Madrugadorxs Os Ánxeles
INVASIÓN DE DRAGÓNS
Na última semana do mes de abril, polo servizo de MADRUGADORXS da EEI OS ANXELES en BRIÓN, tivemos unha invasión de DRAGÓNS pola fiestra do comedor como podemos observar na imaxe, xa que a rapazada que asistiron eses días realizou unha manualidade de colorear un dragón colo eles/as quixeran, para despois recortar e pegarlle un corpo de acordeón cun folio da súa cor favorita. Foi todo un éxito, xa que todos os nenos e todas as nenas marchaban contentos con el para desfrutar deste fin de semana largo do primeiro de maio.
23 A.: DÍA DO LIBRO!
O 23 de abril celebrase o DÍA DO LIBRO, e por iso no servizo de MADRUGADORXS da EEI OS ÁNXELES – BRIÓN, reutilízamos cartóns de caixas de cereais ou galletas para facer marcapáxinas co nome de cada nena/o para que o colorearan libremente como eles quixeron e o usen nos seus contos e libros preferidos.
FLORES DE PRIMAVERA EN 3D
Continuamos unha semana mais no servizo de MADRUGADORXS da EEI OS ANXELES de BRIÓN, aproveitando rolos de papel para realizar unha figura dunha flor para que os nenos e nenas que asistiron o servizo a coloren libremente como eles a queiran e observemos si se aguanta sin apollala na parede grazas a ser unha figura en 3D.
COMEZANDO O 3º TRIMESTRE
Xa estamos de volta polo servizo de MADRUGADORXS da EEI OS ANXELES – BRIÓN, comezando o 3º e último trimestre deste curso coloreando folios de cores e comentando un pouco do que realizamos nestas vacacións de Semana Santa cun tempo solleiro e onde moitos dos nosos nenos e nenas aproveitaron para ir a pisar a área das praias.
OVO MULTICOLOR!
Rematamos o mes de marzo, antes de irnos de VACACIÓNS de SEMANA SANTA, no servizo de MADRUGADORXS da EEI OS ANXELES – BRIÓN, realizando en cartolina branca uns OVOS MULTICOLOR pintados con papel de pinocho mollados en auga con resultados tan molóns como se pode observar na imaxe. Asi que vamos tomar un breve descanso e vémonos en abril con moita enerxía renovada para acabar este terceiro trimestre antes do verán.
CREANDO PRISMATICOS
Xa estamos en PRIMAVERA, e no servizo de MADRUGADORXS da EEI OS ANXELES – BRIÓN, quixemos realizar uns prismáticos reutilizando rolos de papel de baño para que as nenas e os nenos observen aos insectos que saen nesta estación do ano, ademais que cada un os customizaron libremente como eles/elas quixeron como se pode observar na imaxe axuntada.
MARACAS COLORIDAS
Unha nova semana polo servizo de MADRUGADORXS da EEI OS ANXELES – BRIÓN, onde reutilízamos unhas botellas de auga pequenas para votar nelas o arroz que coloreamos con colorante alimentario a principios da semana para a nosa maraca. Despois de que cada nena e neno tiveran o seu instrumento, desfrutamos de un gran concerto.
8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Comezamos marzo polo servizo de MADRUGADORXS da EEI OS ANXELES – BRIÓN, realizando un cartel conxunto onde cada nena e cada neno pintarías con esponxas e tempera lila o símbolo da muller. Mentres realizaban a manualidade explicámoslle que o domingo 8 de marzo era o DÍA DA MULLER, e que por iso estábamos a realizar ese cartel conxuntamente, onde o acabar, cada artista sacou una foto individual con cartel.
ROLLAS QUE SE CONVERTERON EN CHAVEIROS
Acabando febreiro, polo servizo de MADRUGADORXS da EEI OS ANXELES – BRIÓN, convertemos rolla de botellas de viño en chaveiros onde cada neno e nena o personalizou como el ou ela quixo para despois colgalo na súa mochila. Ademais, acabamos a semana realizándolle un a cada mestre/a da escola como agasallo dos nenos e nenas que asisten ao servizo de madrugadores.
23F: UNHA FLOR PARA ROSALIA
Na xornada do luns 23 de febreiro, no servizo de MADRUGADORXS da EEI OS ANXELES – BRIÓN, realizamos una flor moi especial polo DÍA DE ROSALIA DE CASTRO. Estivemos quitando os petalos e as follas para despois poñer papel transparente de cores para ver a través da nosa flor a obras que a autora nos deixou. Ademais, estivemos falando dela, xa que no noso concello deixou o gran poema de CAMPAS DE BASTAVALES.
VIVA O ENTROIDO!
Menuda semana que tivemos polo servizo de MADRUGADORXS da EEI OS ANXELES – BRIÓN, onde tivemos que obedecer os mandadiños de Wally, onde nos mandou ir en pixama, si coa roupa do revés, con algo na cabeza, ca cara pintada e para acabar a semana disfrazados, e como non, nos capturamos unha foto cada día dos asistente do servizo de como se achegaban a escola.
Ademais, por esta celebración, realizamos o noso propio anteface o estilo “mascara de Venecia” co seu pau onde cada neno e nena escollía a cor del para decoralo libremente como a el/a lle gustara.
FABRICANDO XOGUETES
Na primeira semana de febreiro, no servizo de MADRUGADORXS da EEI OS ANXELES – BRIÓN, realizamos un xoguete con material de refugallo (botellas e xornais).
Recortando unha botella a metade, e co xornal realizando unha bola, onde uniamos ambas as dúas pezas cun fío para poder encestar. Despois decoramos libremente con gomets de distintas cores e figuras como podemos observar na imaxe.
Foi unha actividade moi positiva con moita participación no montaxe do xoguete e despois dándolle o seu debido uso.
30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
Na última semana do primeiro mes do ano, no servizo de MADRUGADORXS da EEI OS ANXELES – BRIÓN, acabamos a semana realizando un colar para conmemórao o DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA, onde cada neno e nena que asistía nesa maña o servizo coloreaba libremente o símbolo que despois levaría colgado no peito.
TRES EN RAIA
Na pasada semana, polo servizo de MADRUGADORXS da EEI OS ANXELES – BRIÓN, cada neno e nena realizou o seu propio taboleiro reciclando cartón para xogar a un gran xogo que é o TRES EN RAIA. As fichas, realizáronse pegando gomets en rollas recortados que reutilízamos das botellas de vidro.
Moitos aprenderon a xogar alí o largo da semana, onde tamén fixemos un taboleiro coas fichas para deixalo alí e xogar cando nos apeteza, pero a maioría levouno para a casa para xogar cos seus familiares, que nos chibaron que foi un éxito que pasaron estas tardes de choiva entretidos xogando o TRES EN RAIA realizado en MADRUGADORXS.
PINTAR E COLOREAR
Pois xa estamos de volta no servizo de MADRUGADORXS da EEI DOS ANXELES – BRIÓN coas nosas actividades rutineiras de pintar e colorear, onde eses papeis acaban sendo avións, barcos cans, gatos ou ras. Tamén aproveitamos para poñernos ao día do que realizamos nestes días finais do ano e como comezas o novo, ademais de falar do que queremos facer este trimestre.
BOAS FESTAS!
Na última semana de curso no ano 2025, no servizo de MADRUGADORXS da EEI OS ANXELES – BRIÓN, fixemos moitas cousas como o calendario de advento nos mandou: adiviñar unha adiviñanza, cantar novamente panxoliñas, dar abrazos entre nos, e ata crear ao noso amigo RODOLFO o RENO con material de refugallo. Ademais acabamos a semana escribindo as nosas cartas as súas maxestades reais para o vindeiro ano 2026, que xa nos vemos nel porque agora toca irnos de vacacións e desfrutar destas festas cos nosos seres queridos.
BOLAS DE NADAL
Nesta semana mais cortiña polo ponte de decembro, realizamos no servizo de MADRUGADORXS da EEI OS ANXELES – BRIÓN, unhas bolas de nadal reutilizando uns CDS onde plasmamos a silueta da man de cada neno/a e despois coloreárona con rotuladores das cores que eles quixeron e colocándolle as monitoras a mensaxe de “BO NADAL”. Ademais estivemos a xogar a xogos de emparellar animais ou alimentos, escoitamos e cantamos distintas panxoliñas e incluímos felicitar os aniversarios da semana, xa que nos mandou o calendario de advento.
CALENDARIO DE ADVENTO!
Xa estamos en decembro, onde xa estamos facendo a conta atrás para a chegada do NADAL, por iso, no servizo de MADRUGADORXS da EEI OS ANXELES – BRIÓN, cada neno e nena levanta o papeliño correspondente do CALENDARIO DE ADVENTO de cada día para ver que hai que realizar esa maña xunto os seus compañeiras/os. Nesta semana que rematamos estivemos realizando actividades como chocar as 5 entre nos, cantar panxoliñas, colorear debuxos do nadal, xogo de adiviñanzas e ioga. Continuamos para a semana, seguindo levantando papeliños do noso calendario cada día para ver que temos que realizar ata que nos vaiamos de vacacións de nadal.
25N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO
Na última semana de novembro, realizamos no servizo MADRUGADORXS da EEI OS ANXELES – BRIÓN un mural coas nosas huellas das mans facendo un lazo para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO.
20N: DÍA MUNDIAL DA INFANCIA
O pasado xoves 20 de novembro, foi o DÍA MUNDIAL DA INFANCIA, por iso os nenos e nenas que asistiron o servizo de MADRUGADORES da EEI OS ANXELES – BRIÓN, durante esa mañan personalizou libremente coloreando o seu cartel conmemorando os dereitos que eles e elas teñen. Ademais, nesta semana realizamos as nosas tarefas colidíanas, como colorear, observar contos, xogar cos seus compañeirxs a xogos de emparellar, e acabamos a semana realizando YOGA, que será asi cada venres xa que tivo moito éxito e a rapazada pediunos repetir.
YOGA
A semana pasada, o venres, no servizo de MADRUGADORXS da EEI OS ANXELES – BRIÓN, rematamos facendo una sesión de YOGA, cos nenos e nenas que ese dia madrugaron para que comezara o fin de semana mais relaxados. Estiramos brazos, pernas, fixemos posición de distintos animais, e axudámonos entre nos.
XOGANDO A QUE VIAXAMOS
Unha semana mais, polo servizo de MADRUGADORXS da EEI OS ANXELES – BRIÓN, estivemos a realizar as nosas actividades diarias de colorear debuxos relacionados co magosto, mirar contos e falar entre nos, ata se nos ocorreu montar un autobús-tren onde cada un de nos viaxabamos nel cos nosos compañeir@s a onde quixéramos, si a escola, si a piscina, si a casa, si ao pobo do lado, etc.
BOOOH!!!
Xa celebramos o SAMAIN polo servizo de MADRUGADORXS da EEI OS ANXELES en BRIÓN, realizando nesta pasada semana diferentes actividades como por exemplo coloreando personaxes destas datas, realizando fantasmas para xogar entre nos e acabando disfrazándonos e dándonos sustos co resto de compañeir@s.
EMPARELLANDO
Polo servizo de MADRUGADORES da EEI OS ANXELES – BRIÓN, nesta semana dedicamos a realizar xogos de emparellar e memorizar onde nos quedaban para xuntalos coa sua parella. Ademais de realizar as nosas actividades rutineiras de colorear, realizar papiroloxía e ata observar contos que algún que outro o contamos en voz alta.
ESTAMOS DE VOLTA!
Despois de un longo verán con moi bo tempo e días tan solleiros, xa estamos de volta polo servizo de MADRUGADORES da EEI OS ANXELES, e o primeiro que realizamos, a parte de contar todo o que fixemos estes meses de vacacións, foi colorear folios para realizar figuras de papiroloxía como barcos, avións ou ras, onde acabamos observando como saltaban estas como podemos ver na fotografía.

























