Entradas

OS GRUPOS DE MEMORIA DO CONCELLO DE CUNTIS RETOMAN A ACTIVIDADE TRAS O NADAL. UN XANEIRO CARGADO DE ESTIMULACIÓN COGNITIVA.

Logo das vacacións de nadal, retomamos a nosa actividade habitual, apostando de novo polo coidado e adestramento da memoria a través dunha ampla variedade de exercicios e dinámicas de estimulación cognitiva.

Durante este mes de xanerio, as sesión estiveron cargadas de propostas que fomentan o pensamento, a linguaxe e o razoamento. Traballáronse así, exercicios de vocabulario como: pensar oficios que rematasen en distintas terminacións; buscar palabras que comezasen por distintas consoantes (r, b, h e v) e que contesen obrigatoriamente a letra “a”; así como actividades de sinónimos e antónimos ou a clasificación de palabras segundo a súa categoría gramatical.

Tamén se potenciou a lectura, comprensión lectora e expresión oral, ademáis do uso de sopa de letras como ferramenta para reforzar a atención e concentración.

No que respecta ao ámbito numérico, houbo tempo para resolver acertixos, traballar as sumas coa pirámide, afrontar distintos problemas matemáticos e exercitar a simetría a través de debuxos de Nadal.

As sesión completáronse con actividades lúdicas e cooperativas, con xogos como o Pasapalabra, Tabú, Preguntados ou a realización dun labirinto cooperativo.

Con esta variada programación, os grupos de memoria continúan ofrecendo un espazo activo e dinámico para manter a mente en forma e comezar o ano con enerxía e ilusión.

CUNTILÍN NADAL

Moi boas, dende o Cuntilín de Nadal! Aínda que foron poucos días, aproveitámolos para facer unha morea de cousas. Realizamos obradoiros creativos, como unha “casiña de xenxibre”, unha árbore dos desexos para levar para a casa, diferentes debuxos de Nadal, postais…

Tivemos dúas saídas, unha a correos para deixar as cartas a Papá Noel, e outra ao parque. Fixemos grandes xogos, como un bingo con premios, o xogo da “bomba”, xogos musicais, xogos no exterior, etc.

Rematamos o ano coa nosa  xa tradicional festa de Fin de ano. Viñemos elegantes, tomamos as “uvas” que neste caso foi con gusanitos, e rematamos con unha merenda.

Non podemos esquecernos dos obradoiros de lectura do Nadal, dos xogos de mesa, da carta aos Reis Magos e sobre todo, do tempo que pasamos xuntos e xuntas, xogando e desfrutando destas datas.

Un saúdo dende o Cuntilín de Nadal!

XA ESTAMOS DE VACACIÓNS NOS CURSOS DE MEMORIA!

Este mes de decembro estivemos a tope con actividades moi completas e, sobre todo, moi divertidas:

  • Busca de sinónimos
  • Xogos de memoria con números
  • Formación de palabras
  • Creatividade a partir da plantilla “Isto non é unha flor”
  • Cálculo mental dun xeito diferente: con cartas e matamoscas
  • Ou o xogo do Tabú, que foi todo un éxito.

E como estamos neste mes tan especial… 🎄 tamén traballamos o cálculo con elementos de nadal e exercitamos a memoria lembrando palabras que nos conectan con estas datas tan simbólicas.

Para pechar o ano como se merece, desfrutamos dunha pequena merenda xuntas e rematamos cun bingo cheo de risas e como non, premios. Pasámolo xenial! Agora toca descansar un pouquiño… Vémonos á volta con máis actividades e aprendizaxe.

SIF DESENVOLVERÁ PROGRAMAS LÚDICOS DE NADAL EN NOVE CONCELLOS GALEGOS

Con motivo das vacacións de Nadal, SIF poñerá en marcha unha nova edición dos seus programas lúdicos e educativos, dirixidos a nenos e nenas co obxectivo de ofrecer alternativas de lecer creativo e participativo durante estas datas tan sinaladas e especiais para a cativada.

As actividades levaranse a cabo nos concellos de Vilagarcía de Arousa, O Pino, Arbo, Avión, Mesía, Cuntis, Frades, Pontecesures, As Neves e Teo, para facilitar a conciliación familiar durante o período vacacional.

Durante este Nadal desenvolveranse catro programas lúdicos, adaptados a diferentes idades e realidades locais:

  • Exploradores do saber, unha proposta centrada na aprendizaxe a través do xogo, da curiosidade e da experimentación.
  • Desexos de Nadal, un programa de actividades creativas e dinámicas grupais que convida a reflexionar e compartir os valores propios do Nadal.
  • A viaxe das emocións, orientado ao desenvolvemento emocional, á expresión de sentimentos e á convivencia positiva.
  • Escape room: Salvemos o Nadal, unha actividade participativa e cooperativa na que as persoas participantes deberán resolver retos e enigmas para superar unha misión moi especial.

Todas as actividades estarán dinamizadas por monitores e monitoras cualificados, garantindo unha contorna segura, inclusiva e adaptada ás necesidades de cada grupo. Desde SIF apóstase por un modelo de lecer educativo que combine diversión, aprendizaxe e transmisión de valores como o respecto, a igualdade e o traballo en equipo.

Este Nadal, como en anos anteriores, SIF continúa apostando por un lecer que educa, conecta e crea comunidade.

ÉXITO ROTUNDO EN CUNTIS: OS TALLERES DE ESTIMULACIÓN COGNITIVA CELEBRAN O SEU SEGUNDO MES

O Concello de Cuntis celebra con éxito o segundo mes dos Talleres de Memoria. Iniciativa que se consolidou como un espazo fundamental para fomentar a saúde mental e a socialización.

Continuamos rexistrando unha alta participación por parte das persoas usuarias, mostrando gran interese por parte da veciñanza por manter unha mente activa e previr o deterioro cognitivo.

Ao longo deste mes continuamos realizando exercicios lúdicos e dinámicos como o Tuttifrutti, Preguntados, “2 verdades e 1 mentira”, deixamos voar a nosa imaxinación creando a partir dun debuxo dado outro, memorizamos e contamos historias de personaxes inventadas, meténdonos na súa vida, lembramos datos sobre elas, sobre os seus traballos, gustos e aspectos que os definían e intercambiamos a información coas compañeiras e compañeiros.

En definitiva, divertímonos e rímonos á vez que adestramos as nosas capacidades cognitivas dun xeito ameno e participativo.

MAGOSTO EN CUNTIS: Celebrando tradicións con creatividade

Esta fin de semana celebramos en Cuntis o tradicional Magosto. Nel realizamos diversas manualidades elaboradas con castañas, entre elas trompos, tres en raias e os tradicionais colares de zonchos.

Estes colares eran moi típicos en Galicia, especialmente arredor do Día de Defuntos. Antigamente facíanse con castañas cocidas coa súa cáscara, e críase que cada castaña comida representaba unha alma liberada do purgatorio.

A través destas actividades conseguimos que a rapazada se divirta, participe e, ao mesmo tempo, coñeza tradicións e xogos populares que pouco a pouco se van perdendo.

AS ALDEAS DE CUNTIS RETOMAN CON ÉXITO OS TALLERES DE MEMORIA

As aldeas de Troáns, Cequeril, Magán, San Mamede, Teaño e Cuntis (OMIX) levan xa un mes desfrutando dos Talleres de Memoria, unha iniciativa que busca fomentar o benestar e o envellecemento activo a través do exercicio mental.

Durante este primeiro mes de curso traballáronse diferentes aspectos relacionados coa memoria, a atención, a percepción e a linguaxe mediante exercicios e, por suposto, xogos.

Na parte máis lúdica realizáronse actividades de estimulación cognitiva como Pasa palabra, Palabras encadeadas, Adiviña quen son, Continúa a historia, así como xogos de música e canto sobre temáticas variadas, ademais do Tabú e o Bingo especial de Samaín.

Estas dinámicas, ademais de ser entretidas, contribúen a reforzar a memoria e a atención dunha maneira divertida e motivadora, xa que gozar das actividades é tamén unha parte fundamental do proceso de aprendizaxe e estimulación mental.

A acollida está a ser moi positiva, e seguimos con ilusión este novo curso, compartindo momentos, risas e aprendizaxes en cada sesión.

Día da Muller, 8M

Pasou o 8M e moitos concellos quixeron poñer o seu graíño de area para seguir loitando polo Igualdade.

O Concello de O Pino, co alcalde á cabeza, fixo a lectura do manifesto e centrouse no comercio para esta campaña.

No Concello de Valga saíron á rúa cunha Andaina da Muller e para os mais pequenos, coa maga Leo Leiño disfrutaron da Maxia pola Igualdade.

En As Neves, visitáronse os diferentes coles para concienciar dende pequeniños con dinámicas e contacontos.

En Cuntis, a lectura do manifesto e o encontro interxeneracional dou inicio ás actividades que se están a celebrar acabando o sábado 15, na Casa do Médico cunha charla dirixida a adolescentes.

No Concello de Frades, ó igual que en outros concellos como o de Avión rematáronse as actividades con reparto de diferente material de merchandising.

CUNTILÍN DE NADAL

Estos días de descanso escolar, no Cuntilín Nadal, aproveitámolos ao máximo. As actividades que máis lles gustaron aos nenos e ás nenas foron: o xogo polo pobo en busca do “caga tió”, o “escape room” de Nadal e a Festa de fin de Ano, á que fomos vestidos coas nosas mellores galas, comemos as uvas, bailamos…

Non faltaron outros obradoiros como o de bólas para a árbore de Nadal e a creación dos nosos propios instrumentos musicais, que despois empregamos de acompañamento para cantar panxoliñas. Non faltou a elaboración de galletas navideñas, a carta ós Reis Magos e os xogos., así como unha merendola de chocolate con churros á que fomos convidados e convidadas.

Ata aquí o Cuntilín de Nadal deste ano. Desexámosvos todo o mellor para o 2025!!