Entradas

Entroido Virtual

O Concello de Arbo está organizando un entroido diferente nunha época diferente que nunca pensamos que nos tocaría vivir. Non podemos xuntarnos fisicamente pero si virtualmente. Poñede o voso mellor disfrace sacade unha foto ou vídeo, tedes ata o 12 de febreiro ás 15 horas para envialo a entroidovirtualarbo@sifservicios.com e poderedes gañar un premio se sodes dos mais votados no facebook do concello.

Se queredes saber un pouco mais desta actividade entrade na páxina do Concello de Arbo.

25N en Arbo

A pesar da situación que se está vivindo, o Concello de Arbo non quería deixar pasar esta data tan significativa 25 de Novembro sen poñer de manifesto a súa posición dun NON rotundo ás violencias machistas. Para iso colocáronse unhas mesas de sensibilización nos lugares máis frecuentados pola poboación, o Concello, o Centro médico e o mercado, onde se informou a toda a poboación que pasou por alí.

Remate do Campamento de Nadal do Concello de Arbo

Nestes días os nenos e nenas puideron desfrutar do bo tempo con multitudes de xogos o aire libre,  e tamén acompañando a Gaspar na cabalga de reís.
Pero non todo foi xogar fora, tamén tiveron actividades no interior como facer un belén cas figuras en plastilina, decorar unha árbore de Nadal para adornar a aula; ler contos e facer manualidades.