Ti imaxínalo, nós creámolo!!
Ti necesítalo, nós dámoscho!!
Somos unha empresa que:
Está especializada en diferentes áreas relacionadas co desenvolvemento cultural, lúdico-deportivo, social, lecer e tempo libre, educativo, económico e profesional.
Ten experiencia e formación acreditada no deseño, execución e avaliación de programas de coeducación, igualdade e prevención; en diversos ámbitos e con diferentes colectivos.
Realizamos actuacións enfocadas a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.
Executamos, tramitamos e xestionamos subvencións e axudas das diferentes administracións públicas e privadas.
Impartimos cursos de capacitación laboral.
Deseñamos e implementamos programacións formativas especializadas en función de colectivos e necesidades especificas.
Análizamos as necesidades organizativas e formativas no seo de asociacións, agrupacións, clubs, etc.
Organizamos e planificamos asistencia e atención de eventos.
Orientamos ao desenvolvemento educativo con oferta específica.
Fomentamos a participación e integración social das persoas maiores a través de proxectos e accións concretas que favorecen o envellecemento activo e o benestar social.