XOECON Campamento de Verán de Mesía
DECÍMOSLLE ADEUS AO MES DE AGOSTO E AO CAMPAMENTO DO VERÁN 2024!
Ao longo desta última semana de campamento, as nenas e os nenos, demostráronnos unha vez máis, a súas boas habilidades para as manualidades nos diferentes talleres que realizamos, dende unhas casiñas para os paxaros, ata un experimento con pintura que incha entre otras… ademais, os días que nos acompañou o bo tempo, puidemos darnos un último chapuzón na piscina, e tamén fixemos unha morea de xogos sen darnos tempo a aburrirnos, e así, nun abrir e pechar de ollos, xa nos despedimos de todos vos, gracias por acompañarnos un verán máis familias!
EMPEZAMOS COA ÚLTIMA QUENDA DE AGOSTO
Boas familias! Comeza unha nova semana no campa e, con ela, moitísimas aventuras!
Puidemos disfrutar da pisci e de moitos xogos divertidísimos! Ademais, realizamos unhas manualidades súper chulas para que os/as peques xoguen nas súas casas e disfruten do que queda do verán.
Ademais, esta semana tivemos sesión de cine e… Adiviñade… Comemos palomitas!! Por último, puidemos facer o noso propio “Got Talent” no campa para mostrar aos/ás nosos/nosas compis os nosos talentos!
Moitas grazas familias, ata a semana que vén!!!
UN AGOSTO DO MÁIS AVENTUREIRO!!
Durante esta quincena tivemos tempo a demostrar o noso talento nas manualidades: cousiñas con HamaBeads, diferentes animais con paus depresores, lapiceiros con material reciclado, broches con serpentinas, cuncas con pasta de moldear, galletas… Tamén fixemos unha pequena andaina por Visantoña, unha búsqueda do tesouro e manchámonos todo o que puidemos na xincana guarra. Fomos á piscina cando o tempo o permitiu e xogamos moito!
E así, nun chiscar de ollos, xa nos atopamos empezando a última quincena de agosto.
Moitas gracias a todas as familias que nos acompañastes nesta quenda!!
DESPEDIMOS O MES DE XULLO POR TODO O ALTO!
Remata o primeiro mes de campamento familias, e despedímolo con unha morea de actividades e algunha manualidade ao longo da semana, ademais, como o tempo nos acompañou, puidemos desfrutar duns bos chapuzóns na piscina e de algúns que outros xogos de auga.
Aínda que sen dúbida algunha, o día máis especiaal de toda a semana no campamento foi o día que rematou o mes de xullo. E porque??? Poiis…
Fixemos moitos xogos, tivemos un taller de cociña, saltamos un montón nas mega colchonetas que viñeron, e ata nos deu tempo a poñernos guapos/as antes de darnos o último baño na pisci deste mes.
E agora si, xa estamos listo e preparados para darlle a benvida a Agosto, un mes que estará repleto de sorpresas e novas aventuras que vos iremos contando ao longo das vindeiras semanas.
Deica pronto familias!
MÁIS XOGOS E SAÍDA
Ola de novo, familias!
A semana pasada comezámola repleta de aventuras no campa! Estes días puidemos desfrutar dunha visita Moooi especial… Moitas grazas á Casa Grande de Xanceda por acollernos sempre tan ben!
Xogamos a moitos xogos divertidísimos e tamén o tempo nos deixou desfrutar da pisci!! Ademais, fixemos unha súper camiseta acorde coa temática do campa. Recordades cal era? Si, os Xogos Olímpicos!
Por fin podemos desvelar o segredo da semana anterior… Por este motivo, e xa que estes comezan o día 26, realizamos unhas antorchas para poder facer, o venres, a cerimonia de apertura do acontecemento deportivo. A continuación fixemos unha xincana, foi súper divertido!
Pronto nos pasaremos por aquí para contarvos todo o que fixemos durante a semana! Ata a próxima, familias!!!
XOGANDO POLA CONTORNA
Boas familias!
Arrancamos a segunda quenda no campamento con moita enerxía e desexando que o sol nos acompañara para poder remollarnos un pouquiño. Por iso aproveitamos para gozar da piscina os días que o tempo o permitiu, para facer xogos de auga e para facer unha xincana por Xanceda, coñecendo os establecementos da zona: Durán, farmacia, bar Mosqueira e Faustino, centro médico, banco, concello… gracias aos traballadores e traballadoras destes lugares que colaboraron con nós para axudarnos a atopar o tesouro!!
Ah, e seguimos coa temática dos Xogos Olímpicos, así que andivemos facendo unhas antorchas… para que? Shhhh… Polo momento non podemos desvelar o segredo, pero… Xa vos iremos informando!
Ata a semana que vén!
UNHA SEMANA CHEA DE AVENTURAS
Comeza o verán e con el o Campamento Xoecon Mesía 2024. Nestas dúas primeiras semanas de campamento os nenos e nenas fixeron un montón de cousas divertidas.
Comezamos descubrindo a temática deste ano, “Os Xogos Olímpicos” e a canción e o baile que nos acompañara durante todo o campamento. Cada grupo coñeceu o país que representa e que é participa nos xogos olímpicos, e tamén as cousas máis representativas de cada un deles. Aproveitando isto, realizáronse varias manualidades que se recolleron nun caderno e tamén diferentes xogos e ximcanas. E ademais, tamén fomos a piscina os días que saíu o sol.
Estas dúas semanas pasámolo súper ben, que nos esperarán nas seguintes?