CONCILIA NADAL EN DODRO
Estas vacacións de nadal fixéronse moi curtas para nenos e nenas de Dodro, con todas as actividades que se levaron a cabo no Concilia Nadal. Comezaron o primeiro día coa visita do Apalpador, quen a través de un entretido contacontos lles foi ensinando a súa historia.
Visitaron o Belén de Valga, onde non perderon detalle de todas as escenas que alí se representan. Coa actuación “Dúas Pícaras Ourensás” desfrutaron da música e o baile, ademais de recibir algún que outro agasallo de mans dos artistas. Aproveitaron para comer as súas propias uvas de fin de ano, montando unha pequena festa con chuches, xogos, música e moito baile…
Na saída a pista de xeo a Santiago (da que desfrutaron os participantes maiores de sete anos) pasárono en grande, a pesar do frío; aínda que houbo moitas caídas, só causaron risas e diversión.
Xa no último día, visitaron o Centro de Día de Dodro. Alí ensináronlle como era o lugar, escoitaron vellas historias dos maiores, fixeron a súa actuación cantándolle varias panxoliñas populares as que os maiores tamén ían respondendo coas súas ,entregáronlle un pequeno agasallo feito por eles mesmos, uns pequenos xabóns de distintas cores, e tamén recibiron un detalliño feito polos maiores do centro.
E despois de todo isto, a repoñer forzas para comezar o novo ano!