Igualdade
A Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, así como a erradicación de calquera forma de discriminación e/ou violencia, neste caso concreto da Violencia de Xénero; debe pasar a ser unha das prioridades das institucións público/privadas e de calquera tipo de organismo público.
Moitos son os feitos que poñen de manifesto unha maior sensibilidade ante esta problemática; pero sen dúbida é preciso seguir esforzándose en consolidar políticas con medidas destinadas á promoción da igualdade; mediante actuacións específicas que integren a dimensión e a perspectiva de xénero.
A empresa Servicios Integrales de Formación S.L., leva varios anos traballando nesta dirección; impulsando e ofrecendo a distintas entidades e organismos, todas aquelas actuacións, servizos e recursos precisos para iniciar e consolidar o proceso de implementación da transversalidade de xénero, en distintos lugares da xeografía galega.
A experiencia adquirida durante estes anos así como o coñecemento de ferramentas que favorecen a integración da dimensión de xénero nas decisións e actividades, son piares básicos para dar respostas eficaces e contextualizadas, adaptándose aos distintos contextos e realidades inmediatas.
A continuación, achégase unha relación de aquelas áreas nas que a empresa Servicios Integrales de Formación S.L. está a traballar coa filosofía de avanzar cara unha sociedade máis equitativa, xusta e democrática.
Proposta de actividades e servizos
Prevención, concienciación e sensibilización
Previr, que non é mais que a disposición que se fai de forma anticipada para minimizar un risco. Somos conscientes que unha boa prevención axuda na erradicación de moitos patróns culturais e valores asentados que promoven a desigualdade, polo que esta é unha área na que se debe incidir ao longo da vida; traballando de forma conxunta, ou separada, cos distintos grupos poboacionais.
A comprensión e interiorización de diversas habilidades e estratexias asentan as bases de igualdade e o empoderamento, indispensables para propulsar un cambio e transformación da realidade social.
Accións destacadas:
- Elaboración de Protocolos Municipais contra a Violencia de Xénero.
- Campañas escolares:
- Roles e estereotipos de Xénero.
- Concepto de tipos de Violencia de xénero.
- Contacontos en Igualdade.
- Sesións informativas e formativas, con diversos grupos poboacionais.
- Concepto e tipos de Violencia de Xénero.
- A importancia da coeducación.
- O papel da muller na historia.
- Campañas de sensibilización fronte á violencia sexual en espazos públicos.
- Punto lila.
- Actuacións reivindicativas en igualdade.
- Deseño e difusión de material informativo (dípticos, marcas, etc.) e merchandaxe.
Plans de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes.
Os Plans de Igualdade poden concibirse como un instrumento de traballo sendo, a curto prazo o marco de referencia para actuar sobre a realidade inmediata en materia de equidade.
Así, a súa finalidade baséase na introdución de todas aquelas medidas correctoras propostas, que permitan compensar as desigualdades de xénero e reducir todo tipo de discriminacións, tanto as que se producen directamente, como se manifestan de forma sutil, case imperceptible; pero que seguen a perpetuar manifestacións e estereotipos sexistas.
Accións destacadas:
- Elaboración e implementación de Plans de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes.
- Deseño e realización do diagnóstico.
- Concreción de necesidades.
- Definición das áreas estratéxicas.
- Deseño do sistema de avaliación.
- Concreción das liñas de difusión.
- Avaliación de Plans de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes.
- Metodoloxía e estrutura avaliativa.
- Seguimento e execución por área.
- Conclusións e futuras liñas de actuación.
Campañas e actos conmemorativos
A conmemoración de diversas datas, son momentos clave que deben ser vistos como unha oportunidade de visualizar e afondar en diversas problemáticas que se manifestan nas nosas comunidades, ao mesmo tempo que nos brindan a posibilidade de reivindicar e caer na conta da necesidade de camiñar cara unha sociedade máis xusta e igualitaria.
A programación de actividades en torno a estes días, serán a ferramenta precisa para espertar a conciencia social da poboación en xeral.
Accións destacadas:
- Conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, 25 de novembro.
- Sesións informativas e formativas.
- Campañas escolares.
- Actos reivindicativos.
- Conmemoración do Día Internacional da Muller, 8 de marzo.
- Homenaxes.
- Sesións informativas e formativas.
- Obradoiros.
- Oferta cultural específica.
- Campañas escolares.
Ocio Inclusivo
O ocio constitúe un dereito fundamental para calquera persoa. Os momentos de ocio e tempo libre son de especial importancia como factores relacionados co coidado da saúde e por tanto, coa prevención de riscos. Constituíndo ao mesmo tempo, unha forma de interacción e socialización.
As actividades deste bloque céntranse en proporcionar espazos de encontro que perseguen o impulso das relación interxeneracionais e inclusivas. Afianzando os vínculos afectivos, sendo unha base sólida para erradicación de calquera forma de discriminación, entre elas a Violencia de Xénero.
Accións destacadas:
- Contacontos en Igualdade.
- Representacións teatrais.
- Xornadas de respiro para mulleres.
- Monólogos.
- Saídas e excursións.
Formación para profesionais : intervención en violencia de xénero
INTERVENCIÓN PSICOSOCIAL PARA MULLERES VICTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO
Planes de Igualdade, Protocolos e Avaliacións.
Lavandeiras. Pioneiras en «Redes Saociais» Arbo 2023
Mostra do feito con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero – 2021
Mostra do feito con motivo do Día Internacional da Muller – 2021
Mostra do feito con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero – 2020
Audiovisuales anteriores