Cuntilín Verán

REMATOU O CUNTILÍN VERÁN

E sen darnos conta, rematou o Cuntilín de verán! Como sempre, tivemos un verán cargado de actividades, xogos, saídas, festas temáticas, de auga e un longo etc.  Ademais, este verán o tempo acompañou, polo que aproveitamos ao máximo o exterior.

Esta última semana rematamos coa tan esperada xincana de vehículos, actividade que esperan con ansia todo ano, xa que poden traer os seus vehículos de rodas. Tivemos unha charla de educación vial e logo circuítos para poñer en práctica o aprendido. Iso si, coas proteccións necesarias obrigatorias.  Pero non só iso, realizamos a saída semanal ao parque do Concello para realizar xogos grupais, como carreiras de obstáculos por equipos, de probas, etc. Ou a festa final, que incluía disfraces para quen quixera, música, baile e unha merendola para todos e todas.

Queremos rematar dicindo que  foi un pracer estar aquí un verán máis coas nenas e nenos de Cuntis. Facendo destas datas estivais o máis especiais posibles.

Pero como sabedes, o Cuntilín non remata coa chegada do curso! Só cambiamos de horario!

Gracias por todo!


GRAN XOGO POLO POBO

Esta semana no Cuntilín saímos polo pobo a facer un Gran xogo. Por equipos, tivemos que ir pasando diferentes probas, como por exemplo:

  • Quitar unha foto a unha señora con gorro.
  • Facer unha “torre humana” con un parque de fondo.
  • Atopar un pato nadando nun río.
  • Atopar a alguén que nos cante unha canción noutro idioma.
  • Quitar unha foto co alcalde…

Para que quedase constancia de haber superado as probas, había que quitar fotos ou grabar un vídeo.  Ao rematar, xuntámonos todos os equipos nun punto de encontro e comprobamos que todas estiveran superadas. A verdade e que pasamos moi ben, foi unha mañá moi entretida!

Iso si, podemos dicir que con esta calor, non hai patos nadando no río!

Como sempre, tamén tivemos a festa da auga semanal, festa de disfraces, con desfile e premio incluído, obradoiro creativo onde elaboramos unhas peonzas con materiais de reciclaxe…

A partir do 14 descansaremos uns días que veñen as festas!

Ata a volta!


FESTA DE DISCOTECA!

Moi boas dende o Cuntilín!

Esta última semana de xullo pasámolo xenial! Entre a saída polo pobo, a festa da auga e a festa de discoteca, non paramos!

Aínda que esas foron as actividades máis esperadas, non nos esquecemos de seguir traballando cousas tan importantes como os obradoiros de igualdade, onde levamos a cabo diferentres xogos de sensibilización. Tamén houbo tempo para xogos dinámicos, como o “comecocos humano”, “vasos conectados” ou “toma a folla”.

Pero como dixemos ao principio, as actividades máis esperadas foron  a festa da auga, na que realizamos xogos, empregamos pistolas e mollamonos coa mangueira, etc. A saída foi un roteiro polas aldeas de Cuntis, ata chegar ao parque, onde merendamos.

Rematamos o venres con unha festa de discoteca. Viñeron disfrazados e disfrazadas, puxemos unha bóla de luces de discoteca e fartámonos de bailar.

Para a semana máis!

Un saúdo!


 PINTAMOS VENTÁS!

Moi boas dende o Cuntilín!

Esta semana ainda que foi curta, fixemos moitas cousas. Eso sí, as que máis nos gustaron foron a saída pola vila, xa que paramos a merendar á sombra das árbores do río e rematamos xogando no parque.  O obradoiro de pintura creativa, que consistiu en pintar as ventás do ximnasio con diferentes formas e cores, e a festa da auga que realizamos o último día. Con pistolas, mangueira, cubos e moita, moita auga.

Como sempre, non nos esquecemos de coidar o invernadoiro do colexio, recollendo todo o que nos está dando nestas datas (xudías, tomates, amorodos…). Diferentes xogos grupais como foron “pasar a percha”, “o cempés” ou “o dragón”.

Para a semana máis!

Un saúdo!


SAÍDA AOS ALBARIÑOS

Estos días o Cuntilín participou nunha actividade do concello moi interesante, dentro da iniciativa “Cultura verde”. Coñecemos máis sobre a historia local con Fran Ameixeiras e sobre a fauna e a flora con Xosé Ramón Reigada. De camiño aos Albariños fomos escoitando e identificando as diferentes especies de paxaros que temos na contorna; xa alí realizamos xogos como o labirinto, vimos como facían lume na antigüidade, como cazaban, etc. Foi unha actividade educativa e lúdica na que o pasamos moi ben aprendendo e desfrutando da paisaxe.

Por outro lado, no Cuntilín tivemos a primeira festa da auga deste verán, na cal nos  refrescamos con diferentes xogos, como novidade engadimos un tobogán de auga caseiro, que tivo moito éxito entre a cativada.

Entre outras actividades a destacar desta semana foron: un obradoiro de igualdade, que levaba por nome: “Posicionámosnos na igualdade”, unha sesión de relaxación e diferentes xogos como: o espello, cruzar o río, atrapar a bandeira, maremoto, carreiras de relevos…

Ata a próxima…


SAÍDA A CASTROLANDÍN

No Cuntilín, empezamos con enerxía o mes de xullo cunha visita guiada ao castro de  Castrolandín da man de Sandra (da Fundación Terra Termarum); acompañounos   tamén a radio galega, que foi recollendo as nosas impresións. Ademais, alí asistimos a actuación encadrada dentro do Festival Atlántica: “Cabicivai”, de Pablísimo, quen nos deleitou cos seus contos.

Comezamos coa programación deste verán, sumerxíndonos no papel de detectives   e realizando unha búsqueda polo patio.

Outras actividades que levamos a cabo nestos días foron: o mural de Cuntilín verán, obradoiros creativos como uns vermes con elementos da natureza e uns monstros de cores. Tamén traballamos as emocións e escachamos a rir cun taller de risoterapia.

Non faltaron os xogos de presentación e diferentes xogos cooperativos no exterior.

Seguiremos compartindo con vós o que facemos cada semana.

Ata a próxima…


CUNTILÍN VERÁN

Benvidas e benvidos ao Cuntilín de verán! Aquí estamos un ano máis.

Este verán vén cargadiño de aventuras, xogos, festas, saídas… tanto é así, que xa comezamos a primeira semana con unha saída ata o parque.

A programación de este verán denomínase: “Exploradores do saber”, e con ela queremos que a rapazada sexa a protagonista descubrindo, manipulando, investigando, tendo en conta os seus intereses nas diferentes áreas do saber, como pode ser na natureza e no medio ambiente, na cultura, na música, etc. Ademais, como dixemos anteriormente, non deixaremos de lado as actividades propias destas datas estivais, principalmente todas aquelas que máis nos piden, como son xogos de auga.

Cada semana irémosvos informando…

Unha aperta!