Continuamos cos talleres de estimulación cognitiva e memoria en Cuntis.
Neste pasado mes de Febreiro traballamos estes campos a través de diversas actividades, sempre tratando de manter o interese das e dos asistentes, mantendo un enfoque de traballo interactivo e cooperativo, sempre tratando de crear un atractivo a través dunha ampla variedade de actividades.
Nas últimas semanas, traballamos as capacidades lingüísticas dos participantes a través de actividades escritas como a busca de palabras entre unha mestura de letras, ou como a conexión de palabras relacionadas, sinónimos ou antónimos; traballamos estas capacidades tamén de xeito oral fomentando así un traballo de maior de axilidade mental ao ter que dar unha resposta máis rápida e carecer de axudas como pode supoñer o ter as palabras escritas.
Traballamos tamén a concentración e atención a través de exercicios nos que se dispoñían unha serie de instrucións que os asistentes a estes talleres debían plasmar no papel.
Dun xeito máis distendido, buscamos exercitar a memoria a corto prazo, a atención e a concentración, así como o razoamento e a lóxica a través do xogo “Quen son?”, no que a través de preguntas aos demais compañeiros e compañeiras, cada un dos integrantes do grupo debía adiviñar que animal era.