CUNTILÍN NADAL

Este ano o Cuntilín de Nadal foi moi curto, pero aínda así tivemos tempo de desfrutalo con xogos e actividades relacionados con estas datas.

Entre o máis destacable foron os obradoiros creativos, como o de neve artificial, manualidades como o oso polar, postais, etc. Ademais tamén levamos a cabo xogos como o de colocar o adorno na árbore cos ollos pechados, xogos musicais e por equipos, entre outros moitos.

Tivemos unha festa de «fin de ano», onde todas e todos viñemos coas mellores galas para comer as «uvas» e festexar o remate do ano cunha merendola e cancións típicas desta época.

Tampouco nos esquecemos de escribirlle a carta as súas SS. MM. os Reis Magos de Oriente e de levalas ao buzón.

E, por petición dos nenos e nenas, rematamos  este Cuntilín Nadal cunha festa de disfraces, na que o pasaron xenial!

Un ano máis, estas datas pasaron voando.

Un saúdo e ata a próxima!

CUNTILÍN DE NADAL

Este Nadal no Cuntilín pasámolo xenial. Descansamos dos estudos e da rutina e divertímonos con  actividades moi variadas.  Lemos contos e visualizamos fragmentos de películas típicas destas datas, realizamos obradoiros de reciclaxe como uns renos. Non nos esquecemos de escribirlle a carta a Papá Noel e aos Reis Magos e elaboramos postais  de nadal e outros adornos para decorar a aula e as nosas casas.

 Desfrutamos ó ritmo de todo tipo de xogos: xogos musicais e just dance. Tamén tivemos un concurso de bromas, o día dos Santos Inocentes e unha gran festa de fin de ano, na que lucimos moi elegantes  cos accesorios que previamente elaboramos.

E rematamos “Cuntilín Nadal” con outra festa de despedida e con unha xincana doce, na que despois de diferentes probas levaron algunha lambetada como agasallo.

Un saúdo!

UN CONTO DE NADAL

Benvidos ao Cuntilín de Nadal. Aínda que non son moitos días, si os suficentes para desfrutar destas datas cos compañeiros e compañeiras do Cuntilín. Teremos sorpresas, diferentes obradoiros de Nadal, visitas , talleres de cociña, festas como a de Fin de Ano ou a de despedida, xogos, “just dance”… como vedes non nos imos aburrir. Esperámosvos no CPI Don Aurelio Marcelino Rey García os días 22, 23, 27, 28, 29, 30  de decembro e 3, 4 e 7 de xaneiro,.

Aquí vos esperamos!

Un saúdo!

BENVIDOS AO CUNTILÍN

Moi boas a todos e todas, comezamos un novo curso, unha nova estación e unha nova programación no Cuntilín!

Antes de nada lembrarvos que cambiou algo o horario. Xa non temos quendas , o novo horario é máis ben un vello coñecido. Volvemos a comezar ás 15:30 é rematamos para os usuarios/as ás 20 horas. Como novidade, este ano de  20:00 á 20:30 estará adicada a atención individualizada ás familias.

Leer más

Despedimos o verán e comezamos novo curso!

Ola amigos e amigas!

A noticia desta semana, é por unha banda un pouco triste, porque toca despedirse do verán, da praia, do sol…e do Cuntilín de verán. Pero por outra tamén é alegre porque comezamos o curso escolar e con el o Cuntilín polas tardes.

Rematamos o verán realizando xogos á carta, diferentes obradoiros de reciclaxe e xogos musicais. Queríamos despedirnos con unha gran festa de “vehículos” pero o tempo non nos deixou.

Comezamos o curso con moita ilusión. Como adianto, decirvos que a programación promete, está máis ao día que nunca, imos fartarnos de andar! A ver si sabedes a que nos referimos? Aínda así, semanalmente seguiremos realizando os talleres de igualdade, obradoiros de reciclaxe, contacontos, educación para a saúde…e moito máis.

A novidade este curso e que xa non hai turnos de entrada e saída e podemos volver a merendar aquí. Que ganas tíñamos xa de “un pouco de normalidade”. Aínda así, non nos esquecemos que seguimos en pandemia e temos que extremar as precaucións.

Para a semana máis seguirémosvos contando, estade atentos e atentas!

Un saúdo!

XA SE ACHEGA O VERÁN!

Comezamos a recta final do curso escolar e estamos ás portas do verán, por iso andamos máis revolucionados do normal. Sobre todo, os días de bo tempo, que nos fan ter  aínda máis ganas de que chegue a nova estación!

Este mes ímonos centrar principalmente na preparación do festival, que debido a actual situación, será diferente aos outros anos, pero xa vos contaremos máis chegado o momento.

Leer más

O MES DE MAIO

Este mes de maio vén cargado de actividades, as máis destacadas son as relativas ao “Día das Letras Galegas”, este ano adicadas a Xela Arias.

Tamén comezaremos a  preparar o festival de fin de curso, organizando as diferentes actuacións. Debido a situación actual do Covid-19, aínda non sabemos como se levará a cabo, pero o que sí temos claro e que será igual de espectacular que sempre.

Traballeremos sobre o  “Día internacional contra o acoso escolar”, realizaremos un contactontos e un posterior debate. Tamén conmemoraremos o  “Día Internacional dos Museos”, facendo  un percorrido virtual polos máis importantes do noso país.

En canto a igualdade, afondaremos nas mulleres deportistas máis importantes e nos deportes nos que destacaron.

Sempre que o tempo nos permita, aproveitaremos ao máximo no exterior, con xogos deportivos, coidando o horto, xogos musicais…

Ata o próximo mes!

MES DE ABRIL EN CUNTILÍN

Aquí estamos un mes máis, pero ademais comezamos un novo trimestre, o último do curso. Este mes de abril ven cargado de actividades. Primeiro comezaremos  traballando o día Mundial da Saúde (conmemórase o 7 de abril), pero como tamén e o mes do libro, aproveitaremos para traballar a literatura de diferentes xeitos: contacontos, teatro, títeres…

Non deixaremos pasar o día “da nai, avoa, etc” e elaboraremos unha pequena manualidade como agasallo para a muller que eles e elas escollan. Tampouco nos esqueceremos dos xogos  deportivos, búsquedas do tesouro etc. desfrutando do bo tempo que nos trae a primavera.

Como sempre, as actividades de igualdade serán un punto forte na programación, así como a hora de estudo para o grupo de primaria e secundaria.

FEBREIRO NO CUNTILÍN

Este mes de febreiro ven cargadiño de actividades no Cuntilín, sendo ás máis importantes as de entroido. Aínda que non o podemos  celebrar  como sempre (debido a situación actual que estamos vivindo co COVID-19), estamos preparando unha pequena sorpresa que creemos que vos vai encantar, polo menos tanto como a nós….empeza por TIK e acaba por TOK, pero non podemos decir máis, xa o veredes!

Pero febreiro é un mes especial non só polo entroido, senón porque é o mes no que naceu unha das máis importantes escritoras galegas… estamos a falar da grandísima Rosalía de Castro, que naceu un 24 de febreiro de 1837. Polo tanto, coñeceremos un pouquiño máis a esta gran muller, a súa vida e a súa obra, fundamentais para a cultura galega, e para iso realizaremos diferentes actividades.

Leer más

CUNTILÍN NADAL

Ola, familias!

No Cuntilín de Nadal pasámolo moi ben e fixemos gran variedade de actividades, todas elas moi divertidas. Realizamos un taller do apalpador, escribimos a carta a papá Noel, levamos a cabo obradoiros como: felicitacións tridimensionais, marionetas, disfraces…  e outros con materiais de reciclaxe como: bastóns con corchos.

Leer más