O venres 11 de Abril impartíronse unhas xornadas polo 8M no C.P.I. Eusebio Lorenzo Baleirón en Dodro
Para os cursos de 1 e 2 de primaria dous contacontos «Rosa Caramelo» onde a mensaxe e a importancia de valorar as nenas e os nenos de igual maneira, non caendo en estereotipos.
E outro conto » Brancaneves e os 77 ananiños».
E para 3, 4, 5 e 6 de primaria unhas xornadas de corresponsabilidade.
Onte, xoves 4 de abril púxose final ás IV Xornada da Muller, «Con ollos de Muller. Legalidade e Realidade». Foron dúas tardes nas que se puxeron sobre a mesa moitos temas de actualidade e interese.
Ana Mª Rodríguez, como avogada do CIM de Mos abriu a xornada dando paso as participantes na mesa redonda. Foron importantes mulleres as que falaron, Marián Mouriño Terrazo, como presidenta do Real Club Celta de Vigo, como muller no deporte rei, Nidia Arévalo Gómez, alcaldesa de Mos, como muller nas Cortes, Paula Blasco Muela, fiscal, muller entre togas, Sonia Esperanza Rodríguez Boente, doctora USC Delegada Rector, muller no mundo universitario, todo moderado por a periodista da Radio Voz, Bibiana Villaverde.
No segundo día, moderado por Ana Mª Rodríguez, outras muller falaron do seu día a día no seu traballo e como poden axudar co seu servizo. Bibiana Villaverde, periodista, Natalia Feijoo, policía de protección UFAM (Unidades de Atención á Familia e Muller), Ana Riera Táboas, médico forense integrante UVFI (Unidade de Valoración Forense Integral) e do IMELGA (Instituto de Medicina Legal de Galicia), Sonia Calvo Tato, coordinada e asesora xurídica do Centro de Crise 24h de atención ás vítimas de violencia sexual.
As xornadas da muller foron espazos de reivindicación dos dereitos das mulleres.
GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE FORMARON PARTE DESTE EVENTO!
Un ano máis para cerrar as distintas actividades entorno ó 8M, día da muller, o Concello e CIM de Mos presenta ditas xornadas que teñen como tema central «Legalidade e Realidade».
Cerca dun centenar de persoas participan no acto durante as dúas tardes para escoitar e poñer sobre a mesa temas de actualidade e interese para profesionais que traballan no ámbito social ou para outras persoas que, simplemente estean interesadas na temática.
PROGRAMA das IV XORNADAS DA MULLER. «Con ollos de muller. Legalidade e Realidade»
MÉRCORES 2 DE ABRIL 17.00 horas Inauguración e presentación a cargo de Ana Mª Rodríguez (Avogada do CIM de Mos).
MESA REDONDA Marián Mouriño Terrazo. Presidenta do Real Clube Celta de Vigo. Muller no Deporte Rei.
Nidia Arévalo Gómez. Alcaldesa de Mos. Unha muller nas Cortes.
Paula Blasco Muela. Fiscal. Muller entre togas.
Sonia Esperanza Rodríguez Boente. Doctora USC Delegada Rector. Muller no mundo universitario.
Moderadora Bibiana Villaverde. Periodista Radio Voz.
XOVES 3 DE ABRIL 17.00 horas
MESA REDONDA Retos do periodismo fronte a violencia de xénero Bibiana Villaverde (Periodista).
Natalia Feijoo. Policía de protección UFAM (Unidades de Atención á Familia e Muller) de Vigo.
Ana Riera Táboas. Médico forense integrandte UVFI. Subdirección Territorial de Vigo. IMELGA (Instituto de Medicina Legal de Galicia).
Sonia Calvo Tato. Coordinadora e asesora xurídica do Centro de Crise 24 h de atención vítimas de violencia sexual de Vigo.
Moderadora Ana Mª Rodríguez. Avogada do CIM de Mos.
Pasou o 8M e moitos concellos quixeron poñer o seu graíño de area para seguir loitando polo Igualdade.
O Concello de O Pino, co alcalde á cabeza, fixo a lectura do manifesto e centrouse no comercio para esta campaña.
No Concello de Valga saíron á rúa cunha Andaina da Muller e para os mais pequenos, coa maga Leo Leiño disfrutaron da Maxia pola Igualdade.
En As Neves, visitáronse os diferentes coles para concienciar dende pequeniños con dinámicas e contacontos.
En Cuntis, a lectura do manifesto e o encontro interxeneracional dou inicio ás actividades que se están a celebrar acabando o sábado 15, na Casa do Médico cunha charla dirixida a adolescentes.
No Concello de Frades, ó igual que en outros concellos como o de Avión rematáronse as actividades con reparto de diferente material de merchandising.
Un ano máis, o Concello e o CIM de Mos celebra as «III Xornadas da Muller: Conciliación Familiar: realidade ou utopía» dentro da programación conmemorativa do 8M, Día Internacional da Muller.
Se queres participar só tes que inscribirte ou ben, descargando a ficha de inscrición que achegamos deseguido e enviandoa a xornadas.8m.mos@sifservicios.com ou ben de forma en liña cubrindo a ficha que atoparas no seguinte enlace: inscrición en liña
Os nenos en nenas do servizo de Madrugadores do Concello de Mesía, con motivo do 8 de Marzo, fixeron unha asemblea na que coñeceron de primeira man a historia deste gran dia da Muller.
Nel, nenos e nenas puxeron en común as distintas propostas para conmemoralo e como axudarían a que non houbera desigualdades entre homes e mulleres.
Para rematar dita asemblea, os nenos fixeron unha postal co lema de: “Todo o que se fai se non se ve é como se non se fixera” .
O Concello de O Pino quere celebrar, un ano máis, o día da muller, primeiro cunha Andaina pola igualdade e a lectura do manifesto institucional e despois coa axuda do comercio local promovendo a reflexión sobre a igualdade de xénero.
No Concello de Frades colocou, aproveitando días de feira, un Punto lila na Ponte Carreira e outro en Abellá. Tamén estará dispoñible na casa consistorial para calquera consulta ou información.
Con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, o Concello de Portas en colaboración co Colexio C.P.I. Domingo Fontán, realizou varias actividades dirixidas ao alumnado de infantil e de primaria durante esta semana.
Durante a tarde e hoxe e mañá levaranse a cabo, no Concello de Mos, unhas xornadas que levan por título “Xornadas MULLER E TRABALLO. Dereitos laborais, conciliación e corresponsabilidade no traballo”.
Ó longo destas dúas sesións intervirán varias profesionais da materia onde falarán de diferentes temas como os dereitos laborais, conciliación e corresponsabilidade, a carga mental, síndrome BURNOUT ou muller e discapacidade entre outros.