Campamento de Verán de Nigrán

POR TODO O ALTO

O campamento de Nigrán remata outro ano mais a súa andadura. E para iso o fixemos cun fin de festa que durou 2 dias …un circo e unha festa da espuma… Que mais se pode pedir

Iso si… Para o ano que ven mais e mellor.

IMOS PARA A PRAIA, QUENTA O SOL…

Que sorte e vivir en Nigrán jijijij, temos o mellor recurso do mundo :a Praia.

E como non, o campamento de Nigrán alugou un bus para que os mais activos puideran disfrutala. xogos e diversión asegurados. Que mais se pide pedir.

CAMIÑO DE SANTIAGO

Que sorte temos que por Nigrán pasa o Camiño de Santiago, concretamente o Camiño Portugués pola costa, e nos como bos peregrinos con credencial na man, e parando a selar por todos aqueles establecementos que estaban ao noso paso, fixemos un tramo e así conseguimos a nosa compostelana.

TODO SOBRE RODAS

Que dia mais marabilloso fai hoxe en Nigrán para practicar deportes ou disciplinas de rodas. Nos vos parece?

E estiveron aquí o club de Patinaxe de Nigrán, que mais se pode pedir.

O CONCELLO DE NIGRÁN PRETO DE NÓS.

Hoxe tivemos unha visita moi cálida e non foi precisamente polos 27 grados de temperatura senón porque estivo con nos o Señor alcalde do Concello de Nigrán Juan González Pérez…. todo foi risas e preguntas, un alcalde moi cercano e moi comprometido coas novas xeracións, Grazas alcalde polo teu tempo e o teu saber estar, grazas de corazón.