CUNTILÍN NADAL

Estas  datas deron para moito… Descansamos dos estudos e divertímosnos con gran variedade de actividades. Entre as máis destacables foron as saídas: fomos  ver un espectáculo de maxia “Leo, Leíño” na Biblioteca Municipal, onde o pasamos moi ben. Realizamos unha visita a Correos, para asegurarnos de que as nosas cartas foran enviadas a tempo ós Reis Magos. Ademáis fomos ó parque, aproveitando que non choveu durante este nadal. E como última saída visitamos o espectacular “Belén” de Valga.

Tamén recibimos algunha que outra visita no Cuntilín, coma a do Apalpador, que nos veu a contar a súa historia.

Por outro lado, creamos un mural de nadal e diferentes obradoiros de decoración: árbores de nadal, carta a Papá Noel, renos, un taller de atuendos de fin de ano, etc.

Non faltou un taller de cociña, no que elaboramos unhas deliciosas magdalenas.

E rematamos  “Cuntilín Nadal” cunha festa de despedida destas mini vacacións, con xogos, merenda e música…