
Envellecemento Activo
O obxectivo principal é facer da vellez unha experiencia positiva.
Enténdese por “Envellecemento Activo” o proceso de optimización das oportunidades de saúde, participación e seguridade co fin de mellorar a calidade de vida a medida que as persoas envellecen” (OMS, 2002).
O Envellecemento Activo fomenta procesos de envellecemento social e persoalmente activos.
Esta actividade fai referencia a unha participación continua en todas as dimensións: sociais, económicas, culturais,… e non só á capacidade para estar fisicamente activo. O seu obxectivo radica en ampliar a esperanza de vida saudable e a calidade de vida mentres se envellece.
Esta concepción ha de tomarse en sentido amplo, pois non só implica o coidado da súa propia saúde, senón tamén a inserción participativa na sociedade. As actividades enmarcadas aquí deben fomentar a motivación, priorizando elementos singulares e significativos para cada persoa. Por esta razón, deben formularse en clave participativa, integral, flexible, de calidade, avaliable, sostible e innovadora.
O envellecemento activo é fundamental para tratar de alcanzar a de calidade de vida e significación no ciclo vital, polo que é aplicable a calquera estado de saúde e nivel de autonomía. A Organización Mundial da Saúde sinala que “para fomentar o envellecemento activo, é necesario que os sistemas sanitarios teñan unha perspectiva do ciclo vital completo e oriéntense á promoción da saúde, a prevención de enfermidades e o acceso equitativo tanto a unha atención primaria como a unha asistencia de longa duración de calidade”.
É necesario garantir a protección, dignidade e asistencia no caso de que xa non poidan manterse e protexerse. A seguridade é unha conquista tanto social como individual, algo que compete ás institucións e á persoa. Para lograr isto é necesario un traballo coordinado con medidas desde todos os sectores: sanitario, social, así como desde a educación, o emprego, a economía, etc.
SERVIZOS INTEGRAIS DE FORMACIÓN traballa desde sempre en proxectos que contribúen para unha mellorar a calidade de vida da xente maior, tanto a nivel cognitivo, emocional, de educación permanente e de lecer activo.
As nosas áreas de traballo fundamentalmente son:
- Adestramento cognitivo.
- Actividades interxeracionais.
- Educación emocional.
- Aprendizaxe permanente.
- Lecer activo.
- Voluntariado.
- O valor da experiencia.
- Cultura, deporte, viaxes…
- Celebracións, festas tradicións…