BENVIDO VERÁN!

Benvido verán 2021, que ganas tíñamos de que chegases!

Despois dun duro curso académico, marcado sen dúbida pola  covid-19, queremos desfrutar do tempo libre máis que nunca. Aínda que seguimos en pandemia, e as medidas hixiénico-sanitarias seguen sendo moi estritas (en canto a lavado de mans, uso de máscara e distancia de seguridade) queremos pasalo ben e xogar cos nosos amigos e amigas!

Por iso, ao longo dos meses de verán, levaremos a cabo as actividades de Conciliación nos concellos de A Estrada, Cuntis, Caldas de Reis, Valga, Arbo, Nigrán, Mesía, Muros, O Pino, e Dodro.

Os programas de Conciliación caracterízanse por ser un espazo de diversión, onde “o xogo” en todas as súas versións é o principal obxectivo e sempre xirando en torno á programación central, a deste ano denomínase “Non hai planeta B”. Un programa moi actual de concienciación medioambiental.

Como vedes, non hai escusas para non participar e desfrutar do tempo libre! Esperámosvos!!!!