As Lavandeiras en Arbo
Co nome de Pioneiras en Redes Sociais «As lavandeiras», o domingo 12 de Marzo no multiusos de Arbo, dito concello quixo homenaxear a esas mulleres que forma parte da nosa historia e que marcaron unha época.
Quixeron por en valor esas mulleres que tiñan que traballar na casa, fora e coidar os nenos,e que ir o lavadoiros supuña para moitas un escape, un poder falar con outra xente, un poder enterarse do que pasaba no pobo, o que hoxe en día veñen sendo as redes sociais.