Micromachismos

Na mañá de hoxe, sesión de Identificación e análise de Micromachismos co alumnado de 2 da ESO do CPI Domingo Fontán en Portas.

8M2021

8M, unha data para recordar a alianza das mulleres na consecucións dos dereitos propios, para visibilizar a tantas referentes que nos precederon e para reinvindicar a necesidade de segur a traballar na construción dunha sociedade igualitaria libre de condutas e prexuízos sexistas.

«Valga leva nome de muller»

O 8 de marzo está á volta da esquina pero a pandemia non nós vai frear a homenaxe ás mulleres de Valga.

«Valga leva nome de muller» propón visibilizar o papel da muller no desenvolvemento da propia comunidade.

Para participar deberá presentar unha obra en formato libre (poema, fotografía, relato, audivisual, retrato,…) que homenaxee a unha muller valquesa e sinalar por que dita muller merece dito recoñecemento.

Todos estes traballos formarán parte dunha exposición.

Hai de prazo ato o 1 de marzo do 2021.

Se queres coñecer algo máis, só tes que entrar na páxína do Concello de Valga.

Igualdade no CPI Camiño de Santiago

O ANPA do CPI Camiño de Santiago, sempre moi involucrados en temos de igualdade, levo a cabo un ano máis, con gran éxito estas actividades.

Construír unha sociedade máis dialogante, máis respectuosa e tolerante, unha sociedade na que prevalezan a convivencia positiva dás distintas persoas e grupos que a compoñen, é unha tarefa colectiva que compete ao conxunto dá cidadanía.

Leer más

SEMANA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Non concello de Dodro celebramos a SEMANA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO.
Ao longo da semana do 18 ao 25 de novembro, fixéronse actividades e material para todos os tramos de idades. Fíxose unha distribución de máscaras e de contos nos centros escolares.
O sábado celebramos a II Andaina cunha boa participación da poboación. O percorrido estaba infestado de frases como as da imaxe en contra da violencia de xénero.
A semana terminou co acto institucional e presentación do calendario igualitario.

Ganchillo solidario contra a Violencia de xénero

A proposta Ganchillo solidario contra a Violencia de xénero, pretende ser un chamamento á veciñanza de As Neves, co fin de involucrala na denuncia da violencia machista.

Así, o Concello de As Neves, acomete, o compromiso municipal en contra desta lacra social; mantendo unha actitude non pasiva; promovendo accións de condena que impliquen á cidadanía.

Mans que se unen, de forma visible, participativa e pública, para tecer, de xeito real e metafórico, cadeas simbólicas que mostren o activismo e a sororidade de tantas persoas que se entrelazan para crear redes humanas, sociais e institucionais; facendo visible a necesidade de establecer canles sólidas de apoio e confeccionar un rexeitamento común contra todo acto de violencia machista.

O resultado final deste ganchillo mostrase no edificio de servicios sociales del concello de As Neves con la sigueite leyenda.