RECUNCHOS DE NADAL

SIF inicia dende hoxe, un ano mais, a súa proposta lúdica e pedagóxica para os programas de conciliación dos Concellos de Arbo, Avión, Cuntis, Dodro, Mesía, Muros, O Pino e Pontecesures. 

Coa mesma ilusión de sempre, as crianzas coñecerán e xogarán nos “Recunchos de Nadal”, espazos de aprendizaxe e diversión dedicados á música, ás tradicións, aos personaxes, aos doces e aos obradoiros de Nadal.

As mañás destas vacacións de Nadal converteranse polo tanto, nun tempo para o enriquecemento da aprendizaxe das crianzas dun xeito dinámico, lúdico e participativo, co obxectivo de axudar na conciliación ás familias que o precisen.