Conmemoran o 25 de novembro

No Concello de O Pino celebráronse, con todas as medidas sanitarias actividades para conmemorar o 25 de novembro Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

O día 25 faise lectura dun manifesto e a partir de aí continuamos co resto das actividades.

Pola imposibilidade de facerse presenciais, realízase o II Curso de Defensa Persoal para mulleres de forma en liña, con gran acollida por parte das participantes.

Pechamos os actos coa andaina 5 quilómetros pola igualdade, con gran participación da poboación en xeral.