EXERCITAR A MENTE TAMÉN É DIVERTIDO!
Rematouse marzo, e con el deixamos atrás semanas de traballo en Cuntis. Neste pasado mes seguimos traballando as habilidades lingüísticas, a coordinación, a axilidade mental e a memoria a través de diversas actividades e xogos, fomentando un ambiente distendido e agradable no que as e os participantes atopan un momento de socialización e nos que, ao mesmo tempo, traballar e reforzar os diversos ámbitos da cognición e memoria.
Con xogos como os acertixos con palillos traballamos a concentración, a observación e a resolución de problemas, nalgún dos casos chegando a atopar ata 4 solución diferentes para un mesmo problema!
Tamén traballamos este campo a través da resolución de laberintos, ofrecendo sempre unhas sesións dinámicas e que se adapten aos distintos asistentes.
Co tangram ademáis de traballar as anteriores habilidades, fomentamos a cooperación, a creatividade e o desenvolvemento da visión espacial.
Continuamos con forza cara abril!