Xincana de corresponsabilidade

Este venres 25 estivemos no CEIP Atin Cela de Mos co alumnado de cuarto, quinto e sexto de primaria. Os próximos días visitaremos o resto do alumnado dos diferentes coles do Concello de Mos.

A corresponsabilidade é un obxectivo imprescindible para a igualdade entre mulleres e homes por iso por medio do xogo, neste caso dunha xincana, tentamos que as nenas e nenos se impliquen nas tarefas.

Xornada de Voluntariado en Mos

O concello de Mos organizou unha “Xornada de voluntariado” para persoas de 16 anos en diante.

O obxectivo desta xornada era unir o concepto de voluntariado e de igualdade. Déronse a coñecer os recursos e ferramentas que todos temos para poder afrontar calquera tipo de violencia.

Mediante casos prácticos e xogos as/os participantes puideron observar casos de violencia que poden pasar desapercibidos no noso día a día.

Tamén deron a coñecer o funcionamento dos Puntos lilas e como se pode formar parte deles.

II Xornadas de Empoderamento feminino

Unha decena de mulleres do Concello de Caldas de Reis, participaron o pasado sábado nas II Xornadas de Empoderamento feminino.
Unha xornada que combinou accións formativas e culturais co obxectivo de favorecer a desconexión e o autocoidado.
Moitas grazas a todas pola vosa participación!

PUNTO LILA NAS FESTAS DE PADRÓN

Durante a celebración das festas de Santiaguiño e Asnot  o Concello de Padrón contou connosco para instalar un PUNTO LILA, lugar onde se informa, axuda e proporciónase os mecanismos necesarios en caso de sufrir algún tipo de malos tratos, para poder poñer as medidas oportunas; tamén recibimos a todas aquelas persoas interesadas en recibir información e asesoramento. O horario foi moi amplo de 22:00 a 03:00.

Mulleres galegas

Na mañá de hoxe celebrouse a entrega de premios do concurso Mulleres  galegas en As Neves. Os premios foron entregados pola  Concelleira e consistiron en bonos  por valor de 100€, 75€ e 50€ para gasto no comercio local, así como un cadro replica cos tres traballos gañadores para o centro

Moitas grazas ao Concello de As Neves e ao IES Pazo da Mercé.