Madrugadorxs Pedrouzos

MARCHANDO UNHA DE ARROZ!!

No Madrugadorxs Pedrouzos estamos que non paramos. E diredes vós… que andará a argallar a cativada? Pois esta semana tocou Recuncho da Arte, no que o elemento principal foi o arroz. E nooo,non cociñamos unha paella!!,só o tinguimos e logo enredamos con el,creando diferentes formas, debuxos, persoaxes, paisaxes…

A verdade, foi unha actividade que causou sensación, tanto que seguiremos experimentando e poñendo a proba as nosas cualidades máis artísticas.

Estade moi atentos/as e non perdades a seguinte nova, que vos informaremos de todo.

Un saúdo familias!

8M A TRAVÉS DO XOGO

Boas a todos/as, amigos/as de Madrugadorxs Pedrouzos.

Como xa sabedes, o día 8 de Marzo é o Día Internacional da Muller, data na que se conmemora a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e o seu desenvolvemento íntegro como persoa a través da igualdade de xénero. É moi importante  transmitir o que isto significa a nosa cativada e dende logo un dos modos máis efectivos e amenos é mediante o xogo. De maneira que sen dubidalo  puxémonos mans a obra e con un elaborado dominó conseguimos traballar sobre un  exemplo desta igualdade a que nos referimos;e por qué en este dominó todas son mulleres?, pois porque queremos visibilizar que todas podemos desempeñar a profesión que nos guste, sen ningún tipo de limitación, estereotipo nin prexuízo; policía, bombeira, veterinaria, carteira, xuíza…

XA ESTÁ AQUÍ O ENTROIDO!!

E con el chegou a troula,a alegría e a diversión a Madrugadorxs Pedrouzos!

Coa nosa cativada recibimos estes días de descanso transformándonos en diferentes personaxes,moi orixinais,máis que graciosos e dende logo totalmente irrecoñecibles; ou acaso seríades vós capaces de adiviñar quen se atopa detrás destas simpáticas máscaras?

Disfrutade do Entroido familias!

E A TI, GÚSTACHE PESCAR?

Xa vedes que cómodos se atopan estes peixiños de cores no seu novo estanque de Madrugadorxs Pedrouzos. Os/as máis peques estiveron a poñelos ben elegantes con unha chea de cores,pero non se poden despistar nin un chisco estes coloridos animaliños,xa que pronto as canas e os cestos estarán listos e serán  atrapados nunha actividade tan divertida para a cativada como é a pesca,que ó mesmo tempo  lles axudará a mellorar a coordinación e a perfeccionar a motricidade fina.

Entón,cantos peixiños vos parece que conseguirán meter nas súas cestas os/as vosos/as peques?

RETOMANDO TRABALLO NA “FÁBRICA DE XOGOS” DE PEDROUZOS

Boas familias!

Despois das tan merecidas vacacións de Nadal,a cativada de Madrugadorxs Pedrouzos regresou con enerxías totalmente renovadas,non hai máis que ver como estiveron de atareados e atareadas na elaboración de novos xogos de mesa cos que poder enredar,de xeito que retomaron o seu traballo no recunchiño da súa “fábrica de xogos” e desta vez decidiron facer un singular dominó para todos/as.

A ver con que nos sorprenderán os próximos días…?

CHEGAN AS VACACIÓNS DE NADAL!!

Xa está aquí o Nadal, a época máis máxica para nenos e nenas, que reciben con moita ilusión e alegría; e dende Madrugadorxs Pedrouzos con toda esa ilusión e alegría queren desexarvos a vós, FAMILIAS, que pasedes moi boas festas e que teñades un próspero ano novo!!

Xa sabedes, seguide ollando por aquí as imaxes que nos quedan de recordo destes primeiros meses, que a volta das vacacións seguiremos con máis sorpresiñas…

NOVAS TÉCNICAS DE ARTE EN PEDROUZOS

Xa facía uns días que non visitabamos o noso “Recunchiño de Arte” en Pedrouzos, de xeito que desta volta foi a quenda para os/as máis peques de madrugadorxs. E vaia se experimentaron novas técnicas, xa que realmente se asombraron cando viron o que podían facer con uns simples garfos, uns animaliños ben simpáticos que vos presentamos dende aquí con moito gusto!

Ata a próxima familias!

NO 25N LANZAMOS UNHA MENSAXE CLARA E DIRECTA!

Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que ten lugar cada 25 de novembro,  a rapazada de madrugadorxs Pedrouzos estivo estes días decorando uns marcapáxinas que reflexan o seu parecer sobre calquera situación de violencia, a través dunha imaxe moi significativa e con nada máis que tres palabras que queren compartir con todos e todas vós: EDUCA, DENUNCIA E RECHAZA.

ADENTRÁMONOS NO MUNDO DA PAPIROFLEXIA!

Está claro que a rapazada de Madrugadorxs Pedrouzos atrévese con todo. Sen ir máis lonxe, esta semana metéronse de cheo no mundo da papiroflexia. Que mellor idea para gardar as fichas dos nosos xogos? Pois aquí poderedes ver o que conseguiron facer no grupo das/os maiores; poñendo a proba a súa paciencia e constancia e activando enormemente a concentración e atención foron quen de elaborar unhas caixiñas feitas de papel de cores, que ademais puideron ir montando en grupo, xa que vai feita en distintas pezas como un verdadeiro quebracabezas.

Non o dubidedes e votádelle un ollo!

E QUE VOS PARECE SE “ABRIMOS” UNHA FÁBRICA DE XOGOS?

Que hai de novo familias!

Pois retomando as últimas novas dende Madrugadorxs Pedrouzos, @s vos@s nen@s non van deixar de sorprendervos…xa que non só aparecerá un novo xogo se non que nin máis nin menos, ábrenvos as portas dunha auténtica fábrica de xogos na que tod@s van a participar, construíndo coas súas propias mans e usando sobre todo material de refugallo. Este días comezaron con xogos de mesa, elaborando uns tres en raia moi orixinais feitos con só cartón e tapóns ós que xa lle deron un bo uso.

Desta forma, ó mesmo tempo que nos  divertimos, seguimos a traballar aspectos tan importantes como o respecto polo medio ambiente, o traballo en equipo, fomentamos a imaxinación podendo personalizar totalmente o deseño do noso xogo, reducimos o consumismo…

Que, atrevédesvos nas vosas casas???

A DIVERTIRSE QUE TOCA!

Boas a tod@s de novo dende Madrugadorxs Pedrouzos!

E como resultou o reto que vos propuxemos a semana pasada? Alguén foi quen de adiviñar ó final en que andiveron tan ocupad@s  o grupo d@s máis peques? Pois xa o podedes ver nas últimas fotos destes días…. Sí, sí, aproveitando a ocasión do Samaín e desarrollando cualidades tan importantes como creatividade, imaxinación e traballo en equipo el@s mesm@s elaboraron un sinxelo xogo de encestar co que ahora o están a pasar en grande co resto do grupo de madrugadorxs.

Asique seguide a expectativa, xa que de seguro que algún outro novo xogo xurdirá….

E QUE ANDARÁN ARGALLANDO @S NEN@S EN MADRUGADORXS PEDROUZOS?

E todo un misterio o que andan a facer @s máis peques estes días no tempo de Madrugadorxs… Só se sabe que andan moi ataread@s con un pouquiño de pintura laranxa por aquí,outro pouquiño de negro por acolá,logo decorando unhas pelotiñas… A saber o que de todo isto lles pode saír! Polo de pronto vós non perdades de vista as imaxes que vos imos deixando e aventurádevos a ver se alguén adiviña o que será será.

UN RECUNCHO PARA A ARTE EN PEDROUZOS

Ola de novo a tod@s!

Como xa vos contábamos hai uns días, no Madrugadorxs Pedrouzos segue a ser un “bulebule” de actividades, debuxamos, pintamos, lemos, construímos… Pero non hai lugar para o cansancio, así que ademais de todo isto, esta semana demos por inaugurado o noso “Recunchiño de Arte”, no que o pasarán en grande artisteando. Vai ser un espazo no que nenos e nenas poderán desarrollar destrezas de aprendizaxe e fomentar a observación, a paciencia e a creatividade, practicando con diversas técnicas de pintura e modelaxe, usando distintos materiais e sobre todo deixando voar a súa imaxinación.

Así que seguide en contacto e non perdades detalle amig@s!

A TOPE CON NOVOS MADRUGÓNS EN PEDROUZOS!

Xa hai unhas semaniñas que demos comezo de novo cos madrugóns e en Madrugadorxs Pedrouzos é un non parar, nenos e nenas están a tope con actividades de pinta colorea, pasatempos e lecturas, entreténdose con diversos crebacabezas e xogos… E @s máis atrevid@s incluso enredan con tareas de papiroflexia, nas que xurde unha morea de orixinais avións de papel cos que dende logo non dubidan en divertirse as nosas e os nosos madrugadorxs.

Asique xa vedes, toca de novo madrugar pero no servizo de Madrugadorxs Pedrouzos, entre almorzos e diversión non hai lugar para o aburrimento!