DiverTeo Nadal Ramallosa

Moi boas familias!

Todo chega ao seu fin. O Nadal é curto, pero moi intenso, coma no Diverteo. Neste últimos días despedimos o ano facendo unha pequena festa. Fixemos a nosa propia decoración e cotillón e no último día do ano puidemos asistir as prebadaladas da Ramallosa, nas que ensaiamos para esa noite. Dando entrada ao 2025, comezamos cos preparativos para a chegada dos reis ao Concello. A rapazada este días xa se notaba máis excitada e nerviosa. Para amenizar a súa chegada compuxemos entre todas a nosa panxoliña tomando como exemplo a petición da rapazada do Burrito sabanero  de David Bisbal.

Mais nestes días non só traballamos cas mans. Ao ser un grupo pequeno puidemos cohesionar mellor e ver as relacións entre maiores e pequenos, facendo na súa maioría xogos entre todos e todas.

Desexamosvos un bo comezo de ano e agardamos que o curso vaia ben.

Isto acabou, pero logo chega o entroido!

REMATANDO O NADAL

Imos alá coas últimas novidades deste Diverteo de nadal, no que as risas e a diversión estiveron máis que aseguradas. Durante estes últimos días os nosos cativos e cativas puideron desfrutar dunha morea de xogos entre os que destacaron os distintos xogos musicais, vese que o ambiente festivo do nadal lles deu moitas ganas de mover o esqueleto polo que foron os xogos máis repetidos e pedidos por todos eles e elas. Ademais disto tamén puidemos desfrutar dunha pequena sesión de ioga fitness para baixar todas as lambetadas destes días. E por último pero non menos importante pechamos esta quenda realizando un pequeno xogo do amigo invisible, no que todos e todas puideron regalarlle unha bola de nadal a algún dos seus compañeiros ou compañeiras como mostra de cariño e recordo destes días cargados de maxia, alegría e diversión.

E isto é todo, chegamos ao final pero preparádevos para a seguinte quenda, vémonos!

FELIZ ANO FAMILIAS!

Nadal en As Neves

Este ano o campamento de nadal das Neves estivo repleto de talleres e de todo tipo de actividades: xogos, manualidades, risas e incluso unha visita ao centro de dia municipal das Neves. En resumo unhas semanas cheas de diversión e de maxia.

NA LUDOMEIS DE NADAL ÁS MAÑÁS PASARON VOANDO

Estas vacacións de Nadal foron moi ben aproveitadas por toda a cativada que participou na LudoMeis Nadal 2024-2025, non houbo un intre para aburrirse.

Comezamos estas datas tan fermosas e cheas de ilusión deixando a nosa pegada no Nadal de Meis formando unha árbore de Nadal con todas as pegadas de cada un dos nosos participantes, que eles e elas pintaron e decoraron ao seu gusto. Esta fermosa árbore, na que todos os e as participantes da LudoMeis Nadal estaban representados, encabezaba a zona adicada aos xogos grupais.

Tamén tivemos tempo para facer as nosas propias decoracións de Nadal, monicreques pintados pola cativada; chemineas coroadas por renos, galletas de xenxibre e o mesmo Papá Noel; e mesmo ata puidemos facer a nosa propia bóla de neve cun vaso de plástico, unha decoración para o interior da bóla feita por cada un dos nosos e das nosas pequenas artistas, neve artificial, cartón e unha boa dose de pegamento, cada quen tivo unha decoración de Nadal do máis persoal e con moito agarimo en cada detalle.

Non faltaron os momentos para recordar os valores importantes destas datas tan sinaladas. A través dunha videohistoria titulada “A folga dos elfos do Polo Norte” recordamos a importancia do traballo en equipo, do respecto e sobre todo, que o importante nestas datas é pasalas rodeadas de aqueles que queremos e compartir con aqueles que non teñen tanta sorte coma nós, e ademais que para ter unhas máis que fermosas festas de Nadal o importante non é o número de regalos que atopemos baixo a árbore. Tamén traballamos a xenerosidade, a compaixón e a bondade a través do conto “O roubo do Nadal”.  A cativada da LudoMeis Nadal ten moi claro que é o importante e dende logo que o aplica todos os días xogando cos compañeiros e compañeiras, axudando e compartindo bonitos momentos todos e todas xuntas.

Como non podía ser doutra maneira, nestas datas na que os doces son un constante nas casas, adicamos unha das mañás a coñecer os distintos doces típicos destas datas e a facer a nosa propia casa de xenxibre en versión cartón. Por grupos decoraron as distintas pezas que conformarían a nosa casiña, non faltaron os pompóns, os limpiapipas, a purpurina e moita variedade de cores.

Nestas datas, ademais de doces, as panxoliñas e música con temática do Nadal están en cada currucho polo que aproveitando a enerxía musical que estaba no aire da LudoMeis Nadal elaboramos cadanseu instrumento musical; esta vez empregando rolos de cartón que cada participante decorou ao seu antollo, unhas lentellas e un pouco de pegamento fixemos unhas maracas con moito ritmo.

Sobra dicir, que despois destes días de tanto traballo de Nadal, a cativada da LudoMeis Nadal tiña máis que merecida a súa propia festa para despedir o ano. Todos viñeron do máis elegantes, e por suposto que había que lucir eses modeliños co seu correspondente desfile. Tamén falamos das tradicións desta noite tan especial e como non podía ser doutro xeito, tomamos as nosas 12 “uvas” anticipadas. Ás doce do mediodía soaron as badaladas na LudoMeis Nadal e non houbo gusanito que se resistise, e como ben podedes imaxinar, despois das badaladas e das uvas toca bailar e divertirnos moito.

Aproximándose a chegada dos Reis Magos e tendo o Buzón Real tan pretiño, tivemos que facer as cartas para as súas maxestades. Esta cativada ten moi claro o que quere.

E con tanto xoguete rondando, nada mellor que volver ao pasado e ao sinxelo coa fabricación dos nosos propios xogos con material de refugallo, de paso que traballamos a imaxinación, concienciamos sobre a reciclaxe. Cunha caixa de cartón e papeis fixemos o noso propio xogo da rá e tamén un xogo de bolos cuns vasos de plástico e unha bóla de papel, decorámolo e despois démoslle un moi bo uso cunha pequena competición por equipos.

Por suposto que non faltaron os momento para xogar ao son das panxoliñas, as estatuas musicais, o director musical, o pilla-estatua, as agochadas inglesas, polis e cacos, pato-pato-oca, foron algúns dos máis solicitados. Unhas veces xogamos dentro aproveitando o espazo común, pero esas mañás nas que o sol nos acompañou saimos ao patio para xogar.

Con imaxinación, ilusión e ganas de pasalo ben nada é imposible, e dende logo, que a cativada nesta LudoMeis Nadal 2024-2025 pasouno realmente ben, usou a imaxinación, a creatividade, e demostrou un gran compañeirismo e moi bos valores.

CONCILIA NADAL EN DODRO

Estes días de descanso de Nadal, en Dodro tivo lugar os días 23, 26, 27, 30 de decembro e 2 e de Xaneiro o Concilia Nadal de Dodro. As crianzas de 3 a 12 anos desfrutaron de pasar as mañás realizando diversas actividades.

Durante este período coñecemos e reforzamos a tradición do Apalpador ademais da idea de que os xoguetes non pertencen a ningún xénero a través dun obradoiro de igualdade, desenvolvemos a creatividade con diversos talleres das distintas personaxes do nadal, desfrutamos das badaladas, xogamos ao bingo de Nadal, etc.

Estivemos moi entretidos e para despedirnos tivemos unha saída a ao Belén Artesanal de Valga onde as nenas e nenos puideron ver a historia tradicional do Belén con temas de actualidade como a Dana, a volta ciclista, os xogos olímpicos, etc.

MAXIA E ILUSIÓN NO NADAL DE O PINO

Para inaugurar estas festas a cativada escoitou un conto sobre o Apalpador, un personaxe característico do nadal galego para logo crear o seu propio.

Coa visita de Papá Noel presente nos fogares, os nenos/as quixeron facer o seu propio photocall. Neste non faltaba de nada, tiñamos unha cheminea, unha árbore de nadal, moitos agasallos… e ata un calcetín para cada un de nós.

Tendo presente que a neve é algo mítico do nadal, os nenos e nenas deseñaron uns curiosos bonecos de neve cunhas simples pinzas de madeira e moooooita imaxinación. Podedes ollar estes na nosa galería de fotos.

Pero, que son estas datas sin as súas ricas comilonas? Por iso, puxémonos mans á obra e realizamos unhas deliciosas árbores de nadal de chocolate nun divertido taller de cocina.

Preparámonos para dar a benvida ao ano novo cunha guirnalda ben colorida coa mensaxe “Feliz 2025”, esta sumado a diferentes fermosos elementos decorativos convertíronse no noso photocall de aninovo. Coa finalidade de desexarlle as nosas familias un feliz 2025 creamos unhas postais navideñas que agardamos que luzan ben fermosas nos vosos fogares.

As doce badaladas inauguraron a entrada do 2025 e vestidos de gala disfrutamos da nosa peculiar festa de fin de ano na que tivemos bailes, cancións e ata un taller de brilli-brilli.

Cansados de tanta festa e para repoñer forzas realizamos un cinema de nadal, no que por suposto non faltaron as palomitas.

Tendo presente a chegada dos Reis Magos de Oriente a O Pino, decoramos a porta da aula coa temática dos reis magos. Tamén creamos uns colgadores para poñer nas portas das nosas habitacións axudándolle a estes a saber quen durmía en cada fogar.

O momento “e ti que lle pides os reis?” deixou nun segundo plano aos agasallos converténdose nun taller de igualdade no que a actividade chegou á conclusión de que non existen “xoguetes de nenos” ou “xoguetes de nenas”, se non que todos os xoguetes son válidos para ambos en función dos gustos e preferencias de cada un/unha.

Durante estes días non nos faltou tempo para xogar, realizando xogos moi navideños como o tabú, o lince, a bóla de neve… e ata un karaoke!

Rematamos o lecer nadal cunha búsqueda do tesouro e unha entrega de premios navideños.

Foron nove días de moitos xogos e diversión nos que só houbo cabida para a ledicia, a ilusión e a compañía.

COMPARTIMOS O NADAL UN ANO MÁIS!

Moi boas familias!

É un pracer saudarvos un ano máis nestas datas e poder compartir con todos vós estes anaquiños de tempo.

Durante este periodo vacacional, engadíronse ao programa novos membros aos que acollimos cos brazos abertos; dende o primeiro día, forman parte deste gran equipo. Porque precisamente iso é o que caracteriza a estos nenos e nenas; tanto os que se levan conocendo anos como os recén incorporados móstranse abertos a traballar en equipo, darse unha man se alguén cae, rirse a carcaxadas con calquer xogo inventado ou armar trastadas cada día. E iso é un agasallo para todos nós, que dende logo fai que o traballo sexa moi gratificante.

E falando de traballar… aínda que a premisa do campamento é o xogo, non deixamos as tarefas de lado. Nestes días decoramos a aula con diversos elementos de nadal, elaboramos postais para as familias, fixemos as cartas a Papá Noel e incluso poidamos darllas en persona!

Tamén aprendemos sobre a reciclaxe, tivemos sesión de cine, búsquedas do tesouro nas instalacións do pabellón, multitude de xogos de mesa como cartas, memory, o tres en raia…

Fixemos unha sesión de ioga e risoterapia ca que acabamos todos e cada un de nós no chan a carcaxadas, un taller de cociña de postres saudables co que non sabemos se desfrutamos máis facendo ou probando e moitos xogos deportivos.

Debatimos sobre as tradicións de Ano Novo e deixamos reflexados os nosos desexos, mesmo demos as campanadas!

Aínda que non todas as propostas saíron como se esperaba, o resultado foi moi positivo, e os cambios de plans non nos quitaron as ganas de seguir desfrutando.

Con esto despedímonos ata a próxima, ogallá teñades un ano cheo de experiencias, e que nolas contedes cando nos vexamos.

Ata entonces, un saúdo enorme!

CUNTILÍN DE NADAL

Estos días de descanso escolar, no Cuntilín Nadal, aproveitámolos ao máximo. As actividades que máis lles gustaron aos nenos e ás nenas foron: o xogo polo pobo en busca do “caga tió”, o “escape room” de Nadal e a Festa de fin de Ano, á que fomos vestidos coas nosas mellores galas, comemos as uvas, bailamos…

Non faltaron outros obradoiros como o de bólas para a árbore de Nadal e a creación dos nosos propios instrumentos musicais, que despois empregamos de acompañamento para cantar panxoliñas. Non faltou a elaboración de galletas navideñas, a carta ós Reis Magos e os xogos., así como unha merendola de chocolate con churros á que fomos convidados e convidadas.

Ata aquí o Cuntilín de Nadal deste ano. Desexámosvos todo o mellor para o 2025!!

COMEZANDO O 2025 POR TODO O ALTO!

Nesta segunda semana de DiverTeo despedimos o ano por todo o alto! E nunca mellor dito, xa que os nosos desexos voaron para que se cumprisen no 2025.

Tamén elaboramos unhas tarxetas para felicitar o ano facendo unhas árbores de Nadal. E para non pasar tanto frío puxémonos a movernos facendo un ioga especial, con figuras do Papá Noel, estrela, árbore, regalos, bola de Nadal …

E para rematar a semana fixemos unha carta aos reis magos, para pedirlles que sobre todo ter amigos e amigas con quen xogar!!

Bo 2025 familias de parte do monitorado de Calo!!!