FINALIZOU A SEGUNDA AVALIACIÓN!!

Nas últimas semanas, os nenos e nenas do PREM de Muros puxeron en práctica todo o aprendido e mellorado a nivel educativo e académico para encarar este tramo final da metade do curso.

Traballamos arreo para facer fronte ás esixencias do calendario escolar no último tramo do mes e o balance da evolución do curso ata o momento, en liñas xerais, é moi positivo. Ademais, no PREM sempre temos tempo de diversión mediante xogos educativos en grupo, que axudan á motivación, á interacción e á solidariedade do grupo.

Agora temos uns días por diante de desconexión que aproveitaremos ó máximo para encarar o tramo final do curso con máis ganas, forza e seguridade ca nunca.