COMEZAMOS O CURSO 2023/24
O pasado mes de outubro, comezou de novo o taller de estimulación cognitiva en Cuntis. O primeiro que fixemos foi poñernos ao día despois de meses sen vernos, aproveitando tamén para traballar a memoria máis recente.
Os nosos talleres realízanse da seguinte forma: cada sesión dura hora e media, e nela intentamos facer actividades variadas para entreternos e disfrutar á vez que traballamos e reforzamos a memoria. Todo é posible!
Durante este último mes fixemos varias actividades; xogamos ás cartas, traballamos a lectoescritura, resolvemos xeroglíficos, adiviñanzas e pasapalabras, fixemos quebracabezas, xogamos ao bingo… Tamén un día do pasado mes un grupo de mulleres voluntarias acudimos ao Cuntilín, para falarlles aos nenos e nenas do que significa vivir nunha aldea, para conmemorar o día da Muller rural galega.
Ata aquí vos podo contar, pois o curso acaba de comezar e aínda nos quedan un montón de cousas que facer durante os seguintes meses. Ata a próxima!