FEBREIRO NO CUNTILÍN
Este mes de febreiro ven cargadiño de actividades no Cuntilín, sendo ás máis importantes as de entroido. Aínda que non o podemos celebrar como sempre (debido a situación actual que estamos vivindo co COVID-19), estamos preparando unha pequena sorpresa que creemos que vos vai encantar, polo menos tanto como a nós….empeza por TIK e acaba por TOK, pero non podemos decir máis, xa o veredes!
Pero febreiro é un mes especial non só polo entroido, senón porque é o mes no que naceu unha das máis importantes escritoras galegas… estamos a falar da grandísima Rosalía de Castro, que naceu un 24 de febreiro de 1837. Polo tanto, coñeceremos un pouquiño máis a esta gran muller, a súa vida e a súa obra, fundamentais para a cultura galega, e para iso realizaremos diferentes actividades.
Para rematar o mes, conmemoraremos o “Día Internacional da Lingua materna”, e coñeceremos a obra “O bosque animado”.
E por último se o tempo no lo permite, realizaremos actividades deportivas, cooperativas etc no exterior, contacontos, manualidades, Just dance, etc. Como vedes, a pesar das limitacións, no Cuntilín buscamos a maneira de seguir pasando igual de ben!