Madrugadorxs O Pino

VOLTA Á RUTINA CHEA DE XOGOS, RISAS E UN NOVO DESAFÍO

Esta semana, pouco a pouco, a aula de madrugadores O Pino volveu á rutina. Tras días de descanso, empezamos retomando o ritmo con asembleas onde poñernos o día e reconectar como grupo.

Os madrugadores e madrugadoras disfrutaron dos xogos por recantos, explorando e creando. Pero un dos momentos estrela chegou en gran grupo, cos aros musicais: música, movemento e moita emoción que fixo que nadie quixera que acabara.

E como boche final, lanzamos un reto para a próxima semana… Agora a gran pregunta está no aire: serán capaces de supéralo?

A PASCUA CHEGA A NOSA CLASE!

En madrugadores O Pino adiantamos a Pascua decorando a aula con dita temática.

Comezamos adornando a porta cun gran cartel de “Feliz Pascua” elaborado polos madrugadores e madrugadoras, que dá a benvida a todos/as.

Tamén creamos unha bonita guirnalda de coelliños de cores que colga do teito, aportando un ambiente festivo e primaveral.

Por último, e como actividade estrela, fixemos unha manualidade moi especial: uns coelliños de Pascua feitos con botellas recicladas, decorados con pintura e detalles únicos que conteñen no seu interior uns doces oviños de chocolate.

Agora toca descansar e cargar as pilas para afrontar con enerxía o último trimestre. Vémonos á volta!

SEMANA CORTA, CREATIVIDADE INFINITA.

Aínda que a semana foi breve, os madrugadores e madrugadoras de O Pino demostraron que a creatividade non entende de tempo. A aula encheuse de cor cunha fermosa colección de animais: desde elefantes e xirafas ata coellos e cans.

As obras sorprenden pola súa orixinalidade, combinando estilos e cores nun mesmo debuxo.

O resultado foi unha gran galería (a cal as familias puideron visitar na aula de madrugadores) onde cada creación reflexa imaxinación, esforzo e moita creatividade.

CONECTAR PARA CONVIVIR

Coa finalidade de traballar a empatía, os madrugadores e madrugadoras de O Pino participaron en varias dinámicas pensadas para coñecerse mellor e valorarse máis uns aos outros.

Unha das dinámicas consistiu nun bingo con diferentes características que cada neno e nena debía atopar en compañeiros e compañeiras: alguén que lle guste o fútbol, quen ten unha mascota, quen teña a mesma materia favorita… Para completar o bingo, o alumnado tivo que preguntar, conversar e escoitarse.

Outra das dinámicas baseouse en recoñecer o bo de cada persoa. Cada neno e nena escribiu mensaxes positivos sobre os seus compañeiros e compañeiras. Creáronse deste xeito nubes de palabras individualizadas que reunían características como: amable, divertido, simpática, bo amigo… acompañadas de fermosos debuxos.

Máis alá do xogo, estas actividades axudaron a traballar valores como a escoita, o respeto e a cooperación. A través do diálogo e de palabras positivas, en madrugadores/as O Pino comprobamos que todas as persoas teñen algo especial que aportar e que coñecerse mellor tamén é unha forma de coidarse.

MEDRAMOS XUNTAS, FLORECEMOS LIBRES

Con motivo do Día Internacional da Muller (8M), na aula de madrugadores/as O Pino quixemos dedicar un momento para reflexionar, aprender e, sobre todo, agradecer a todas esas mulleres importantes que forman parte das nosas vidas.

Para iso realizamos varias actividades. Nunha delas cada madrugador/a debuxou nun papel a unha muller importante para el ou ela. A través dos seus debuxos, compartiron quen era esa persoa especial (mamás, tías, madriñas, amigas…) e explicaron o motivo polo que é tan importante nas súas vidas. Todos estes debuxos pódense ver nunha exposición baixo o lema “As mulleres da nosa vida” na aula de madrugadores/as.

Outra das actividades consistiu nunha manualidade na que cada neno/a creou a súa propia flor para conmemorar este día. Con papel de cor morado elaboraron flores que despois colocamos en pequenos maceteiros.

O resultado foi un pequeno xardín que nos recorda que, igual que estas flores, cando crecemos xuntos/as podemos construír un mundo máis libre e igualitario.

OLIMPIADAS DE INVERNO

A aula de madrugadores e madrugadoras O Pino transformouse nun estadio olímpico para celebrar as nosas particulares Olimpiadas anuais.

Entre as probas realizadas destacamos “A torre máis alta”, un reto de inxenio e estratexia na que cada grupo tivo que poñerse de acordo para construír a estrutura máis alta sin que se viñera abaixo. A concentración foi máxima… e os nervios tamén!

Outro dos momentos máis divertidos foi “A pesca de macarróns”, un xogo que puxo a proba a paciencia. Entre risas e miradas cómplices, os equipos idearon tácticas para conseguir o maior número de pezas no menor tempo posible.

Ambos equipos entregáronse ao máximo en cada actividade. Os resultados estiveron moi reñidos durante toda a semana, mantendo a emoción ata o final e recordándonos que, máis alá do marcador, o importante foi compartir, colaborar e desfrutar xuntas e xuntos.

Sen dúbida, foron unhas Olimpiadas inesquecibles que nos deixan claro unha mensaxe: cando o traballo en equipo é o motor, todos ganamos.

DESPEDIMOS O ENTROIDO ENTRE RISAS E NARICES VERMELLAS

Na aula de madrugadores/as O Pino puxémoslle o broche de ouro o Entroido cunha actividade que encheu a aula de creatividade.

Armados con vasos de plásticos, rotuladores de cores e moita imaxinación, cada madrugador e madrugadora converteu cada vaso nun simpático pallaso.

A pesar do curta que foi a semana, non faltou tempo para xogar, inventar historias e facer desfilar os nosos pallasos pola aula como si estivéramos no mesmísimo circo.

Así despedimos o Entroido: creando, compartindo e desfrutando xuntos.

ENTROIDO, RISAS E MOITO ARTE: UNHA SEMANA INOLVIDABLE!

Entre risas, cores e moita imaxinación, o Entroido chegou para romper a rutina e encher cada día de momentos especiais. Desde o primeiro mandato do meco, o ambiente transformouse nunha festa continua onde a creatividade e o compañerismo foron os grandes protagonistas.

Os mandatos do meco animáronnos a atrevernos con ideas orixinais e a vir cada día con propostas sorprendentes que arrancaron sorrisos desde a primeira hora.

O xoves vivimos un dos momentos máis esperados: o noso xa tradicional desfile de disfraces. O corredor converteuse nunha auténtica pasarela chea de personaxes incribles, música e aplausos. Cada madrugador/a mostrou o seu estilo con orgullo, demostrando que cando se mestura creatividade e diversión, o resultado sempre brilla.

Ademais, o longo da semana estivemos traballando con ilusión nunha canción e unha coreografía inspiradas na temática que este ano propuxo o centro educativo para o Entroido: …. Entre ensaios, risas e moito ritmo, fumos preparando cada detalle ata chegar a gran festa de disfraces do venres, onde todo o esforzo se transformou nunha actuación chea de enerxía e entusiasmo.

E así cerramos esta semana de Entroido que nos regalou momentos únicos, recordos cheos de purpurina e unha boa dosis de alegría compartida. Ata o próximo ano!

ARRANCAMOS MOTORES PARA O ENTROIDO EN MADRUGADORES O PINO

Esta semana demos o pistoletazo de saída a unha das épocas máis esperadas do ano: o Entroido! E fixémolo da mellor maneira posible, deixando voar a imaxinación e a creatividade de cada madrugador/a nun divertido taller de globos. Cada neno/a creou o seu propio globo entroideiro, decorándoo con debuxos cheos de cor, alegría e elementos típicos desta tradición. O resultado foi unha colección de globos únicos e orixinais que xa enchen os fogares de enerxía festiva.

Pero a semana tamén tivo un momento para a reflexión e a aprendizaxe compartida. Con motivo do Día Mundial contra o Cancro, dedicamos un tempo a escoitar un audiolibro que nos axudou a acercarnos, de forma respetuosa e adaptada, a unha realidade da que nos debemos facer conscientes. Foi un espazo para comprender, sentir e abordar a temática desde a empatía e o coidado colectivo.

E mentres tanto… seguimos quentando motores! Agora estamos inmersos/as nos preparativos para a próxima semana: a semana de Entroido! Disfraces, sorpresas e moita diversión espérannos para seguir celebrando xuntos.

A AULA DE MADRUGADORES/AS O PINO ÉNCHESE DE PAZ, VOCES E CORES

Tal e como compartíamos a semana pasada, esta semana conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz desde a escoita, a participación e a emoción compartida.

Ao longo destes días, o alumnado participou en diferentes asembleas, espazos de diálogo onde cada neno e nena expresou que significa para el/ela a paz. Desas conversacións naceu unha actividade moi especial: a creación da nosa árbore da paz, unha árbore chea de vida formada polas pegadas das mans de todos e todas.

En cada man, a cativada escribiu unha palabra que representaba a paz desde a súa mirada: respecto, amizade, amor, calma, axuda… Palabras pequenas pero cun significado enorme.

A música tamén foi protagonista. Cantamos a canción “Que canten los niños” de Juana, recitándoa en galego e deixándoa plasmada nun marcapáxinas/colgaportas moi especial.

Foi unha semana chea de reflexión e convivencia, onde aprendimos que a paz se constrúe cada día.

XOGOS, RISAS E EDUCACIÓN EN VALORES NA AULA DE MADRUGADORES O PINO

A aula de madrugadores e madrugadoras de O Pino encheuse de enerxía, imaxinación e moitas ganas de pasalo ben. Entre xogos, risas e momentos compartidos, os nenos e nenas desfrutaron das primeiras horas do día, amosando que madrugar tamén pode ser divertido.

Pero non todo foi saltar e xogar. Aproveitando o bo ambiente da aula e con motivo da conmemoración do Día Escolar da non Violencia e da Paz (30 de xaneiro) , comezamos a introducir na aula dito tema. A través dunha asemblea reflexionamos sobre a importancia de convivir, respetarnos e resolver conflitos con palabras e xestos amables. Deste xeito e debido a relevancia do tema que nos ocupa, a actividade da vindeira semana xirará en torno o mesmo.

CANDO OS DÍAS TAMÉN CONTAN HISTORIAS

Na aula de madrugadores e madrugadoras de O Pino entre charlas e risas, non faltou tempo para poñernos mans á obra coa elaboración dos nosos xa tradicionais calendarios, deseñados con agarimo e creatividade cada ano.

Este 2026, démoslle un toque único creando uns coloridos pompóns que conformaron o corpo dun paxariño que gardará dito calendario durante todos estes meses.

Pero non todo foi traballo, tamén realizamos diferentes xogos que nos fixeron pensar, fomentar a cooperación e, sobre todo, divertirnos.

Cerramos a semana coa enerxía renovada para todo o que vén. Seguimos creando, compartindo e crecendo xuntos!

A ÚLTIMA SEMANA DE PANCHITO CON NÓS

O remate deste primeiro trimestre foi moi especial (e un pouquiño agridulce), porque foi a última semana que compartimos con Panchito.

Coma sempre, despediuse o grande, agasallándonos momentos cheos  de creatividade, risas e moita maxia.

Xuntos creamos un cadro de Nadal. Viaxamos por historias e desexos navideños que colgamos en calcetíns creando un tendal de soños, e sacamos o noso lado máis larpeiro cun concurso de postres de Nadal que estivo para chuparse os dedos.

Ademais, chegou o buzón real e escribimos con ilusión as nosas cartas a Papá Noel.

Para despedirse, Panchito sorprendeunos cun escape room increíble e, como broche de ouro, deixounos un pequeno agasallo que gardaremos con moito agarimo.

Estamos tristes porque Panchito marchou, pero tamén agradecidos por todo o vivido. Xa estamos contando os días para volver a velo e seguir compartindo aventuras xuntos.

Agora toca facer unha pequena pausa e recargar pilas para volver con máis enerxía e ganas o próximo trimestre.

Desexámosvos unhas felices festas, cheas de descanso, risas e momentos bonitos, e un ano novo que veña cargado de soños, aprendizaxes e alegría.

Vémonos pronto!

UNHA SEMANA CORTA, PERO CON EMOCIÓNS XXL NA AULA DE MADRUGADORES

Aínda que esta semana foi máis breve do habitual, na aula de madrugadores e madrugadoras viviuse con toda a intensidade e a maxia das datas que se acercan. Panchito, sempre disposto a sorprender, preparou un menú de actividades tan orixinais como inolvidables.

A aventura comezou coa pecera humana, unha experiencia onde cada neno/a se sinteu como peixe na auga, explorando un espazo cheo de movemento, imaxinación e risas.

Despois chegaron os xogos de mesa navideños, que puxeron a proba a axilidade, a creatividade e o bo humor do alumnado. Entre eles, o xogo da oca foi o que máis furor causou, cada casilla converteuse nunha mini-celebración na que nadie quería perderse o turno.

Pero a sorpresa non acabou aí. Tamén disfrutaron das caixas misteriosas, cheas de obxectos escondidos que podían tocar, ulir e intuír. Activaron todos os sentidos para adiviñar que se ocultaba dentro, vivindo cada intento coma si fora un reto de aventura.

Para cerrar esta semana, Panchito organizou unha actividade especial en colaboración coas familias. O longo destes días cada familia escribirá o seu desexo para estas navidades nunha estrela, e entre todos crearán un gran ceo estrelado que iluminará a aula simbolizando a unión, os soños compartidos e a ilusión colectiva.

E así, pouco a pouco, isto vai chegando o seu fin.. pero non vos confiédes! Porque Panchito aínda ten moitas sorpresas gardadiñas antes de emprender a súa viaxe cara ao Polo Norte.

Que ninguén perda a ilusión: Panchito segue por aquí.. e aínda lle queda moita maxia por compartir.

PANCHITO ESTÁ DE VOLTA!

Esta semana, a aula de madrugadores e madrugadoras O Pino recibiu unha visita moi especial: chegou Panchito! E non veu só, apareceu co seu tradicional calendario de adviento cheo de sorpresas, actividades, xogos, sorrisas e moita moita maxia.

Desde a súa chegada, o ambiente encheuse de emoción. Xuntos, decoramos a aula con elementos navideños, pero a actividade estrela foi unha árbore caloraborativa que colocamos na porta da aula. Cada neno e nena engadiu o seu toque persoal, convertíndoa nunha árbore única e chea de creatividade.

Outra das actividades que nos mandou Panchito realizar foi un amigo invisible. Os madrugadores e madrugadoras usaron materiais da aula para deseñar agasallos orixinais e feitos con moito cariño. Entre eles había: colares, adornos para a árbore de nadal, pulseiras, bolsas… A imaxinación voou tan alta que ata Panchito quedou sorprendido con tanta creatividade!

Pero a diversión non acabou aí, tamén xogamos os bolos humanos, un xogo que nos fixo rir e disfrutar en equipo.

Para cerrar esta semana tan máxica, relaxámonos vendo un corto navideño, perfecto para seguir soñando con luces, estrelas e moitas aventuras.

En resumo, vivimos unha semana chea de ilusión e alegría. E isto só é o comezo de todo o que Panchito nos ten preparado!

25N: UN POUCO DE LUZ PARA ESPANTAR A ESCURIDADE… E PARA LEMBRAR QUE, XUNTOS, SEMPRE PODEMOS FACER BRILLAR O MUNDO UN POUCO MÁIS

Como motivo do 25N (Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller) e tendo en conta o tema que nos ocupa, esta semana a aula de madrugadores e madrugadoras tinguiuse dunha luz morada a través da realización de diferentes actividades relacionadas con este tema.

En primeiro lugar, levamos a cabo unha asemblea coa cativada para coñecer os seus coñecementos previos sobre esta temática. Despois de poñer en común as nosas ideas realizamos un obradoiro no que creamos uns candís coa finalidade de concienciar o alumnado da importancia deste tema no noso día a día. Así, todos xuntos chegamos a conclusión de que cada candil co 25N é unha pequena luz que acendemos xuntos para recordar que a violencia non debe ter lugar na nosa sociedade.

Por outro lado, os madrugadores e madrugadoras non para de preguntar pola chegada de Panchito. Chegará este a semana que ven?

DÍA MUNDIAL DA INFANCIA

Esta semana, en Madrugadores O Pino, celebramos o Día Mundial da Infancia, conmemorado o 20 de Novembro. Así, a cativada deu vida a unha estreliña feita con papeis de cores. Esta garda no seu interior unhas sementes que pronto agromarán e farán realidade a mensaxe que as acompaña: “Un neno/a pode converter calquera estrela nun desexo”.

Así mesmo, os madrugadores e madrugadoras fixéronnos chegar unhas cartas para envialas directas ao Polo Norte nas que reclaman a visita do elfo Panchito. Volverá este ano para contaxiarnos coa súa maxia?

UNS OURIZOS DE OUTONO MOI ORIXINAIS.

En madrugadores O Pino, esta semana quixemos dar unha nova vida as follas secas do outono. Para iso, elaboráronse uns orixinais e coloridos ourizos.

Gracias a esta actividade achegámonos a nosa contorna traendo a aula elementos naturais  propios desta época.

Por outro lado, tampouco faltou o tempo para xogar. Un dos xogos estrela desta semana foron os xogos de construción.

Estamos a traballar en novos proxectos cos que agardamos sorprendervos a vindeira semana.

XOGANDO, XOGANDO… OS DÍAS VAN PASANDO!

Despois dunha semana moi creativa, estes días sacamos o noso lado máis lúdico realizando diferentes xogos na aula de madrugadores/as que foron fonte de disfrute e diversión. O xogo estrela foi o datchball, que puxo a proba a capacidade de cooperación e traballo en equipo da cativada.

Así mesmo, numerosas historias chegaron a aula en forma de contacontos. Deste xeito, Rosita e o noso coelliño, protagonistas destes contos, fixéronnos vivir divertidas aventuras que quedan para o recordo.

Que sorpresas nos agardarán a vindeira semana?

UN SAMAÍN MOI TERRORÍFICO E LÚDICO

E co transcorrer dos días chegou unha das celebracións máis agardadas na aula de madrugadores do CPI Camiño de Santiago: o Samaín.

Para recibir estas datas como se merecen, elaboramos unhas lámpadas ben fermosas con forma de cabaza para que luzan ben terroríficas na decoración dos fogares da nosa cativada.

Así mesmo, para poñer broche de ouro a esta semana a aula de madrugadores converteuse nun terrorífico escenario no que celebramos unha gran festa. Nesta estiveron convidados: esqueletos, cabazas, vampiros e vampiresas, pantasmas… Non faltou a música e as ganas de pasalo ben.

E vós que dicides? Truco ou trato?

PISTOLETAZO DE SAÍDA EN O PINO A UN NOVO CURSO ESCOLAR

Tras un breve periodo de adaptación e poñernos o día con todas as aventuras do verán, comezamos este novo curso con moita ilusión e entusiasmo.

Estas primeiras semanas realizamos unha serie de xogos nos que se tivo en conta as peticións dos madrugadores e madrugadoras. Entre eses xogos destacamos as esquinas de cores, o teléfono escacharrado, o brilé…

Seguindo coas tradicións, aquí non perdemos as ganas de festa, por iso xa comezos a preparar a nosa particular celebración de Samaín. Concretamente, estamos a traballar nunha orixinal manualidade que vos mostraremos a vindeira semana.

Chegamos coas pilas moi cargadas, novas ideas e ganas.

Preparadas familias?