BENVIDO 2026!

Xa está aquí un novo ano logo dun tempo de relaxación e desfrute durante as vacacións do Nadal.

Aínda así, nestas festas no PREM de Muros non deixamos de traballar para poder reforzar dunha forma máis dinámica, todos aqueles aspectos pendentes a seguir mellorando de cara a este novo ano.

Así, enfrontamos esta Segunda Avaliación con maior seguridade e optimismo, e con enerxía renovada. Agora, toca estar enfocados novamente na axenda escolar.

GRAZAS APALPADOR!

Este Nadal, o Apalpador visitou o PREM de Muros para agasallar ó alumnado cunha entrada gratuita para gastar no Centro Sociocultural de Muros.

Mentres os máis peques disfrutaron dunha sesión de maxia, os alumnos da ESO pudieron disfrutar do visionado dun filme.

Esta non foi a única sorpresa das vacacións, senón que o ventes 26 de decembro aproveitamos para facer unha saída á Piscina Municipal de Muros, disfrutando así todos xuntos dun día diferente fóra das nosas instalacións.

CHEGOU O NADAL!

Un descanso moi merecido!

Rematou xa a Primeira Avaliación deste curso e no PREM de Muros preparámonos para recibir o Nadal como se merece, decorando o noso lugar de traballo coa temática navideña e despedindo esta Primeira parte do curso cunha pequena merenda-cine, onde só por un día, desconectaremos das tarefas e as calificacións para centrarnos soamente en disfrutar dos compañeiros compartindo, rindo, xogando e…como non…merendando!

A POLA SEGUNDA VOLTA!

No último mes, no PREM de Muros continuamos traballando para obter os mellores resultados posibles nesta Primeira Avaliación do curso. Por iso, sobretodo o alumnado da E.S.O, está totalmente enfocado na entrega de traballos, recuperacións e  preparación da segunda volta de exames que terá lugar nas próximas semanas.

UN NOVO CURSO!

Comezamos xa o curso 25-26 no PREM de Muros. Novamente afrontamos un curso máis cheos de ilusión e optimismo. Xunto cos máis veteranos do servizo, sumamos este ano caras novas no alumnado que nos aporta frescura e ilusión. Por iso continuamos traballando arreo para dar resposta a novos retos, atendendo e afrontando coma sempre as dificultades socioeducativas e necesidades académicas específicas de cada nen@, pero aprendendo uns doutros e apoiándonos no grupo nesta pequena pero gran familia

O DERRADEIRO EMPURRÓN!

Comenzamos xa a terceira e última avaliación, e no Programa de Reforzo Educativo de Muros, voltamos das vacacións con enerxía renovada e con moitas ganas de seguir aprendendo e superándonos día a día neste proceso.

É momento de poñer en práctica todo o aprendido durante este curso para obter os mellores resultados posibles neste último mes de traballo.

Durante este ano fomos gañando, entre outras cousas, autonomía e seguridade, polo que temos maior confianza en nós mesmos e nas nosas posibilidades cara a encarar este último tramo do curso.

REFORZO ESCOLAR NO AUDITORIO DE VALGA: APOIO PARA QUEN MÁIS O PRECISA

Desde o pasado 14 de outubro, o Auditorio de Valga acolle un servizo moi valioso para o alumnado do concello: clases de reforzo escolar pensadas para nenos e nenas que atopan máis dificultades á hora de estudar ou facer os deberes.

Este espazo de apoio está dirixido a rapaces e rapazas desde 1º de Primaria ata 4º da E.S.O, ofrecéndolles un lugar tranquilo onde resolver dúbidas, organizar o estudio e recibir axuda adaptada ás súas necesidades.

As sesións teñen lugar de luns a venres, en horario de 16:30 a 19:30. O alumnado distribúese en grupos segundo idade e o nivel, o que permite ofrecer un acompañamento máis axeitado para cada caso.

CARA A RECTA FINAL!

Chegamos xa á metade do curso 24-25 no PREM, no Programa de Reforzo Educativo de Muros.

O inicio do curso supuxo coma sempre Unha etapa de cambios para todos na que que había que afrontar diferentes obxectivos. Isto conleva Unha gran emoción pero tamén moitos medos e inseguridades que os nenos e nenas do PREM foron que de afrontar e superar para chegar ó final desta metade do curso.

Desta maneira acadouse Unha mellora moi significativa tanto nos resultados académicos coma nos obxectivos e metas individuais. Por iso agora é preciso descansar e disfrutar das próximas vacacións para retomar forzas e continuar traballando e superándonos cara a recta final.

COMEZAN AS VACACIÓNS!!!

Finalmente, chegamos ao remate do curso despois dunhas últimas semanas nas que puxemos todo da nosa parte en canto a interese, esforzo e actitude para poder acadar os obxectivos académicos e persoais das nenas e nenos do Programa de Reforzo Educativo de Muros.

En canto ao balance do curso, sempre é positivo no que se refire á superación persoal no percorrido socioeducativo de cada nen@.

É por todo isto que temos moito que celebrar, polo que aproveitamos o último día de cole para festexar o remate do curso e pasar así unha xornada de xogos, música, baile, amigos, etc.

Encaramos así o comezo do verán, con ganas de desfrutar, descansar e desconectar para volver o próximo curso con máis ganas e forza ca nunca.

ATA A VOLTA!!!

Moito esforzo nas clases de reforzo de Valga!

Este último mes, os nenos e nenas tiveron moito que estudar xa que as semanas estaban cheas de exames. Ademais de isto seguimos facendo as tarefas diarias e reforzando todos os contidos xa aprendidos. Ademais de isto, estes últimos días estivemos divertíndonos con xogos educativos, como o: “quién  es quién?” onde cos nenos e nenas máis pequenos fortaleceron diferentes parte do corpo e as cores en inglés. Cos máis maiores xogamos : “El primero de la clase” onde repasamos todo o aprendido e ao “Sushi Go” onde potenciamos o cálculo mental.

Dando por finalizado as clases, solo queda desexarvos un bo verán!