Campamento de Verán de Avión
ÚLTIMA SEMANA DE AGOSTO NO CAMPAMENTO DE AVIÓN
Esta ultima semana comezou cun dia de película onde vimos “Noche en el museo”, el martes xogamos en equipos a Atrapa a bandeira, o mércores foi día de xogos no pavillon, o xoves xogamos a pes quietos e fixemos manualidades.
O venres para rematar este gran mes fixemos unha festa de despedida con temática de premios, tivemos unha merendola, cantamos e bailamos, para despedir este gran verán cheo de risas e aventuras.
UNHA NOVA SEMANA NO CAMPAMENTO DE AVIÓN!
Nesta semana tivemos unha mañá de cine coa película Cars. Ademais, continuamos coa creatividade facendo un mural decorado coas máscaras da festa mexicana.
Tamén pasamos un día fantástico no río, con xogos na natureza, e fixemos unha camiñada por Avión para descubrir novos lugares.
Como broche, traballamos en equipo na creación dun mural de igualdade, no que cada neno e nena deixou a súa pegada e reflexión, transmitindo unha mensaxe de respecto e unión.
COMEZA AGOSTO NO CAMPAMENTO DE VERÁN DE AVIÓN!
Esta semana estivo chea de actividades creativas e momentos para compartir. O martes desfrutamos dunha mañá de cine coa película Alvin y las ardillas, que nos fixo rir e cantar.
O mércores puxémonos mans á obra facendo caretas para a festa mexicana que se celebraría o venres. O xoves, cada un deixou a súa marca no campamento pintando camisetas coas súas pegadas.
E para rematar a semana, o venres gozamos dunha refrescante mañá na piscina e visitamos á residencia, levando sorrisos e compañía aos nosos maiores.
ÚLTIMA SEMANA DE XULLO NO CAMPAMENTO!
Rematamos xullo ao grande! O luns recibimos a visita dun pallaso que nos fixo rir sen parar. O martes tivemos a visita do 112, onde puidemos montar nunha zodiaz, explorar por dentro os camións de bombeiros e ambulancias, tirarnos por unha tirolina e disparar cunha pistola de paintball. Para pechar o día, gozamos dunha divertida festa da espuma!
Durante a semana tamén fixemos xogos de auga, pasamos pola piscina para refrescarnos e rematamos xullo pola porta grande cunha festa de disfraces e unha merendola para compartir entre todos.
Unha semana inesquecible!
UNHA SEMANA MÁIS NO CAMPAMENTO DE VERÁN DE AVIÓN!
Nesta semana, continuamos vivindo grandes experiencias no campamento. A semana comezou coa creación dun mural cos nosos nomes. Tivemos un día na Praia Fluvial, gozando da auga e do bo tempo. Tamén visitamos o Concello, onde nos recibiu o Alcalde e aprendemos un pouco máis sobre como funciona o noso municipio.
Celebramos a Festa da Froita, comendo unha merenda saudable feita por nos mesmos, e como cada semana, visitamos a residencia para compartir conversacións cos nosos maiores. Para finalizar a xornada, gozamos dunha refrescante mañá de piscina.
ÚLTIMAS NOTICIAS DO CAMPAMENTO DE VERÁN EN AVIÓN!
Durante estas dúas últimas semanas, no campamento realizamos múltiples actividades. Practicamos fútbol, baloncesto e bádminton, xogamos con auga para refrescarnos e tivemos unha excursión á Praia Fluvial. Tamén tivemos tempo para relaxarnos vendo Los Minions e visitamos a residencia, ademais dunha entretida mañá na piscina.
Na última semana, xogamos ao hóckey, fixemos un paseo por Beresmo con algo de sendeirismo e volvemos á Praia Fluvial. O venres, regresamos á piscina e visitamos aos maiores en Alvetus.
ASÍ FOI A PRIMEIRA SEMANA DO CAMPAMENTO DE VERÁN EN AVIÓN!
Empezamos con moita enerxía. Pintamos os nosos nomes para identificar as nosas mochilas, xogamos ao “Uno” e ao “escondite”. Tamén vimos “Lilo e Stitch”, e despois cada un debuxou a Stitch ou a un monstro propio.
Xogamos ao fútbol, ao teléfono estragado e por último unha mini xincana.







