25N en Arbo

A pesar da situación que se está vivindo, o Concello de Arbo non quería deixar pasar esta data tan significativa 25 de Novembro sen poñer de manifesto a súa posición dun NON rotundo ás violencias machistas. Para iso colocáronse unhas mesas de sensibilización nos lugares máis frecuentados pola poboación, o Concello, o Centro médico e o mercado, onde se informou a toda a poboación que pasou por alí.

ACTUACIÓNS DE SENSIBILIZACIÓN E CONCIENCIACIÓN EN MATERIA DE IGUALDADE

Portas quere conmemorar o 25 de novembro con actividades dirixidas especialmente ás muller, pero tamén á poboación en xeral.

ACTUACIÓNS DE SENSIBILIZACIÓN E CONCIENCIACIÓN EN MATERIA DE IGUALDADE

Ao non poder realizalo de forma presencial por cuestións sanitarias, fixéronse en liña. Impartíronse dous cursos, unha de ioga para mulleres e un segundo curso de cosmética natural.
Terminamos as actuacións cunha charla dirixida á poboación en xeral sobre perspectiva de xero que tamén se realizou por videoconferencia.

Audiovisual en contra das violencias machistas

O Concello de Valga, contou con todos os grupos de poboación para elaborar un audiovisual en contra das violencias machistas.

Para lograr o resultado final, traballouse durante moito tempo con todos os grupos participantes. Foron sesións moi minuciosas cos distintos colectivos, fíxose moito incapé no motivo e obxectivo do devandito traballo, facer chegar a toda a poboación de Valga o mensaxe IGUALDADE, TOLERANCIA, RESPECTO E REXEITAMENTO DAS VIOLENCIAS MACHISTAS.

«TODO ESTA NA NOSA MAN»

No Concello de Frades este ano unimos o 8 de marzo co 25 de novembro. A comunidade escolar participou para nun concurso para buscar un slogan e o gañador foi a base da campaña levada a cabo durante todo o mes de novembro. A campaña levada a cabo englobou a todos os sectores de poboación, cada segmento poboacional tivo o seu articulo adaptado a eles. Cartelería, adhesivos, camisetas, mochilas, bolsas, argolas teléfono, pancartas… ata os recunchos máis escondidos recibiron a mensaxe TODO ESTA NA NOSA MAN.

Xornada de empoderamento feminino

Arredor de quince mulleres do Concello de Caldas, participaron o sábado 19 na «Xornada de empoderamento feminino» que se levou a cabo nas instalacións do Balneario de Mondariz.
Un día centrado no autocoidado e a desconexión.

CALDAS CELEBROU UNHA XORNADA DE EMPODERAMENTO FEMININO

A Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, así como a erradicación de calquera forma de discriminación e/ou violencia por razóns de xénero; debe  ser un dos temas prioritarios a tratar dende as diferentes administracións  e organismos públicos e locais.

A finalidade desta xornada en concreto, céntrouse en proporcionar ao sector feminino de Caldas de Reis unha xornada de formación, que se vertebrou en dous eixes principais. Combinando por un lado, actividades lúdicas de ocio inclusivo, e por outro lado, un espazo dedicado a formación e o empoderamento.

Semana contra a Violencia de Xénero en Dodro

Durante a semana do 25 de novembro, o Concello de Dodro, tivo diferentes actividades para todos os públicos.

O luns 25 de novembro ás 13.00 horas tivo lugar, no concello un acto institucional. Ás 20.00 horas, conversas con Juan Fuentes no CPI E. L. Baleirón.

O martes 26, no Centro de Día, dinámica para as persoas usuarias.

O mércores 27, os rapaces e rapazas de 7 a 12 anos tiveron unha saída ao cine a Vilagarcía.

O xoves 28, dinámica para o alumnado da Escola Infantil.

Venres 29, contacontos para o alumnado dos CRA (Bexo, Chenlo, Vigo e Lestrove).

Sábado 30, I Andaina contra a violencia de xénero.

O 2 e o 4  de decembro, Curso de Autodefensa para mulleres ante situación violentas.

No CPI Pontecarreira

No Concello de Frades, estivemos co alumnado do CPI Ponte Carreira.

O luns 2 de decembro, cunha xincana pola igualdade para 3º, 4º, 5º e 6º de primaria e unha sesión expositiva «A perspectiva de xénero na linguaxe cinematográfica» para o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.

O martes 3 de decembro co alumnado de infantil e 1º e 2º de primaria co contacontos «Carapuchiña de cores» e unha dinámica.