ACHÉGASE O NADAL A O PINO!

O mes de novembro comezámolo realizando un gato do más curioso… pero xa na segunda semana comezamos a preparar o Nadal para comezar a decorar as nosas aulas e levar para a casa algún adornos!

Que vos parecen? A que quedaron bonitos?

CONTACONTOS EN O PINO!

Este curso 2023/2024 na actividade extraescolar de contacontos desfrutaremos de moitos contos e realizando actividades para deixar fluír a nosa imaxinación e a nosa creatividade.

Durante a primeira semana, leemos mooitos contos tradicionais como A Bela Durminte, O Gato con Botas, O Libro da Selva, A Bela e a Besta, etc… coa finalidade de falar sobre os seus estereotipos e tratar temas de actualidade como a igualdade de xénero e, incluso, creando o noso propio final dun conto tradicional a través de debuxos! 

Ademais, aproveitando que foi Samaín, fixemos unha manualidade de acordo ca temática debuxando morcegos, cabazas, bruxas, pantasmas,… E despois sempre acabamos ás actividades cantando e bailando!

Ata a próxima familias!

BENVIDAS FAMILIAS DE O PINO A MAXIA!

Este curso 2023/2024 na actividade extraescolar de maxia desfrutaremos de moitos trucos e realizando actividades que teñan que ver coa maxia.

Durante a primeira semana, fixemos xogos de presentación para coñecernos mellor como tamén nos puxemos en acción para aprender diferentes trucos de maxia con cartas, de esconder obxectos, entre outros.

Por outra banda, recibimos unha carta do mismísimo Harry Potter, onde nos relataba os problemas que ten na súa escola e que precisa da nosa axuda para poder combater á todos os villanos. Nos deixaba unha misión de ter que crear o noso propio escudo de maxia!

Ademais, aproveitando que foi Samaín, fixemos unha manualidade de acordo ca temática como morcegos, cabazas, bruxas, pantasmas,…) para decorar os nosos debuxos ou as nosas libretas.

Ata a próxima familias!

Un ano máis teñen lugar as actividades de Papiroflexia e Creatividade!

En Papiroflexia, destinada para os nenos e nenas de Primaria, estamos a descubrir todo aquilo que podemos facer cun simple anaco de papel, realizando figuras moi bonitas e incluso divertidas! Unha rá e tamén origami de Samaín: morcegos e caveiras!

Mentres que en Creatividade, destinada aos peques de Infantil, estamos a fomentar a nosa imaxinación e creatividade, desenvolvendo pouco a pouco a nosa motricidade fina. Incluso fixemos origami coma os maiores!!

Queredes saber máis? Estade ben atentos/as! Comezamos!

Adornos florais en Arbo

Deu comezo o obradoiro de adornos e cadros florais de Arbo. Será impartido durante catro luns, dous en marzo e outros dous en abril, de 17.30 a 19 horas na Escola de Cequeliños.

CREATIVIDADE E PAPIROFLEXIA NO CEIP CAMIÑO DE SANTIAGO

Ao longo destes meses, a rapazada de Papiroflexia e Creatividade estivo inmersa nun montón de actividades!

Por unha banda, en Papiroflexia, os nenos/as de Primaria están a descubrir que cun simple anaco de papel pódense facer todo tipo de figuras: dende o coñecido barco e avión ata un Pikachu ou diversos animais! Trátase dunha actividade diferente na que estamos a desenvolver a coordinación óculo-manual, traballando a concentración e a memoria, e aprendendo a ser pacientes e constantes nas nosas creacións!

Por outra banda en Creatividade, os peques de Infantil están a realizar diversas manualidades, fomentando a psicomotricidade fina (recortando, pegando, doblando…), a súa imaxinación e creatividade, animándolles en todo momento a facer as súas propias creacións e a expresarse con liberdade!

Se queredes saber máis sobre o que andamos a facer… Estade ben atentos/as!!

TALLERES DE ADORNOS DE NADAL EN CALDAS

Entre feltro, silicona e purpurina transcorreron os talleres de adornos de Nadal que se impartiron no Fogar do Maior en Caldas.

Nunha gran mostra de estilo e creatividade, conseguiron facer unhas decoracións realmente interesantes e bonitas.

Un centro de mesa, anxos de Nadal con macetas ou unha árbore para colgar feito con ramas naturais foron algunhas das preciosas obras que de alí saíron e, de seguro, contribuíron a crear un ambiente aínda máis do Nadal nos seus fogares.

Bo Nadal!!!

ACTIVIDADES NOS CENTROS SOCIOCOMUNITARIOS

Nos centros sociocomunitarios de Fene, Santa Comba e Corcubión, concluímos un ano máis as actividades que con gran acollida vimos desenvolvendo desde hai uns anos. Pintura, manualidades, ximnasia, pilates, talleres de memoria, informática, labores… son algunhas das que teñen maior participación.

Cunha festa de final d e curso, despedímonos ata despois do verán

Obradoiro de cupcakes de Nadal en Sigüeiro

A todos gústannos os doces, e así de ben llo pasaron os e as peques de Sigüeiro decorando cupcakes

Aínda que antes de decoralos hai que facelos, claro, así que puxéronse ao choio e prepararon unha  riquísima masa para enfornar uns estupendos cupcakes. Mangas pasteleiras con delicioso «frosting» de queixo crema, estreliñas de azucre, nubes ou lacasitos foron algúns dos toppings empregados por estes e estas aspirantes a chef para as súas creacións. Quedaron preciosos e, o mellor, deliciosos!!