TALLERES DE ENVELLECEMENTO ACTIVO DO CONCELLO DE DODRO

Durante o mes de febreiro, nos Talleres de Memoria e Envellecemento Activo do Concello de Dodro, desenvolvemos unha programación centrada principalmente na celebración do Entroido e na conmemoración do 23 de febreiro, data de nacemento dunha figura fundamental da literatura galega, Rosalía de Castro. As actividades combinaron estimulación cognitiva, creatividade, tradición cultural e convivencia grupal.

1. Actividades relacionadas co Entroido

a) Elaboración de máscaras venecianas: Cada participante deseñou e decorou a súa propia máscara de estilo veneciano. Para a súa elaboración empregamos todo tipo de materiais de manualidades: pegamentos, brillantina, plumas, lentejuelas, pinturas, cartolinas decorativas e outros elementos ornamentais. Esta actividade favoreceu a creatividade, a psicomotricidade fina, a coordinación óculo-manual e a planificación da tarefa, ademais de potenciar a expresión artística individual.

b) Clasificación de máscaras tradicionais galegas: Realizamos actividades de identificación, comparación e clasificación das principais figuras do Entroido en Galicia, coñecendo as súas características, vestimenta e lugar de orixe. Entre elas traballamos: Os Cigarróns, Peliqueiro, Madamas e Galáns, Folións, Xenerais do Ulla e Pantallas. Estas dinámicas permitiron traballar a memoria semántica, a asociación visual, a atención sostida e o reforzo da identidade cultural galega.

c) O peliqueiro: partes e decoración: Afondamos nas partes que compoñen a vestimenta do peliqueiro (careta, mitra, chocas, traxe tradicional…), aprendendo a nomealas, describilas e identificalas correctamente. Posteriormente, realizamos unha actividade plástica na que cada persoa pintou a súa propia representación dun peliqueiro, reforzando a atención ao detalle, a concentración e a coordinación.

d) Festas e receitas de Entroido: Celebramos diversas xornadas festivas nas que compartimos momentos de convivencia e degustación de receitas típicas do Entroido. Elaboramos e degustamos: Filloas, Orellas, Biscoitos, Flores de chocolate, Chocolate quente. Estas sesións fomentaron a socialización, a evocación de recordos asociados ás tradicións gastronómicas e o benestar emocional a través da celebración compartida.

2. Conmemoración do 23 de febreiro: Rosalía de Castro

Con motivo do 23 de febreiro, conmemoramos o nacemento en 1837 de Rosalía de Castro, figura esencial da literatura galega e símbolo da identidade cultural de Galicia. Durante as sesións: Realizamos actividades sobre a súa vida e obra, traballando a comprensión lectora e a memoria. Creamos o noso propio poema, estimulando a expresión escrita, a creatividade e a evocación de sentimentos e lembranzas. Pintamos retratos de Rosalía, favorecendo a expresión artística, a atención e a concentración. Esta conmemoración permitiu combinar o traballo cognitivo coa posta en valor do patrimonio literario galego, fortalecendo o sentimento de pertenza cultural e a autoestima colectiva.

En conxunto, o mes de febreiro caracterizouse por unha programación dinámica, participativa e culturalmente significativa, promovendo un envellecemento activo a través da tradición, a creatividade e a convivencia.

MAGOSTO EN CUNTIS: Celebrando tradicións con creatividade

Esta fin de semana celebramos en Cuntis o tradicional Magosto. Nel realizamos diversas manualidades elaboradas con castañas, entre elas trompos, tres en raias e os tradicionais colares de zonchos.

Estes colares eran moi típicos en Galicia, especialmente arredor do Día de Defuntos. Antigamente facíanse con castañas cocidas coa súa cáscara, e críase que cada castaña comida representaba unha alma liberada do purgatorio.

A través destas actividades conseguimos que a rapazada se divirta, participe e, ao mesmo tempo, coñeza tradicións e xogos populares que pouco a pouco se van perdendo.

OBRADOIRO DE CABAZAS EN CALDAS

O pasado venres gozamos dunha divertida xornada no colexio CPR Plurilingüe San Fermín, chea de creatividade cos nenos e nenas, na que realizamos un obradoiro de cabazas cheo de cor, imaxinación e risas.

Durante a actividade, os pequenos artistas decoraron as súas propias cabazas con todo tipo de materiais: feltro, follas, cartolinas e moitos adornos orixinais. Ademais, fixemos manualidades temáticas relacionadas co outono e o Samaín, como recortes, debuxos e pequenas creacións para personalizar as súas cabazas.

Foi unha experiencia marabillosa na que todos participaron con entusiasmo, compartindo ideas e deixando voar a súa creatividade.

FESTA SAMAÍN en AS NEVES

Este martes 31 de outubro pola tarde celebrouse a festa de Samaín en As Neves. Ós obradoiros e concurso de cabazas asistiron sobre unhas 40 nenas e nenos e as súas familias e tamén as autoridades políticas, alcalde e tenente de alcalde.

Por motivos meteorolóxicos suspendeuse a andaina pero a alternativa foi unha chocolatada así que nin tan mal!!

O 31 de Novembro celebrouse en Arbo o Samaín.

Comezaba o día con obradoiros varios: Decoración de cabazas onde os participantes puideron decorar a súa; cociña terrorífica onde fixeron unas momias e una ataúdes que despois puideron degustar e por último o obradoiro de pintacaras no que cada participante escolleu a súa personaxe preferida para pintarse.

Xa pola tarde disfrutaron dunha festa con xogos, animación, concurso de disfraces e merenda terrorífica.

TALLER DE COCIÑA TERRORÍFICO!

O pasado venres 28, con motivo da celebración do Samaín , no taller de cociña elaboramos uns marabillosos pan pizzas de momia e tamén unhas tenebrosas tumbas. Para ambas preparacións utilizamos como base o pan de molde, e nos seguintes pasos fomos engadindo os ingredientes que nos faltaban, e colocándoos de maneira moi tenebrosa.