Concilia Padrón
DERRADEIRA SEMANA EN PADRÓN
Chegamos á derradeira semana da segunda quenda do concilia verán de Padrón.
Foron uns días máxicos nos que xogamos, rimos e disfrutamos da mellor das maneiras, rodeados de amigas e amigos! Ademais, esta semana non só subimos ata o Santiaguiño, senón que achegámonos ata a biblioteca e ata coñecimos a Rosalía de Castro!
A falta de pórlle o broche final a este programa, só temos palabras de agradecemento para toda esta cativada. Sen vós este campa non sería posible.
Mañá será un día de despedidas, pero non diremos adeus, diremos ata pronto e vémonos polas rúas de Padrón!
CONTINUAMOS O CONCILIA EN PADRÓN
Bo día de novo a todas as familias do Concilia Verán de Padrón.
Xa estamos de cheo coas actividades da segunda quenda que comezou o pasado venres.
Durante estes días, fixemos novos amigos e amigas realizando diferentes xogos de presentación. Agora xa podemos dicir que somos unha piña!
A verdade é que non paramos de xogar e de facer visitas e actividades. Nesta semana estivemos no Espolón, no parque, no xardín botánico e ata chegamos ao Santiaguiño onde fixemos un montón de xogos.
Tamén traballamos as emocións, a resolución de conflitos, as cualidades de cada un de nós dun xeito ameno e activo, onde cada participante ofreceu o seu punto de vista sobre os temas a tratar.
En definitiva, unha semana que marchou voando e da que disfrutamos un montón. Agora imos a pola última semana!!
REMATAMOS A PRIMEIRA QUENDA EN PADRÓN.
Parece mentira que xa rematase a primeira quenda do concilia en Padrón. O tempo pasou voando pero as lembranzas quedarán para sempre!
Tras unha semana de moita, moita calor, dicimos adeus con moita mágoa ás amizades creadas nestes días.
Nesta última semana, tivemos que cambiar un pouco a rutina habitual do campa para poder estar fresquiños e fresquiñas, así que decidimos mollarnos coma pitos no parque de Padrón gracias ás batallas de globos de auga. Tamén desfrutamos das sombras do xardín botánico e do Espolón, e aproveitamos para sacar o noso lado máis creativo debuxando, creando avións de papeis, comecocos, monicreques e moito máis. Todo isto acompañado de moitas risas e moita diversión.
Ademais, para darlle a despedida que se merecía o remate da primeira quenda, as nosas pequenas e pequenos demostráronos o seu gran talento nunha actuación final, onde puidemos desfrutar de bailes, exhibicións de parkour ou de fútbol, a actuación dun pequeno mimo que nos deixou coa boca aberta e ata tivemos a sorte de festexar un cumpreanos!
E despois desta gran actuación tocou o momento de dicir adeus aos compis que xa non voltan o vindeiro día. Houbo grandes apertas e algunha cara tristona, pero mereceu a pena ternos coñecido e desfrutado como cativos!
Botarémosvos de menos, vémonos polas rúas de Padrón.
DÁMOSVOS A BENVIDA AO CONCILIA VERÁN PADRÓN.
Comeza o verán e comeza a diversión para as máis pequenas e pequenos da casa.
Dende o 1 de xullo, poñemos á vosa disposición este servizo de conciliación no que realizaremos unha gran variedade de xogos e actividades, faremos novas amizades e desfrutaremos do ocio e do tempo libre.
Para que non perdades ocasión de coñecer o que favemos, enviarémosvos noticias e subiremos fotos tanto á nosa páxina de Facebook como na páxina web sifservicios.com
Neste días, pasearemos polas rúas de Padrón, faremos visitas á biblioteca, ao xardín botánico, recorreremos o paseo do Espolón… pero tamén realizaremos actividades máis concretas, como a realizada este martes, 5 de xullo.
Tivemos a gran sorte de participar no obradoiro “Ti si que es un bo peixe”, no que aprendemos a importancia de comer este alimento dun xeito didáctico e lúdico.
O mércores 6, achegámosnos ata a biblioteca, onde nos recibiron coas mans abertas para contar contos, debuxar e coñecer o seu funcionamento.
Tamén disfrutamos do belísimo xardín botánico dun xeito diferente gracias a Alberto, quen, o xoves 8, ofreceunos unha guía didáctica por todo o xardín. Aprendemos un montón! Ademais, gracias ás sombras das diferentes árbores e prantas, puidemos realizar xogos e cantar cancións neste espazo tan fermoso. Que ben o pasamos!