Entradas

REMATA O CAMPAMENTO DE NADAL DE ARBO.

Os nenos e nenas desfrutaron duns días cheos de ilusións e actividades: xogos,  xincanas, deportes e  manualidades propias da época do Nadal.  E os que quixeron puideron acompañas a S.M  Melchor na carroza da cabalgata dos reis. Pasárono xenial!!!.

SIF DESENVOLVERÁ PROGRAMAS LÚDICOS DE NADAL EN NOVE CONCELLOS GALEGOS

Con motivo das vacacións de Nadal, SIF poñerá en marcha unha nova edición dos seus programas lúdicos e educativos, dirixidos a nenos e nenas co obxectivo de ofrecer alternativas de lecer creativo e participativo durante estas datas tan sinaladas e especiais para a cativada.

As actividades levaranse a cabo nos concellos de Vilagarcía de Arousa, O Pino, Arbo, Avión, Mesía, Cuntis, Frades, Pontecesures, As Neves e Teo, para facilitar a conciliación familiar durante o período vacacional.

Durante este Nadal desenvolveranse catro programas lúdicos, adaptados a diferentes idades e realidades locais:

  • Exploradores do saber, unha proposta centrada na aprendizaxe a través do xogo, da curiosidade e da experimentación.
  • Desexos de Nadal, un programa de actividades creativas e dinámicas grupais que convida a reflexionar e compartir os valores propios do Nadal.
  • A viaxe das emocións, orientado ao desenvolvemento emocional, á expresión de sentimentos e á convivencia positiva.
  • Escape room: Salvemos o Nadal, unha actividade participativa e cooperativa na que as persoas participantes deberán resolver retos e enigmas para superar unha misión moi especial.

Todas as actividades estarán dinamizadas por monitores e monitoras cualificados, garantindo unha contorna segura, inclusiva e adaptada ás necesidades de cada grupo. Desde SIF apóstase por un modelo de lecer educativo que combine diversión, aprendizaxe e transmisión de valores como o respecto, a igualdade e o traballo en equipo.

Este Nadal, como en anos anteriores, SIF continúa apostando por un lecer que educa, conecta e crea comunidade.

PUNTO LILA NA FESTA DA LAMPREA

Este fin de semana Arbo celebrou a Festa da Lamprea onde estivo presente o Punto Lila. Un punto de información e asesoramento. Moita xente da contorna e de fora,  achegáronse a preguntar para saber que función tiñamos e quedaron contentos con saber que se pasase algo, estábamos alí.

O domingo tivemos taller de igualdade para nenas e nenos e repartimos contos de igualdade.

SAMAÍN EN ARBO

O 31 de outubro celebrouse no multiusos de Arbo o Samaín para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.

Unha festa onde os e as participantes puideron disfrutar do concurso de disfraces, DJ, túnel do terror e moitos xogos.

Saída de Nadal

Despois de uns días de diversión con numerosos xogos, tanto de mesa como deportivos; e talleres de Nadal, os nenos e nenas do campamento de Arbo xunto cos nenos e nenas que participaban nos talleres de Nadal do Concello das Neves foron de excursión o Belén de Valga e como remate final a nosa aventura de Nadal os nosos cativos foron os paxes das súas maxestades os RR. MM. De Oriente.

Programas de Conciliación de Nadal do 2023-2024

Os programas de Conciliación son un piar fundamental para todas as familias que por motivos laborais e/ou persoais precisan dun servizo de calidade onde deixar aos menores fora do período escolar. Pero ademais, teñen outra función, que é a de liberar ás mulleres das cargas familiares  (coidado dos fillos) que por tradición recae sobre elas principalmente, e que por desgracia na actualidade, segue pasando.

Por outra banda, o Nadal é unha das épocas favoritas das nenas e dos nenos, son días de ilusión, de celebracións, de achegarse ás familias….e por suposto, de vacacións, polo que os programas ou as actividades de conciliación son fundamentais para todas as familias.

Para as actividades do Nadal 2023-20234 dos Concellos de Arbo, Avión, Dodro, Cuntis, Mesía, Muros, Pontecesures e O Pino, SERVICIOS INTEGRALES DE FORMACIÓN (SIF), elaborou un proxecto lúdico-pedagóxico co nome “NADAL CON IMAXINACIÓN” un proxecto coas que as crianzas desfrutarán das vacacións do Nadal realizando  actividades lúdicas, talleres, e xogos no que as/os participantes poderán divertirse empregando a creatividade e imaxinación como piar fundamental.

Fundamental será tamén a creación de diferentes ambientacións dependendo da festividade do momento (noiteboa, nadal, santos inocentes, fin de ano…) sempre tendo en conta os gustos e as inquedanzas dos/as nenos/as, e no que poderán liberar toda a súa creatividade e imaxinación.