Ganchillo solidario contra a Violencia de xénero

A proposta Ganchillo solidario contra a Violencia de xénero, pretende ser un chamamento á veciñanza de As Neves, co fin de involucrala na denuncia da violencia machista.

Así, o Concello de As Neves, acomete, o compromiso municipal en contra desta lacra social; mantendo unha actitude non pasiva; promovendo accións de condena que impliquen á cidadanía.

Mans que se unen, de forma visible, participativa e pública, para tecer, de xeito real e metafórico, cadeas simbólicas que mostren o activismo e a sororidade de tantas persoas que se entrelazan para crear redes humanas, sociais e institucionais; facendo visible a necesidade de establecer canles sólidas de apoio e confeccionar un rexeitamento común contra todo acto de violencia machista.

O resultado final deste ganchillo mostrase no edificio de servicios sociales del concello de As Neves con la sigueite leyenda.