SEMANA SANTA CHEA DE COR E CREATIVIDADE.

O campamento de semana santa en As Neves,  foi todo un éxito!

Os nenos e nenas pasarono xenial facendo manualidades de Pascua: coellos, ovos decorados e moita cor por todas partes.

Tampouco faltaron os xogos: xogamos a moitos clásicos e tamén descubrimos xogos de mesa novos que nos fixeron rir e pensar. Foron uns días cheos de alegría, amizade e creatividade, perfectos para cargar as pilas antes de volver ás clases.

🗞 DIVERSIÓN ASEGURADA NO CAMPAMENTO DE SEMANA SANTA DE FRADES 🐰🌼

Os nenos e nenas de Frades viviron unha Semana Santa chea de alegría, risas e moita actividade no campamento 🥳✨.

Durante estes días, a rapazada participou en diferentes propostas pensadas para pasalo en grande: talleres de galletas de Pascua 🍪🐣 onde puxeron a proba a súa creatividade, xogos en grupo 🏃‍♂️🎯, sesións de cine 🎬🍿 para relaxarse e, como non podía faltar, unha emocionante busca dos ovos de Pascua 🥚🔍.

Esta última actividade converteuse nun dos momentos máis divertidos, xa que tiveron que seguir pistas, correr e traballar en equipo para atopar todos os ovos agochados 🤝😄.

Sen dúbida, foron uns días inesquecibles, cheos de diversión, compañeirismo e espírito festivo 💛🌈.

GRAN PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA DE CONCILIACIÓN DE SEMANA SANTA EN MESÍA

Durante a Semana Santa, o Concello de Mesía desenvolveu o seu programa de conciliación familiar, no que participaron arredor de trinta nenos e nenas do municipio, en horario de 8:30 a 14:00 horas.

As actividades leváronse a cabo no local empregado pola ANPA no CPI de Xanceda, así como nos espazos exteriores do propio centro. Ao longo das mañás, os participantes gozaron dunha programación variada, organizada en diferentes bloques de actividades como obradoiros creativos, xogos cooperativos e propostas deportivas.

A participación foi moi elevada, destacando o bo ambiente e a implicación dos nenos e nenas en todas as dinámicas propostas. A valoración global do programa é moi positiva, cumprindo co obxectivo de ofrecer un espazo de lecer educativo e facilitar a conciliación das familias durante este período vacacional.

CONCILIA EN SEMANA SANTA EN VALGA

Comeza unha nova xornada onde  a rapazada se coñece a través de xogos de presentación, debuxando e coloreando o que máis lles gusta para logo ensinalo aos demais. Despois, xogamos as “Estatuas musicais”, merendamos e nos diriximos ao exterior para facer xogos como o Pilla Cadena, O escondite inglés ou carreiras de relevos, onde todos correron e saltaron sen parar. Tras a intensa actividade, voltamos e rematamos o día facendo  “O director de orquesta”.

Un novo día amence no auditorio de Valga onde os novos integrantes se presentan a través dun debuxo. Logo, cada quen, decorou o seu debuxo libremente, con ceras de cores e algodóns. Tras repoñer forzas, fixemos xogos de relevos onde por parellas tiveron que desplazar un globo con diversas partes do corpo, xogamos á “Bomba”, a “Araña” e o “Pilla Conxelado”. É hora de regresar e finalizamos a xornada realizando un debuxo que nos transmita calma.

E rematamos o último día “Facendo Arte”, pintando un anaco de papel con diversas cores para logo rompelo en anacos pequenos e pegalos polo mural colaborativo da primavera. Pintamos as letras e os debuxos con ceras e témpera cos pinceis e os dedos das mans. E como aos artistas ainda lles queda máis ganas de pintar, colorean unha mariposa. Tras un descanso para merendar, facemos o xogo das “Cadeiras musicais”, “O gato e o rato”,  “O túnel” e “As catro estacións”. E a diversión chegou ao seu fin, ata outra próxima aventura…

PASCUA A TODO COR EN O PINO: O RESUMO DUN GRAN LECER

No Lecer de Semana Santa de O Pino celebramos a Pascua dun xeito moi especial, entre actividades, xogos e moita imaxinación.

Comezamos as xornadas con asembleas para coñecernos todos/as mellor, compartindo momentos divertidos respondendo ás preguntas do día sobre os nosos superpoderes ou os nosos personaxes de animación favoritos/as.

A aula encheuse de cor grazas ao gran cartel decorativo de “Lecer Semana Santa O Pino 2026” e aos debuxos de Pascua que pintamos para adornar cada recuncho. Como auténticos/as artistas, elaboramos e decoramos ovos de Pascua con masa, deseñamos orixinais lapiceiros temáticos e creamos uns bonitos colgantes para levar de recordo.

A enerxía non faltou en ningún momento cos xogos de «pilla infinito», as estatuas musicais ou tradicional xogo do zapatiño.

Como gran final desta aventura, desfrutamos de emocionantes retos de Pascua e unha festa de fin de Lecer para despedirnos por todo o alto. Imos coas pilas ben cargadas para afrontar con ganas o último trimestre!

GRAN ÉXITO NO CAMPAMENTO DE PASCUA 2026

Durante esta Semana Santa de 2026, os nenos e nenas do campamento desfrutaron dunha programación chea de actividades creativas, divertidas e moi primaverais.

O luns comezamos cun taller moi especial no que elaboramos nosas propias coroas de Pascua, empregando diferentes materiais e deixando voar a nosa imaxinación. O martes puxémonos mans á obra para preparar deliciosas brochetas de froita, aprendendo hábitos saudables mentres nos divertiamos.

O mércores dedicámolo á creación de cestas de ovos de Pascua, que quedaron chulísimas e listas para unha das actividades máis esperadas: a gran busca de ovos.

Ademais destes talleres, ao longo dos días tamén tivemos tempo para facer moitas pulseiras de boliñas, bailar, cantar, pintar e xogar ao aire libre, aproveitando o bo tempo e o sol destes días.

Sen dúbida, foi unha semana inesquecible, chea de aprendizaxe, convivencia e moita diversión. Xa estamos desexando repetir a experiencia!

TALLER DE ESTIMULACIÓN COGNITIVA DO CONCELLO DE CALDAS DE REIS

O Taller de Estimulación Cognitiva do Concello de Caldas de Reis é unha iniciativa que contribúe a promover un envellecemento activo e saudable, mellorando a calidade de vida das persoas asistentes a través de actividades dinámicas e adaptadas ás súas necesidades. Conta cunha ampla participación polo que se organiza en catro grupos diferenciados: Estimulación Cognitiva Grupo 1, Estimulación Cognitiva Grupo 2, Memoria Viaxeira e Estimulación Cognitiva e Psicomotricidade.

Ao longo das sesións, as persoas participantes realizan unha gran variedade de actividades orientadas a manter e reforzar as súas capacidades cognitivas. Entre elas destacan os xogos mentais, as actividades escritas, así como espazos deconversa e intercambio de experiencias, nos que se comparten coñecementos e vivencias.

Ademais de traballar a memoria, a atención ou o razoamento, estes encontros convértense nun lugar de convivencia, participación activa e lecer, no que o bo ambiente é protagonista. As persoas asistentes non só exercitan a mente, senón que tamén desfrutan, socializan e pásano ben, reforzando vínculos e creando novas relacións.

ACTIVIDADES DE MEMORIA E ESTIMULACIÓN COGNITIVA EN CUNTIS

Este mes seguimos traballando atope de ganas nas diferentes sesións, unha das cousas máis destacables nas que estamos traballando este mes é a elaboración dun libro de receitas, no que estamos recompilando as receitas máis destacadas das persoas participantes.

Ademais, continuamos poñendo en práctica as matemáticas, traballando con sumas, restas, multiplicacións e divisións, incluso combinándoas entre si para manter a mente activa e áxil.

Tamén seguimos repasando cousas como a acentuación e clasificación das palabras  en agudas, graves e esdrúxulas.

E, como non podía faltar a parte lúdica, este mes fixemos moitos xogos coa baralla española, como o memory ou o cinquillo, ademais de xogos de palabras nos que, a partir dunha, había que cambiar letras ou sílabas para crear outras novas. Un reto divertido que nos fixo

pensar e rir ao mesmo tempo!

AGORA TÓCANOS DESCANSAR, PERO VOLVERÉMNOS CON MÁIS FORZA LOGO DAS VACACIÓNS!!

MES DE MARZO. TALLERES DE ENVELLECEMENTO ACTIVO DO CONCELLO DE DODRO

Durante o mes de marzo, nos Talleres de Memoria e Envellecemento Activo do Concello de Dodro, levamos a cabo diversas actividades centradas na igualdade, na expresión artística, na estimulación cognitiva e na posta en valor do traballo realizado ao longo do trimestre. As sesións combinaron actividades creativas, exercicios de lóxica e memoria, así como actividades de organización e convivencia grupal.

1. Actividades relacionadas co 8M, Día da Muller

Durante a primeira semana realizamos actividades relacionadas co Día Internacional da Muller. Falamos sobre a importancia da igualdade entre homes e mulleres, o papel das mulleres ao longo da historia e as mulleres importantes nas súas vidas.
 Ademais, elaboramos pinturas e murais conmemorativos do 8M empregando pinturas, rotuladores e cartolinas, fomentando a expresión artística e a reflexión grupal. Estas actividades permitiron traballar a comunicación oral, a memoria autobiográfica, a creatividade e a motricidade fina, ademais de promover valores de igualdade, respecto e recoñecemento social.

2. Actividade artística: técnica do puntillismo

Na segunda semana realizamos unha actividade artística empregando a técnica do puntillismo. Primeiro explicouse en que consiste esta técnica pictórica, baseada na creación de debuxos a partir de pequenos puntos de cores.
 Posteriormente, empregando bastonciños e pintura, cada participante realizou un debuxo dun cadro con flores utilizando puntos de diferentes cores. Esta actividade favoreceu a coordinación óculo-manual, a precisión, a paciencia, a atención e a concentración, ademais de estimular a creatividade e a expresión artística.

3. Actividades de lóxica, cálculo e mandalas

Durante a terceira semana realizamos diversas fichas de lóxica e cálculo, como contar números, contar moedas, relacionar cantidades, completar series lóxicas e outras actividades de razoamento.
 Tamén realizamos mandalas, actividade que favorece a concentración, a relaxación e a atención sostida. Estas tarefas contribuíron ao mantemento das capacidades cognitivas, especialmente a memoria, a atención, o cálculo e o razoamento lóxico-matemático, ao mesmo tempo que se fomentaba a tranquilidade e o benestar emocional.

4. Creación do libro do trimestre e festa de fin de trimestre

Na última semana do mes realizamos a creación do libro do trimestre, no que recollemos todas as actividades realizadas durante estes meses. Ordenamos os traballos por datas, colocamos as portadas de cada mes e organizamos todo o material.
 Finalmente, cosimos as páxinas cun fío para crear o noso libro trimestral, actividade que permitiu traballar a organización, a planificación, a motricidade fina e a valoración do traballo realizado.
 Para rematar o trimestre, celebramos unha pequena festa de fin de trimestre, compartindo un momento de convivencia e despedindo esta etapa antes das vacacións de Semana Santa, fomentando a socialización, o benestar emocional e o sentimento de grupo.