CUNTILÍN NADAL
Este ano o Cuntilín de Nadal foi moi curto, pero aínda así tivemos tempo de desfrutalo con xogos e actividades relacionados con estas datas.
Entre o máis destacable foron os obradoiros creativos, como o de neve artificial, manualidades como o oso polar, postais, etc. Ademais tamén levamos a cabo xogos como o de colocar o adorno na árbore cos ollos pechados, xogos musicais e por equipos, entre outros moitos.
Tivemos unha festa de «fin de ano», onde todas e todos viñemos coas mellores galas para comer as «uvas» e festexar o remate do ano cunha merendola e cancións típicas desta época.
Tampouco nos esquecemos de escribirlle a carta as súas SS. MM. os Reis Magos de Oriente e de levalas ao buzón.
E, por petición dos nenos e nenas, rematamos este Cuntilín Nadal cunha festa de disfraces, na que o pasaron xenial!
Un ano máis, estas datas pasaron voando.
Un saúdo e ata a próxima!