Datas Conmemorativas
Ao longo do ano conmemóranse todo tipo de eventos e celebracións.
Hai datas que poden ser moi importantes para todos nós, segundo o noso interese e que ás veces por descoñecemento deixamos pasar.
Na lista inclúense datas oficiais, tradicionais e algunhas festividades cristiás.
Cada vez hai máis días internacionais, mundiais, nacionais e ata locais que enchen o noso calendario, e moitos nos preguntamos para que serven os Días Internacionais, mundiais, nacionais e locais? por que hai tantos?
A resposta unhas veces dáa a ONU, o Goberno, os concellos nas súas resolucións ao proclamar un día, e outras respostas danas a cultura popular dunha zona, a xente, as asociacións, os colectivos, as agrupacións de xente e cada vez máis as redes sociais.
A finalidade destes días é moi variada, desde lúdicas, ata reivindicativas.
Resumimos estas finalidades:
- Sensibilizar, concienciar ou chamar a atención sobre problemas ou situacións
- Para honrar aos protagonistas dalgún acontecemento
- Lembrar a historia, evitar extincións
- Para conseguir recursos
- Para celebrar acontecementos lúdicos
- Como medida para espertar interese
Resumindo, búscase concienciar, propoñer solucións, sensibilizar, e aumentar a colaboración entre pobos e persoas, celebrar eventos, realizar actividades