LECER SEMANA SANTA O PINO
Esta Semana Santa os nenos e nenas de O Pino convertéronse en grandes científicos e científicas levando a cabo unha serie de experimentos que non deixaron indiferente a ninguén.
Así, non podemos deixar de salientar a cara de sorpresa da cativada co experimento “cores que escapan”, a ilusión por participar na “espuma de cores” ou a intriga fronte “debuxos que perden as súas cores”.
Igualmente quixemos buscar un lado máis práctico e realizar experimentos relacionados coa vida cotiá comparando a forza de flotación entre unha mandarina con monda e outra sen ela ou un ovo en auga doce e outro en auga salgada. Aínda que sen dúbida, neste ámbito o experimento estrella foi o “tornado embotellado”.
Para despedir o noso recuncho das ciencias levamos a cabo “cores efervescentes” que quedaron ben vistosas, as cales podedes observar na nosa galería.
Con motivo do luns de pascua realizamos unha busca do tesouro con diferentes códigos que nos guiaban a unha morea de ovos de chocolate.
Sen embargo, non nos faltou tempo para disfrutar realizando xogos como a bomba, o pañuelito, a seta, a bóla loca… e gozar do xogo libre.
Agardamos que sexa moi levadeira a volta á rutina!
Vémonos pronto.