Programas de Conciliación de Nadal do 2023-2024
Os programas de Conciliación son un piar fundamental para todas as familias que por motivos laborais e/ou persoais precisan dun servizo de calidade onde deixar aos menores fora do período escolar. Pero ademais, teñen outra función, que é a de liberar ás mulleres das cargas familiares (coidado dos fillos) que por tradición recae sobre elas principalmente, e que por desgracia na actualidade, segue pasando.
Por outra banda, o Nadal é unha das épocas favoritas das nenas e dos nenos, son días de ilusión, de celebracións, de achegarse ás familias….e por suposto, de vacacións, polo que os programas ou as actividades de conciliación son fundamentais para todas as familias.
Para as actividades do Nadal 2023-20234 dos Concellos de Arbo, Avión, Dodro, Cuntis, Mesía, Muros, Pontecesures e O Pino, SERVICIOS INTEGRALES DE FORMACIÓN (SIF), elaborou un proxecto lúdico-pedagóxico co nome “NADAL CON IMAXINACIÓN” un proxecto coas que as crianzas desfrutarán das vacacións do Nadal realizando actividades lúdicas, talleres, e xogos no que as/os participantes poderán divertirse empregando a creatividade e imaxinación como piar fundamental.
Fundamental será tamén a creación de diferentes ambientacións dependendo da festividade do momento (noiteboa, nadal, santos inocentes, fin de ano…) sempre tendo en conta os gustos e as inquedanzas dos/as nenos/as, e no que poderán liberar toda a súa creatividade e imaxinación.