Despedimos o verán e comezamos novo curso!

Ola amigos e amigas!

A noticia desta semana, é por unha banda un pouco triste, porque toca despedirse do verán, da praia, do sol…e do Cuntilín de verán. Pero por outra tamén é alegre porque comezamos o curso escolar e con el o Cuntilín polas tardes.

Rematamos o verán realizando xogos á carta, diferentes obradoiros de reciclaxe e xogos musicais. Queríamos despedirnos con unha gran festa de “vehículos” pero o tempo non nos deixou.

Comezamos o curso con moita ilusión. Como adianto, decirvos que a programación promete, está máis ao día que nunca, imos fartarnos de andar! A ver si sabedes a que nos referimos? Aínda así, semanalmente seguiremos realizando os talleres de igualdade, obradoiros de reciclaxe, contacontos, educación para a saúde…e moito máis.

A novidade este curso e que xa non hai turnos de entrada e saída e podemos volver a merendar aquí. Que ganas tíñamos xa de “un pouco de normalidade”. Aínda así, non nos esquecemos que seguimos en pandemia e temos que extremar as precaucións.

Para a semana máis seguirémosvos contando, estade atentos e atentas!

Un saúdo!

BENVIDO VERÁN!

Benvido verán 2021, que ganas tíñamos de que chegases!

Despois dun duro curso académico, marcado sen dúbida pola  covid-19, queremos desfrutar do tempo libre máis que nunca. Aínda que seguimos en pandemia, e as medidas hixiénico-sanitarias seguen sendo moi estritas (en canto a lavado de mans, uso de máscara e distancia de seguridade) queremos pasalo ben e xogar cos nosos amigos e amigas!

Por iso, ao longo dos meses de verán, levaremos a cabo as actividades de Conciliación nos concellos de A Estrada, Cuntis, Caldas de Reis, Valga, Arbo, Nigrán, Mesía, Muros, O Pino, e Dodro.

Leer más

XA SE VEN AS VACACIÓNS!

Chega xuño a O Pino, e con el xa vemos próxima a despedida deste curso 2020/2021. O último mes de curso, temos preto as vacacións, o sol, a praia, a piscina, os campamentos de verán… pero aínda nos quedan moitas cousas por facer!

En  O Pino imos dedicar estes últimos días a facer repaso de todo o que fixemos durante o curso, o que máis nos gustou, o que menos, o que repetiriamos…. o que repetiriamos? e por que non facelo?

Leer más

XUÑO E……..VACACIÓNS!!!

Xa falta menos para as vacacións de verán, e este último mes do curso escolar máis que nunca estamos desfrutando cos xogos e o bo tempo que nos está a acompañar.

Estas semanas continuaremos coas actividades programadas, que intercalaremos cos xogos ao aire libre, aos que daremos total prioridade, xa que este ano máis que nunca merecémolos.

Finalizaremos coa actividade especial de fin de curso, que agardamos lles guste.

Pasade un bo mes de Xuño!!!

XA SE ACHEGA O VERÁN!

Comezamos a recta final do curso escolar e estamos ás portas do verán, por iso andamos máis revolucionados do normal. Sobre todo, os días de bo tempo, que nos fan ter  aínda máis ganas de que chegue a nova estación!

Este mes ímonos centrar principalmente na preparación do festival, que debido a actual situación, será diferente aos outros anos, pero xa vos contaremos máis chegado o momento.

Leer más

Aproveitando o bo tempo en Teo Coida

Benvidos/as a todos e a todas a Teo Coida! Nestas semanas nas que as crianzas tiveron algún día máis para recargar as pilas debido os festivos, aproveitamos os momentos nos que fixo bo tempo para saír fora a xogar. Pero antes de saír disfrutar fora, toca facer os deberes e estudar para os exames, e podemos dicir que obtiveron moi bos resultados nestes primeiros exames e para os seguintes tamén esforzaremonos moito e así acadar eses mesmos resultados.

Leer más

TEOESPERA

Este ano, como todos e todas sabedes, tocounos afrontar un curso totalmente diferente ao que estabamos acostumados, debido a situación que estamos a vivir. Dita situación trouxo consigo moitos cambios e innovacións. Unhas destas é o servizo de espera no colexio dos Tilos.

Este servizo foi creado para poder axudar as familias coa conciliación. É un programa que se leva a cabo ao remate das clases ata as 15:30, onde os nenos e nenas esperan, levando a cabo diversas actividades, a que veñan a recollelos os seus pais e nais.

Leer más

O MES DE MAIO

Este mes de maio vén cargado de actividades, as máis destacadas son as relativas ao “Día das Letras Galegas”, este ano adicadas a Xela Arias.

Tamén comezaremos a  preparar o festival de fin de curso, organizando as diferentes actuacións. Debido a situación actual do Covid-19, aínda non sabemos como se levará a cabo, pero o que sí temos claro e que será igual de espectacular que sempre.

Traballeremos sobre o  “Día internacional contra o acoso escolar”, realizaremos un contactontos e un posterior debate. Tamén conmemoraremos o  “Día Internacional dos Museos”, facendo  un percorrido virtual polos máis importantes do noso país.

En canto a igualdade, afondaremos nas mulleres deportistas máis importantes e nos deportes nos que destacaron.

Sempre que o tempo nos permita, aproveitaremos ao máximo no exterior, con xogos deportivos, coidando o horto, xogos musicais…

Ata o próximo mes!

Maio florido e fermoso

Empeza o mes de Maio, coñecido como o mes das flores, e con moitas flores, cores e alegría é como o imos a pasar.

Xa empezamos co día da nai, que este ano foi madrugador (como nós) e celebrouse o día 2, pero aínda temos moito que facer este mes, e é que temos por diante, nin máis nin menos, que o día das letras galegas, que este ano está dedicado a  Xela Arias.

A través de distintas actividades entretidas e divertidas, como sempre, imos tratar de coñecer un pouco mellor a esta gran escritora, poeta e tradutora galega.

Por suposto non imos esquecernos das nosas actividades favoritas, non nos van a faltar os quebracabezas, a música, os debuxos, a plastilina…

Convidámosvos a permanecer atentos ás noticias semanais para coñecer máis detalles das nosas actividades.

NOVO MES, NOVAS ACTIVIDADES

Comezamos o mes de maio no Madrugadorxs Pedrouzos e  diredes, qué acontecerá este mes?Pois….prestade atención que a continuación, vos imos dar un pequeno adianto do que faremos.

Primeiro e como xa é habitual unha vez o mes, montaremos o recuncho científico e recibiremos a nosa científica que virá cargadiña de experimentos e de cousas que ensinarnos e coas cales de seguro aprenderemos moito.

Continuamos coa conmemoración do 17 de maio Día das Letras Galegas, que este ano está adicado a Xela Arias, polo cal as actividades xirarán en torno a esta poetisa galega, primeiro daremos a coñecer a vida desta autora e máis a súa obra a través de pasatempos e rompecabezas, logo convertirémonos en poetisas e poetas escribindo os nosos propios versos e remataremos montando o noso propio recital de poesía.

Leer más