia crítica e a igualdade tamén se constrúen dende a palabra.

ACTIVIDADES «COUSAS DE CASA» NO COLEGIO PÚBLICO INTEGRADO DOMINGO FONTÁN DE PORTAS

O mal tempo boa cara, esta mañá, tivemos un contacontos e dúas actividades moi construtivas acerca da corresponsabilidade no ámbito familiar, onde as rapazas e rapaces de Portas aprendemos distintas tarefas da casa ( como facer a cama, por a mesa, tender roupa, etc…)

Que ven e xogar e aprender o mesmo tempo. A que si?

PUNTO LILA NA FESTA DA LAMPREA

Este fin de semana Arbo celebrou a Festa da Lamprea onde estivo presente o Punto Lila. Un punto de información e asesoramento. Moita xente da contorna e de fora,  achegáronse a preguntar para saber que función tiñamos e quedaron contentos con saber que se pasase algo, estábamos alí.

O domingo tivemos taller de igualdade para nenas e nenos e repartimos contos de igualdade.

IGUALDADE

Un ano máis dende Servicios Integrales de Formación S.L tivemos o pracer de formar parte das Festas da Pascua de Padrón. Os días 20, 22, 25 e 26 de abril, no paseo do Espolón contamos cun punto de atención especializada en violencia machista e LGTBIfóbia, Punto Lila.

Dende o mesmo tratamos de sensibilizar e informar á poboación sobre todo tipo de recursos, máis a labor principal é intervir en caso de coñecemento dalgún tipo de agresión, ofrecendo un espazo seguro para a vítima e tratando de que sexa un lugar ao que acuda en primeira instancia.

Polo tanto, dende a nosa empresa mostramos un claro rexeitamento cara calquera tipo de violencia e apostamos por unhas verbenas libres de violencia, onde todas e todos poidamos expresarnos e relacionarnos con total liberdade e de forma segura.

PUNTO E FINAL ÁS ACTIVIDADES DO DÍA DA MULLER EN DODRO

O venres 11 de Abril impartíronse unhas xornadas polo 8M no C.P.I. Eusebio Lorenzo Baleirón en Dodro

Para os cursos de 1 e 2 de primaria dous contacontos «Rosa Caramelo» onde a mensaxe e a importancia de valorar as nenas e os nenos de igual maneira, non caendo en estereotipos.

E outro conto » Brancaneves e os 77 ananiños».

E para 3, 4, 5 e 6 de primaria unhas xornadas de corresponsabilidade.